Mostrando entradas con la etiqueta realoxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta realoxo. Mostrar todas las entradas

30/5/13

Manifestación contra os despexos de vivenda en Elviña e Eirís

Os veciños de Elviña volverán saír á rúa para buscaren unha solución aos trece desaloxos por mor das obras do Ofimático. E desta volta non camiñarán sos, farano acompañados por compañeiros de Stop Desahucios.

O que demandan, o que todos os veciños demandamos, é unha saída digna para as trece familias que teñen orde de abandonar as súas casas. A día de hoxe cinco delas xa teñen mandado xudicial de despexo nas súas casas.

O único diálogo firme que puideron manter agora co goberno municipal da Coruña foi o xudicial. Fronte ás promesas de buscar solución, o Goberno Municipal da Coruña deu como único paso o envío ao xulgado dun requirimento para botar das súas casas as familias que se negan a marchar.

28/9/10

Os expropiados de Castro de Elviña califican o borrador sobre o seu realoxo de "satisfactorio"

El Ideal Gallego
28/09/10
A Coruña

Lorena Fernández > A Coruña

“Satisfactorio”. Os expropiados de Castro de Elviña pola construcción da residencia universitaria recibiron a mediados da semana pasada o borrador elaborado pola Xunta para pactar as condicións do seu realoxo e, despois dun primer vistazo, a valoración que realizan é “altamente positiva”. Con todo, tanto as dúas familias afectadas directamente por este proceso como o portavoz do núcleo, Carlos Maceiras, aseguraron que quedan “algúns flecos” por debatir co Goberno galego, antes de poder cerrar un acordo definitivo.

“En conxunto, o documento está ben, pero hai certas cuestións que non se poden pasar por alto, porque non son de recibo”, manifestou o representante do barrio, que añadiu que nas próximas horas solicitarán por rexistro unha reunión cos representantes da Administración autonómica, para avanzar nas negociacións. Para Maceiras, debe ser o propio delegado da Xunta, Diego Calvo, o que encabece as conversas cos afectados. “As negociacións deben ser ao máximo nivel, e el é o máximo representante do Goberno galego na provincia”, puntualizou.

Aínda que non se fixan prazos concretos, os veciños esperan unha solución “canto antes”, pois, como explica unha das residentes que xa recibiu a orde de desaloxo, Mercedes Gómez, “foi un proceso o bastante longo, con anos de incertidumbre, como para prolongalo máis”. Aínda que os residentes non queren adiantar os detalles do texto remitido pola Xunta, para non condicionar desde un principio a negociación, confirman que no documento se recollen as ideas acordadas con Calvo no mes de agosto, cando se comprometeu a que o realoxo definitivo dos expropiados se realice no propio núcleo. Tamén se respeta a condición de que aquelas familias que xa recibiron a comunicación para abandonar as súas casas poidan permanecer nelas ata o inicio das obras.

O acordo que cheguen a acadar os dirixentes autonómicos cos veciños só terá validez para os casos das persoas afectadas pola execución da residencia, se ben Maceiras considera que, no futuro, o convenio terá que servir de “marco” para outros procesos expropiatorios en Castro de Elviña.

20/9/10

Os expropiados de Elviña esperan unha proposta de realoxo un mes despois de reunirse con Calvo

El Ideal Gallego
19/09/10
A Coruña
Lorena Fernández > A Coruña

O prazo para que a Xunta presentase aos expropiados de Castro de Elviña, afectados pola construcción da residencia universitaria e o parque tecnolóxico, a súa proposta de realoxo expirou onte, sen que os veciños recibisen aínda o documento. O portavoz do núcleo, Carlos Maceiras, lamentou que o Goberno galego incumprise este compromiso, se ben aclarou que os representantes autonómicos xa se puxeron en contacto con algún dos residentes para comunicarlles a demora e trasladar á semana que vén a data de entrega.

“Parece ser que eles non teñen moita présa, pero nós non entendemos esa lentitude para resolver o problema”, manifestou o representante do barrio, que avisou de que tanto el como o resto de propietarios estarán “moi vixiantes” con que se cumpra o acordado na reunión que mantiveron o pasado 18 de agosto co delegado do Executivo galego, Diego Calvo. Nese encontro foi onde se sentaron as bases dos futuros realoxos, que, segundo os veciños, deberán ser, incuestionablemente, no propio entorno.

Acta
> Na acta firmada polos asistentes facíase constar que as condicións para reubicar os expropiados serán as acordadas coa Xunta anterior, que quedaron en suspenso coa chegada do novo Goberno, en 2009, pero que, entre outros puntos, xa prevían a construcción de novas vivendas para os afectados en Castro de Elviña. A intención expresada por Calvo é que se elabore un “texto básico” que sirva de “marco” para todas as expropiacións que se realicen neste lugar a cargo da Xunta, independientemente do proceso, pois na ampliación do campus encóntranse diversas consellerías implicadas que, en total, prevén a afectación dunha docena de inmobles.

Mentres esperan a que ese documento chegue, as dúas familias que en xullo recibiron a orde de abandonar as súas casas continúan buscando un domicilio alternativo na zona. Aínda que nun primeiro momento o Goberno autonómico lles ofreceu sendos pisos na avenida de Salvador de Madariaga, máis tarde aceptou que o traslado se realice a outras vivendas do entorno. Eles mesmos escollerán o inmoble, mentres que a Xunta lles pagará o importe de aluguer máximo fixado por lei.

Esta só está concebida como unha medida provisional, pois o realoxo definitivo dependerá do documento que cheguen a consensuar todas as partes e, previsiblemente, realizarase nas casas que o propio Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) estuda levantar nun solar próximo á residencia estudiantil.

O delegado da Administración galega comprometeuse, ademais, a non executar os desaloxos ata que exista un acordo por escrito, pero un representante destes afectados, Luís Gómez, quéixase da vaguedade dos términos acordados. “Como imos firmar un contrato de arrendamento se aínda non sabemos por cánto tempo vai ser nin de qué forma?”, conclúe.

22/8/10

Os expropiados por Urbanismo en Elviña piden o mesmo trato que ofrece a Xunta

El Ideal Gallego
20/08/10
A Coruña



Lorena Fernández > A Coruña

“Cremos que é un bo precedente para nós”. Unha das propietarias de Castro de Elviña que será expropiada polo Concello para construír o parque tecnolóxico da Universidade, Beatriz Abad, considera que o principio de acordo acadado hai dous días entre a Xunta e os afectados pola residencia de estudantes sentará as bases na negociación das compensacións e das condicións de realoxo coa administración local. A dona dunha das tres vivendas que derribará o goberno municipal cree que a opción proposta polo Executivo autonómico ao resto de afectados do núcleo, pola que se lles ofrece un realoxo temporal no entorno, resulta irrenunciable agora para eles. O mesmo opina da cantidade económica que deberán percibir polas súas propiedades, que entende que debe ser idéntica en todos os casos, “independientemente de quen expropie, pois todos están no mesmo lugar, con vivendas e estilos de vida parecidos”.





Pacto anterior > Precisamente, o pacto acordado co anterior bipartito da Xunta pretendía equipar as condicions da docena de expropiados pola ampliación do campus universitario, na que están implicados o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), a Consellería de Industria e o propio goberno municipal. Nun principio, os diferentes organismos ofrecían cantidades diversas por cada metro cadrado de vivenda expropiado, se ben os afectados conseguiran igualar o importe ata os 800 euros en todos os casos. Pero a chegada do novo Goberno galego deixou en suspenso este compromiso.

Aínda que o delegado do Executivo autonómico na Coruña, Diego Calvo, se comprometeu cos residentes a retomar este pacto, ao considerar razonables as súas esixencias, o documento deberá ser ratificado polo Concello e, en última instancia, pola Universidade.

Segundo Abad, a concelleira de Urbanismo, Obdulia Taboadela, mostrárase disposta nun primeiro momento a acatar o acordo que alcanzaran os veciños co Goberno galego, aínda que, desde hai meses, non volveron ter noticias ao respecto. “Estamos preocupados, porque é certo que a concelleira nos dixo de palabra que ela ratificaría o que acordásemos todos, pero non temos ningún compromiso por escrito nin se volveu a poñer en contacto con nós”, relata a portavoz destas tres familias, que, polo menos, reclama ao goberno municipal que concrete os prazos que manexa para levar a cabo a actuación prevista. Hai tres anos que iniciaron as conversacións coa administración e, por agora, todos descoñecen “cando chegará a carta que diga que hai que abandonar as casas”.

Esixen, por tanto, “un trato digno, polo menos”, xa que entenden que, por moi vantaxoso que sexa o acordo final, “todos perderán seguro calidade de vida”, sinala o seu representante, que lamenta que coas expropiacións perderá algúns dos privilexios dos que goza actualmente, “como vivir en pleno campo nunha cidade como A Coruña”.

19/8/10

A Xunta accede a realoxar de forma temporal aos expropiados de Castro de Elviña no propio núcleo

El Ideal Gallego
19/08/10
A Coruña


Os expropiados de Castro de Elviña para construír a residencia universitaria respiran desde onte algo máis aliviados, ao conseguir arrancarlle ao delegado da Xunta, Diego Calvo, o compromiso de que o seu realoxo temporal se realizará no propio núcleo no que residen desde hai varias décadas e non nos pisos propostos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), na avenida de Salvador de Madariaga. Así mesmo, ambas partes acordaron negociar no prazo dun mes unha proposta de realoxo. Ata entón, o Goberno galego garante aos expropiados que non executará a orde de desaloxo emitida para dous dos propietarios, prazo que expirou o pasado día 14.

Lorena Fernández > A Coruña

“Menos preocupados”. Así saíron onte da reunión co delegado da Xunta, Diego Calvo, os expropiados de Castro de Elviña pola construcción da residencia universitaria. Aínda que os afectados se presentaron no encontro con escasas expectativas, saíron del cun principio de acordo baixo o brazo, a través do que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) accede a que o realoxo temporal dos veciños se leve a cabo no propio núcleo, tal como demandaran desde un primeiro momento.




Mentras se levan a cabo os traballos do novo complexo estudiantil, as dúas familias que actualmente residen nas vivendas que deberán ser derribadas poderán trasladarse a outras casas da zona, en vez de aos pisos ofrecidos inicialmente pola Administración galega, na avenida de Salvador de Madariaga. Aínda que os responsables do organismo autonómico manteñen esta opción, agora tamén se ofrecen a pagar aos expropiados o importe de aluguer máximo fixado por ley para que eles mesmos escollan o inmoble no que queren vivir. “Alí hai casas que se encontran deshabitadas e que poden ser alugadas polos afectados”, manifestou o representante do barrio, que considera “que, sen dúbida, o cambio é para mellor, porque alomenos poderán manter os seus hábitos de vida no entorno”.

Acta > A acta asinada polos asistentes á reunión reflexa ademais o compromiso do Executivo galego de non executar a orde de desaloxo, prazo que expirou hai cinco días, sen que se plasme por escrito a proposta de realoxo, para o que ambas partes se fixaron un período dun mes para a súa negociación. Segundo Maceiras, a base deste documento serán as condicións acordadas coa Xunta anterior, que quedaron en suspenso coa chegada do novo Goberno, en 2009, pero que, entre outros puntos, xa prevía a reubicación no entorno. A intención é, a partir do caso concreto das familias afectadas pola residencia, elaborar un “texto básico” que sirva de “marco” para o resto de expropiacións neste lugar, pois na ampliación do campus encóntranse diversas administracións implicadas que, en total, prevén a afectación dunha docena de casas. “O que queremos é que todas as administracións teñan que facer o mesmo á hora de expropiar, para que todos os veciños teñan as mesmas condicións”, manifestou o representante vecinal.

Satisfacción > Para os donos das fincas nas que xa se levou a cabo o levantamento das actas de ocupación, o preacordo acadado con Calvo resulta satisfactorio. “Polo menos quédache a tranquilidade de non estar todos os días pensando sobre cando virán a botarte”, manifestou unha das afectadas, Mercedes Gómez, que adiantou que nestes días comenzará a buscar unha nova casa nas inmediacións á que poder trasladarse xunto a seu pai, Perfecto Gómez, que, no baixo da vivenda na que aínda residen, rexenta o último muíño en activo da cidade.

Outros links:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/xunta-paga-realojo-expropiados-elvina/idEdicion-2010-08-19/idNoticia-580952/

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/08/19/0003_8677344.htm

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/18/galicia/1282136371.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=489175

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/08/19/xunta-retoma-proyecto-anterior-realojar-vecinos-zona/411899.html

15/8/10

Os expropiados de Elviña vixían as súas casas tras concluír o prazo para o desaloxo

El Ideal Gallego
15/08/10
A Coruña


R.L. > A Coruña

Os veciños de Castro de Elviña montaron un dispositivo de vixiancia co que intentarán disuadir á Xunta da súa intención de derribar as súa casas. Onte cumpríase o prazo para que os inquilinos de dúas vivendas, das 12 expropiadas para a construcción da residencia universitaria, abandonen os seus domicilios. “Que manden á Policía se é que teñen valor para facelo, nos esperaremos eiquí a que veñan”, indicaba enoxado un dos expropiados do entorno universitario. Os propietarios néganse a marchar ata que a administración autonómica lles garantice que serán realoxados no entorno, tal e como acordara nun principio coa Xunta do bipartito. Agora, co novo goberno galego, os afectados denuncian que ese pacto se rompeu e o Instituto Galego de Vivenda e Solo ofrécelles pisos de protección oficial en Salvador de Madariaga.




Segundo un dos veciños implicados no desaloxo, Luis Gómez –que debería abandonado a súa casa onte, tras recibir unha acta oficial na que se lle daba de prazo un mes para saír do seu domicilio–, continuarán montando gardas para evitar o paso das máquinas da Xunta. “Diego Calvo asegurounos que ata que nos reciba non haberá ningunha demolición, pero do único que temos constancia oficial é do noso desaloxo”, explica.

Neste sentido, o popular recibiraos o próximo día 18 co obxectivo de solucionar o abandono destes inmobles e o realoxo nun lugar do barrio. O problema reside en que a zona na que pensan reubicar aos damnificados e o diñeiro que lles ofrecen por cada metro cadrado das súas vivendas. “Dábannos por 80 metros cadrados 47.000 euros, un pouco máis de sete millóns de pesetas e para comprar un piso en Salvador de Madariaga, o que queremos é vivir no noso barrio e coas mesmas comodidades”, sinala Gómez.


Proxecto > Os residentes advirten de que nun primeiro momento a construcción da residencia ía acompañada dunhas vivendas que se otorgarían aos perxudicados pola expropiación. “Como mínimo iso sería máis xusto que mandarnos a outro barrio e con peores condiciones de vida”, sentencia Gómez. Por outro lado, respecto á postura da concelleira de Servicios Sociales, Silvia Longueira, que tendeu a man aos expropiados a semana pasada, os veciños esixen que o Concello se involucre en maior grado no conflicto. Sosteñen que como coruñeses que son deberían estar mellor representados polo goberno local. “O Concello podería decirlle á Xunta que non acepta estes realoxos noutra parte da cidade, por exemplo”, sinala Gómez. Así mesmo, outro dos residentes de Elviña que debería deixar a súa propiedade, Perfecto Gómez, aseguraba onte que non ten a intención de facelo e tamén montou garda no porche da súa vivenda “polo que poida pasar”. Haberá que esperar á próxima semana para saber se se fan efectivas as expropiacións antes de acadar un acordo co delegado da Xunta na Coruña. Os afectados pediranlle a Calvo que recupere ol plan do pacto que acordaron co anterior goberno bipartito. En dito acordo planteouse a posibilidade de abonar por metro cadrado, unha cantidad superior aos 800 euros por metro cadrado.

Outros links:

Veciños de Elviña vixiarán para evitar os desaloxos

Xornal de Galicia
15/08/10
A Coruña
A Xunta prometeulles que non botarían a xente ata a reunión dos afectados co delegado Diego Calvo
S. da Pena

Mañá cúmprese o prazo dado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para que dúas das once familias afectadas polas expropiacións para a residencia universitaria no barrio coruñés de Elviña-Castro abandonen os seus fogares. A pesar de que a Xunta se comprometeu cos veciños a non acometer o mandato mentres non se produza unha reunión co delegado Diego Calvo, os afectados non se fían e advirten de que montarán un pequeno retén xunto ás dúas primeiras vivendas ameazadas para evitar sustos.

Tras tres anos metidos en litixios para reclamar o realoxo na contorna e uns prezos xustos e unha visita en masa ao despacho do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo –que segundo afirmaron persoas do seu departamento estaba de vacacións–, dúas familias atópanse con que o seu desaloxo debería facerse efectivo mañá sen conseguir nada do prometido.

Neste sentido, o presidente da Asociación de Veciños Elviña-Castro Os Rexumeiros, Carlos Maceiras, sinala que, segundo o Executivo autonómico, se paralizaron os desafiuzamento mentres non se produza a reunión dos veciños con Calvo, que está prevista para o próximo mércores pola mañá.

“Eles dixeron que non habería nada este sábado pero non o cremos e haberá un retén de garda arredor das casas que, no caso de pasar algo, avisará ao resto dos veciños”, explica Maceiras sobre o operativo de vixilancia.

Acordos inservibles

O representante veciñal aclara que non confían na palabra do Goberno galego porque no pasado, o propio Diego Calvo e un representante do IGVS, xa se comprometeran a non desaloxar a ninguén mentres non se firmaran uns documentos preparados polo bipartito. “Non temos confianza ningunha”, insiste.

A parte da protección das vivendas durante o día de mañá, Maceiras di que non teñen pensado outro tipo de actuacións como a visita á Xunta de hai dúas semanas, ata o día 18. “A nós parécenos que temos que reunirnos con Calvo que é o máximo responsable da Xunta na provincia da Coruña; está por riba de todos e se hai que dar unhas directrices as dará él”, sentenza Carlos Maceiras.

Porén, o muiñeiro do barrio e outra familia estarán a expensas do que suceda mañá. Segundo denunciaba Luis López durante a protesta no edificio da Administración autonómica na Coruña hai dúas semanas, á súa nai dánlle “sete millóns e medio por unha vivenda de 80 metros cadrados”. Como contrapartida, se lles ofreceu un piso na rúa Salvador de Madariaga, pero sería máis caro e téñeno que pagar.

Na construción da futura zona residencial de Elviña-Castro, que a pesares de contar cun presuposto de 24 millóns prexudicará economicamente a moitos veciños, están implicados o IGVS, a Consellería de Vivenda, a Universidade e o Concello de Coruña.

O derradeiro adeus aos recordos de Elviña

La Opinión de A Coruña
15/08/10
A Coruña

Os afectados pola residencia universitaria reclaman á Xunta un realoxo no entorno de Castro, como acordaran co bipartito, e rexeitan os pisos de Salvador de Madariaga

Seguen loitando, aínda que, máis que nunca, ven unha solución favorable aos seus intereses tan lonxe como cerca a demolición das súas casas e recordos. Os afectados pola construcción da residencia universitaria aseguran que non se opoñen ás expropiacións, pero esixen que os realoxen no entorno no que se criaron, como lles prometera o bipartito da Xunta, e non de aluguer nun piso da avenida Salvador de Madariaga, sen natureza ao seu arredor e sen sitio para coidar dos seus animais

Gemma Malvido A Coruña

Piden para eles a mesma protección que un baluarte que apareza baixo terra. Din que non se opoñen á expropiación, saben que as súas casas frenan agora o avance da Universidade, pero non se poden explicar como a Xunta pode obrigarlles a vivir nun piso cando levan toda a súa vida vindo o campo crecer, criando animais e mantendo en pé os negocios que, xa os seus ancestros iniciaran.




Os afectados pola construcción da residencia universitaria non entenden como, se a Xunta lles expropia máis de seis mil metros cadrados non ten nin noventa para facerlles unhas casiñas nas que poidan vivir sen afastarse do que, desde sempre, foi o seu fogar.



O que máis lles doe é ver como se esgota o tempo sen poder facer nada máis que esperar a que entren as pás a levarse todos os seus recordos, os seus esforzos e sudores por diante, para deixar o terreo como se nunca estivera alí.


Conseguiran un acordo co goberno bipartito da Xunta para ser realoxados no seu entorno, que é o único que piden, agora que xa non poden salvar as súas casas da queima; pero coa entrada do PP no Executivo autonómico ese pacto foi obviado e o único que lles ofrece o Instituto Galego de Vivenda e Solo é un pouco de diñeiro -algo máis de 300.000 euros por tres casas con terreo- e un aluguer reducido nun piso de protección oficial na avenida Salvador de Madariaga, sen xardín que coidar nin sitio para seguir coidando uns animaies que lles parecen xa "da familia".



Teñen claro que eles, das súas casas e polas boas, non pensan marchar sen unha solución que lles satisfaga, pero saben que, desde onte, o tempo corre na súa contra e que, en calquera momento, poden entrar as pás nuns terreos que non saben xa ata qué punto lles pertencen. Esperan que non pase nada irremediable ata o próximo mércoles, cando os recibirá o delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo.

10/8/10

Propietarios ao son do "non nos moverán"

La Opinión de A Coruña
10/08/10
A Coruña

Os veciños de Elviña desafían á Xunta e anuncian a permanencia nas súas casas ata que haxa un texto firme de realoxo

De mudanza a ningunha parte. Así se plantexan a xornada do sábado os veciños expropiados da zona de Elviña. Os propietarios néganse a cumprir o prazo que a Xunta lles deu hai un mes para abandonar os seus fogares e que finaliza o próximo sábado. Os afectados esixen un texto que contemple un realoxo provisional na zona, tal e como prometeu a Xunta, e non en Salvador de Madariaga, tal e como pretende agora o Goberno galego. A reunión con Diego Calvo farase esperar ata o próximo día 18

Judit Esteve A Coruña

Os veciños expropiados pola Xunta en Elviña para poder construír a residencia universitaria pública ratificáronse onte no seu propósito de continuar nas súas vivendas ata que a Administración autonómica cumpra "co acordo inicial" e lles outorgue unha casa provisional "nas inmediacións do barrio" ata que se realice o realoxo definitivo, tal e como comentou o representante da asociación veciñal, Carlos Maceiras.

Os propietarios teñen de prazo ata este sábado para abandonar as súas casas, mentras que a reunión co delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, na que se debería chegar a un acordo de realoxo, non se celebrará ata o próximo día 18. Deste modo, os propietarios das vivendas desafiuciadas deberían abandonar os seus fogares catro días antes de que se celebre a reunión na que a Xunta se comprometeu a dar unha solución para o realoxo provisional.

O Goberno autonómico contactou cos veciños de Elviña para anunciarlles que a data para abandonar as vivendas sería este sábado día 14 de agosto, aviso que tivo lugar "hai un mes", tal e como argumentou o portavoz dos residentes no barrio, que calificou o prazo como "unha agresión". O presidente da asociación de veciños denunciou o incumprimento deste pacto por parte da Xunta co argumento de que o ente pretende "un realoxo provisional en Salvador de Madariaga", algo ao que os veciños se negan en rotundo porque a promesa inicial foi "a búsqueda dunha vivenda no barrio de Elviña".


Os veciños quéixanse, en abril, ante a iniciativa de expropiación da Xunta. / Eduardo Vicente


O texto inicial outorgaba aos veciños o dereito de non abandonar as súas casas sin firmar antes un documento de realoxo, que ademais debía efectuarse "na mesma zona" onde o Goberno autonómico levou a cabo as once expropiacións, segundo denunciou Maceiras.

"Non nos iremos das nosas casas ata que non teñamos un texto de realoxo provisional na mesma zona debaixo do brazo", sentenciou Maceiras. O portavoz dos afectados quixo deixar claro que os veciños non se negan a continuar coas negociacións, senón que rexeitan saír dos seus fogares antes de lograr un acordo definitivo. Maceiras argumentou esta decisión colectiva e alegou que se se van "antes de tempo" a Xunta se olvidará deles e os tomará por "parvos".

Os afectados están "pendentes do día 14 de agosto", apostillou Maceiras, á vez que indicou que ese día estarían todos os veciños "alerta" ante o que poida suceder nalgunha das vivendas. O portavoz dos propietarios desafiuzados añadiu que o sábado os residentes no barrio estarán "atentos aos seus móbiles". As once familias sobre as que pesa a orde de desaloxo estarán perfectamente comunicadas ao largo da xornada na que vence o prazo para abandonar os seus fogares.

Os residentes de Castro de Elviña tomaron "unha medida previa hai dúas semanas", segundo relatou Maceiras. Uns trinta residentes citáronse o pasado venres 23 de xullo para presentarse no despacho do delegado provincial. Os afectados ían con intención de non saír de alí "sen un acordo co representante provincial", declarou o portavoz dos expropiados, á vez que lamentou que aquel día Calvo estivese "de vacacións", polo que os residentes abandonaron a oficina do delegado provincial. Maceiras declarou que a situación no barrio é de "tranquilidade", á vez que mostrou o seu desexo de lograr un acordo.

6/8/10

O 100% dos veciños de Castro de Elviña rexeitaría mudarse de barrio

El Ideal Gallego
06/08/10
A Coruña

L.F. > A Coruña

A negativa das dúas familias de expropiados pola residencia universitaria, que o día 14 deberán abandonar as súas casas, a abandonar o núcleo de Castro de Elviña non é illada. O resto dos seus veciños tamén se mostran reacios a deixar a zona, un dos últimos ámbitos rurais da cidade, en perigo de desaparición, ante a expansión da entidade docente e outras infraestruturas. Así o revela un estudio elaborado pola delegación do Colexio de Arquitectos (COAG), que sinala que o 100% dos residentes neste entorno síntese satisfeito co lugar no que vive e non preferiría residir noutro barrio nin noutra localidade. A análise, enmarcada no proxecto “A cidade dos barrios”, que desde hai meses sesenvolve a entidade, sinala tamén que o ambiente e o marco de relación cos seus conveciños é o aspecto máis valorado polos habitantes. Ata un 84% das persoas consultadas comparten esta opinión, expresada xa por un dos afectados polo derrube da súa casa, Perfecto Gómez, que ante o ofrecemento da Xunta de ser realoxado nun piso da avenida de Salvador de Madariaga se mostrou escéptico sobre as súas posibilidades de adaptación, ante o cambio de estilo de vida. “O falar cos veciños todos os días, o plantar a horta ou moer o millo agora acabouse”, manifestaba.




Costumes > Como mostra dos costumes, a enquisa realizada demostra que sete de cada dez veciños se desprazan cada día entre un e dous kilómetros camiñando, un resultado practicamente oposto aos obtidos noutros puntos da Coruña, onde os cidadáns confesaron cubrir andando apenas 500 metros cada día.

Con todo, os veciños tamén se mostran moi críticos ao indicar de forma maioritaria o seu descontento cos equipamentos e servizos dos que dispón o núcleo, que en moitos casos resultan básicos, como unhas boas comunicacións ou unha rede de saneamento ou alumbrado completa. Detrás do 67% que sinala que este aspecto é a principal desvantaxe que existe á hora de residir en Castro de Elviña, encóntrase outro 25% en desacordo coas estruturas do barrio, marcado pola dispersión entre todas as súas vivendas.

Pese ás diferencias existentes entre este núcleo tradicional e o resto de espacios urbáns, os veciños da zona din sentirse moi vinculados coa Coruña, unha cuestión que na práctica totalidade dos casos se debe a motivos laborais e tamén de ocio. Desta forma, cerca da mitade dos habitantes pasean pola zona centro polo menos unha vez cada mes, se ben o 38% faino en máis dunha ocasión á semana.

5/8/10

Os expropiados de Elviña avisan de que loitarán ata o final polas súas casas

Ideal Gallego
5/08/2010
Redacción

«Estamos dispostos a poñernos diante das máquinas para evitar que derruben as nosas casas». Un dos dous expropiados de Castro de Elviña que xa recibiron a orde de desaloxo da súa vivenda para o día 14, Lois Gómez, avisou onte de que tratará de impedir custe o que custe a demolición da propiedade se antes non se produce un acordo coa Xunta, que, entre outras cuestións, debería garantir o seu realoxo no núcleo. No outro inmoble que deberá quedar libre en menos de dez días, os seus propietarios, Mercedes Gómez e o seu pai, Perfecto Gómez, comparten a mesma postura que o seu veciño. Consideran que a forma de proceder do Goberno galego neste asunto foi, como mínimo, «irrespetuosa», pois en ningún caso, segundo denuncian, tívose en conta a súa opinión. Por iso, aseguran que farán todo ou ruído que sexa necesario para facer valer as súas reivindicacións.


As queixas á xestión dos responsables autonómicos son diversas, aínda que destacan que a falta de información e de consideración ao sentir dos afectados foi a tónica xeral durante os dous anos nos que se prolongaron as negociacións, cuxo punto final, se non o evitan antes, será o traslado destes tres residentes a dous pisos da avenida de Salvador de Madariaga, aos que accederán en réxime de aluguer, xa que non se lles ofreceu a opción de compra, confirmaron.

Muiñeiro
Que fago eu nun piso, que aínda por riba teño que pagar tódolos meses, pregúntase Perfecto Gómez; a piques de cumprir 80 anos, non concibe outra forma de vida fóra do núcleo no que residiu durante décadas e no que aínda se mantén activo grazas ao muíño que nos baixos da súa casa segue explotando e ao que boa parte da veciñanza leva as súas espigas de millo para transformar en fariña. É certo que o Executivo galego tivo en conta o cesamento do negocio á hora de calcular as indemnizacións, pero, para a familia, a cantidade resulta irrisoria. O negocio valórano tan só nun millón de pesetas (6.000 euros), vese claro a pouca consideración que teñen cara ás persoas, sinala a súa filla.


De feito, ao fío deste tema, os residentes poñen sobre a mesa outra cuestión que, baixo o seu punto de vista, non se abordou nin por parte da Administración autonómica nin tampouco da local: a conservación dos núcleos tradicionais. Luís Gómez lembra que nin de lonxe a superficie dos pisos que a Xunta porá á súa disposición compensará os máis de 6.000 metros cadrados que entre os inmobles e as leiras lindeiras serán absorbidos para a construción da residencia universitaria, nas que ambos os afectados teñen hortas das que se autoabastecen practicamente todo o ano. A este espazo súmanse outros 41.000 metros cadrados, procedentes de terreos que serán expropiados tamén a outros veciños de Castro de Elviña.

Segundo entende este residente, a actuación profundará aínda máis na destrución dun dos poucos ámbitos rurais que quedan na Coruña. É precisamente aquí cando reclama a intervención do Concello, pois, indica, no PXOM, Busquets apostaba claramente pola recuperación dos espazos tradicionais, todo o contrario do que se está a facer no Castro.

Xuntanza
Os afectados apelan á reunión que terán o día 18 co delegado da Xunta, Diego Calvo. No encontro, volverán retomar a formulación inicial, baseado en conseguir que o realoxo se produza na zona. Sería, comentan, a solución menos mala, que, por outra banda, aparece recollida na normativa que rexe a ampliación do campus universitario e que, din os veciños, a Xunta négase a acatar de maneira evidente.

Se esta premisa non chega a cumprirse, os expropiados aseguran que loitarán até o final para impedir os derrubes. Solicitan, para iso, o apoio de todo o barrio, que, segundo expresa Lois Gómez, tamén ten a espada de Damocles enriba, xa que a expansión da institución docente é un feito. Este non é un problema individual, é de todo o Castro de Elviña, conclúe.

4/8/10

Veciños de Elviña piden que se pare o desaloxo de 2 familias

La Opinión de A Coruña
04/08/10
A Coruña

Os afectados mostran o seu rexeitamento a abandonar as súas vivendas e piden un "prezo xusto" para ceder as súas propiedades ou aceptar o realoxo

EUROPA PRESS Veciñnos do barrio coruñés de Elviña-Castro, afectados polo proceso de expropiacións para a construcción da futura residencia universitaria da Coruña, esixido que se paralice o desaloxo de dúas familias, previsto para dentro de quince días.

Nun comunicado, sinalan que dúas das 11 familias afectadas polas expropiacións recibiron o aviso do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) "polo cal se lles indica que quedan dúas semanas para cambiar de dirección", precisan.

Os afectados mostran o seu rexeitamento a abandonar as súas vivendas e piden un "prezo xusto" para ceder as súas propiedades ou aceptar o realoxo.

Ademais, critican a actuación da Administración nestes tres anos de litixios e sosteñen que o seu obxectivo foi "conseguir novas vivendas no entorno da futura área da residencia" e un "prezo de mercado" polas súas actuales casas.

Servicios Sociaies asumirá o realoxo provisional de Elviña se a Xunta non o fai

El Ideal Gallego
04/08/10
A Coruña

L.F. / H.H. > A Coruña

Os expropiados dos terreos de Castro de Elviña nos que se construirá a nova residencia universitaria, que deberán abandonar as sús casas o día 14 en virtude da orde emitida pola Xunta a mediados do mes pasado, recibiron onte o apoio do Concello. A concelleira de Servicios Sociais, Silvia Longueira, aproveitou unha comparecencia pública para ofrecer aos afectados todos os medios dispoñibles por parte do seu departamento, pese a que tamén quixo aclarar que o conflicto excede as competencias da administración municipal. “Non é un tema que me competa, pero estamos dispostos e preparados a axudar no caso de que se execute a orde de desaloxo”, indicou a edil, que, con todo, urxiu o Goberno galego a ofrecer unha solución efectiva aos veciñnos que deberán abandonar as súas vivendas en a penas dez días. Entende que o goberno local ten polo menos a “obriga moral de axudar” a estas persoas, por tratarse de residentes no municipio coruñés.

Emerxencia
> Así, a socialista non descartou a posta en marcha de certos mecanismos de emerxencia, como un realoxo provisional en vivendas municipais, en caso de que os residentes non acaden un acordo co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), organismo autonómico que se encontra á frente das negociacións. Ante a advertencia dos expropiados de endurecer as súas protestas en caso de que a reunión fixada para o día 18 co delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, non teña resultados satisfactorios para os seus intereses, Longueira expresou o seu respaldo a estas accións, sempre que sexan legais. “Desde a legalidade, o Concello está cos veciños e apoiará calquer tipo de reivindicación”, manifestou.

De maneira máis escueta pronunciouse sobre este asunto a Xunta, que, ante o aviso dos afectados de que incumplirán a orde de desaloxo ata que exista un acordo de reubicación en firme, argumentou que a data marcada inicialmente para proceder ao desafiuzamento é “tan só de carácter orientativo”. Con esta explicación, fontes do gabinete autonómico deixaron entrever que non forzarán o desaloxo do par de familias afectadas ata que ambas partes consensúen os untos do traslado e, tamén, as compensacións económicas que a Administración deberá abonar aos particulares polas súas propiedades. O portavoz veciñal do núcleo, Carlos Maceiras, confirmou ter recibido por parte do Executivo galego este compromiso, se ben dixo non fiarse. “Levamos tanto tempo negociando e fomos enganados tantas veces que xa non cremos ningunha promesa que nos fagan se non é por escrito”, apuntou.

Salvador de Madariaga
> En todo caso, o Goberno galego quixo deixar claro que, “desde un principio” ofreceuse un aloxamento alternativo ás dúas familias que deberán abandonar as súas casas en dez días en sendos pisos da avenida de Salvador de Madariaga. Non obstante, polo momento aínda non está decidido se o acceso a estes inmobles se realizará en réxime de aluguer ou de compra. Así mesmo, os veciños esixen que o realoxo se faga no entorno de Castro de Elviña.

3/8/10

A Xunta dá de prazo ata o día 14 para que dous dos expropiados de Elviña abandonen as súas casas

El Ideal Gallego
03/08/10
A Coruña


A entidade veciñal avisa de que se incumprirá a orde, xa que non hai acordo de realoxo

A dúas das familias de Castro de Elviña afectadas polas expropiacións da residencia universitaria quédanlles a penas dez días para abandonar as súas casas. O prazo que expira o día 14 foi fixado pola Xunta a mediados do mes pasado, cando se procedeu ao levantamento de actas, pese a que o acordo de realoxo provisional aínda está en fase de negociación. O presidente da entidade veciñal, Carlos Maceiras, mostrou o seu desacordo con esta medida adoptada de maneira unilateral. Por iso, informou de que ningún dos afectados acatará a orde de desaloxo antes de que se produza a reunión co delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, fixada para o 18 de agosto.


Lorena Fernández > A Coruña


O conflicto entre os expropiados de Castro de Elviña pola construcción da residencia universitaria e a Xunta enquístase, despois de que o Goberno autonómico concedese a mediados de xullo un prazo dun mes para que dúas das familias afectadas abandonen as súas casas, pese a que aínda non se cerrou ningún acordo de realoxo. A a penas dez días de que finalice este período, o presidente da asociación de veciños do barrio, Carlos Maceiras, avisa de que a orde non será acatada, polo menos ata que o delegado do Executivo galego, Diego Calvo, lles ofreza algunha explicación “convincente”, nuhna reunión que terá lugar o día 18, catro días despois de que expire o prazo marcado.


Para o representante veciñal, a decisión da Administración constitúe unha “medida de presión máis” encamiñada a que os residentes acaten as condicións de realoxo propostas e renuncien á súas reivindicacións. “A Xunta pretende trasladar a Salvador de Madariaga a estes expropiados sen que eles, nin o resto do grupo, estéan de acordo nin firmasen nada”, denuncia.


Incumprimentos > Maceiras considera que os responsables galegos buscan “acadar de maneira individual o que non son capaces de forma colectiva”. Porén, advirte de que este modo de proceder contradí todas as promesas expresadas desde a Xunta, que, entre outros puntos, pasaban por favorecer a reubicación dos expropiados no entorno, tal como estes pactaran co anterior bipartito, antes do cambio de Goberno. O preacordo incluía tamén o aumento do prezo que lles abonaría a Administración por metro cadrado, ata superar os 800 euros no caso do terreo edificado, co obxectivo de achegarse ao que debían pagar os desaloxados pola súa nova vivenda de protección oficial, entre 900 e 1.200 euros o metro, o acceso do cal se lles facilitou. No caso das fincas, o prezo sería de 105 euros. Se ben os residentes sempre calificaron estas condicións como “as menos malas”, agora esixen o seu cumprimento, pois dudan de que os dirixentes galegos conten con outro plantexamento mellor para os seus intereses.


Mobilizacións > Ante esta situación, os afectados barallan emprender novas medidas de presión para defender os seus dereitos. “Van aviados se pensan que imos tragar con todos os agravios que estamos a sufrir”, expresa Maceiras, que adianta que a súa vontade e a do resto do barrio é a de emprender accións máis alá da colocación de pancartas tanto en Alfonso Molina como nas inmediacións do campus de Elviña. “Cortes de tráfico, encerros en calquera sitio...”, relata o representante da vecindade, que recorda que xa o mes pasado, a modo de “aviso”, protagonizaron un breve encerro no despacho de Calvo, que forzou o encontro que manterán en breve. Non obstante, as críticas dos expropiados tamén van dirixidas ao Concello e á Universidade, aos que acusan de abandonar “á súa sorte” os veciños, nun problema “creado polas tres institucións”.





Incertidumbre sobre los plazos para la residencia universitaria

O acordo entre o Goberno galego e a Universidade rubricado no mes de xuño polo que a segunda se comprometía a encargarse da construcción da residencia universitaria e o primeiro, déa o seu posterior mantemento supoñía o desbloqueo do proxecto, despois de meses paralizado. Porén, os avances desde entón foron nulos. A decisión do Consello da Xunta de aprazar a adxudicación da obra polo menos ata setembro supón un novo retraso na creación deste servicio para os estudantes. Desde a institución docente lamentan esta decisión pois conlevará a pérdida da partida económica consignada para 2011.

Reportaxe: ELVIÑA TERRA DE ESPOLIOS

31/7/10

Veciños de Elviña terán que deixar as casas en quince días

Xornal de Galicia
31/07/10
Galicia

Uns 30 veciños deste barrio coruñés tentaron pecharse onte en dependencias da Xunta para paralizar o desaloxo

Sonia Dapena

Os veciños de Elviña-Castro afectados polo proceso de expropiacións para a construción da futura residencia universitaria da Coruña acudiron onte ao edificio da Xunta na cidade para intentar pecharse no despacho do Delegado provincial, Diego Calvo, ao que esixen que paralice o desaloxo de dúas familias, que está previsto para dentro duns quince días. Os afectados, que recibiron as actas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para deixar as súas casas no prazo dun mes hai cousa de dúas semanas, néganse a marchar e piden un prezo xusto por ceder as súas propiedades ou aceptar o realoxamento.

Logo de pasar tres anos en litixios co fin de acadar novas vivendas na contorna da futura área residencial e un prezo de mercado polas súas terras, a Administración parece gañarlle a partida aos veciños de Elviña-Castro. Dúas das once familias que quedarán sen fogar para levar a cabo o proxecto xa recibiron o aviso do IGVS polo que lles indican que quedan dúas semanas para cambiar de dirección.

“Tíñamos o compromiso de Diego Calvo e dun representante do IGVS de non desaloxar a ninguén mentres non se firmasen uns documentos preparados polo Goberno bipartito pero o Instituto levantou actas e intentou colarnos o desaloxo nun mes, co cal incumpren o acordado”, explica o presidente da Asociación de Veciños Elviña-Castro Os Rexumeiros, Carlos Maceiras. De feito, o acordo coa Consellería de Vivenda do anterior Executivo aseguraba a construción de novas casas na zona, antes de botar fóra aos veciños.

Promesa dunha resposta

Dada a indefensión na que se atopan, arredor duns trinta habitantes do pobo achegáronse onte á delegación da Xunta na Coruña para esixirlle a Calvo a paralización duns desaloxos que incumpren o compromiso entre as partes. Pero, segundo fontes da Xunta o delegado atópase de vacacións ata mediados de agosto, xusto despois de que se produzan as primeiras expropiacións forzosas, polo que unha representante do Executivo comprometeuse cos veciños a ter resposta nos próximos días.

“Queremos que se paralice a orde, se retomen as negociacións e se cumpran os compromisos adquiridos”, insiste Maceiras, que avisa de que as Administracións –IGVS, Consellería de Vivenda, Universidade da Coruña e Concello, todos implicados na futura obra, licitada por 24 millóns– só teñen dúas formas de sacalos das súas casas: polas boas ou “cos pés por diante”.

A nai de Luís Gómez será unha desas primeiras desaloxadas, pero só lle ofrecen “sete millóns e medio por unha vivenda de 80 metros cadrados”. “Tecnicamente, é posible facernos outras casas pero non queren, ofértannos pisos na rúa Salvador de Madariaga pero temos que pagalos”, comenta Gómez, acompañado por uns amigos que consideran a situación unha inxustiza. Luis advirte de que terán que quitalo da casa pola forza.

Pola súa banda, Manuel López perderá tres pisos e unha terra de máis de 1.000 metros cadrados por 350.000 euros. “Isto é como estar no corredor da morte pero sen saber cando vas morrer; eu xa tiven un infarto polos desgustos porque fixemos todo co noso sacrificio e pouco a pouco e agora nos rouban”, confesa López co nerviosismo no corpo.

A preguntas de Xornal, o representante veciñal recoñece que non confían moito na Xustiza porque levan “20 anos con recursos sen resolver” debido aos distintos procesos de expropiación que sufriu o pobo. “Cremos que incluso hai casos de prevaricacións porque se concedeu unha licenza de obra cando a residencia non cumpre coa normativa municipal”, denuncia Maceiras.

20/7/10

Os expropiados do campus de Elviña critican a Xunta polos seus realoxos

La Opinión de A Coruña
20/07/10
A Coruña


O Goberno galego prometéralles que ían ser reinstalados no entorno do castro, pero só lles dá a opción de vivir na cidade

Redacción A Coruña

A asociación de veciños Os Rexumeiros de Elviña e Castro de Elviña condenan a actitude da Xunta de negar o realoxo aos expropiados do campus de Elviña no entorno no que vivían e que o goberno bipartito lles prometera.

Segundo a agrupación veciñal, o Instituto Galego de Vivenda e Solo ordenou o desaloxo das dúas primeiras casas e, só ofrece como alternativa aos expropiados, vivendas na cidade, nunca no Castro de Elviña, como tamén os actuais responsables da Xunta lles prometeran.

A asociación de veciños considera que a Xunta está incurrindo nun delito de "violación dos dereitos" dos expropiados, xa que lles nega a posibilidade dun realoxo digno no entorno no que tiñan as súas vivendas. O presidente da asociación, Carlos Maceiras, asegura que os veciños tomarán "todas as medidas que estean nas súas mans" para evitar esta situación que califican de "atropelo".

Os veciños expropiados, segundo a asociación Os Rexumeiros, conseguiran en 2009 un acordo para ser realoxados en Castro de Elviña, un convenio que non se chegou a firmar polo cambio de goberno no Executivo galego. Os afectados critican a actitude do Instituto Galego de Vivenda e Solo porque se sinten enganados e cren que está coartando os seus dereitos de ter un realoxo xusto.

19/7/10

Comunicado da A.VV. Os Rexumeiros en contra dos incumprimentos de realoxo no entorno

A Asociación de Veciños Os Rexumeiros quere co presente comunicado facer pública a súa condena enérxica a actitude da Xunta de negar o realoxo no entorno aos veciños expropiados polo campus de Elviña.

Fronte ás promesas dos actuais responsables da Xunta de facer cumprir a normativa que obriga a realoxar os veciños expropiados no propio lugar, o Instituto Galego de Vivenda e Solo acaba de ordenar o desaloxo das dúas primeiras casas e dáselles como única posibilidade ser realoxados en pisos da Coruña.

Os veciños expropiados de casa conseguiran no ano 2009 o acordo para seren realoxados en Castro de Elviña. O cambio político na Xunta propiciou que este acordo non se firmase.

Tras diversas reunións con diferentes cargos da Xunta, que se reafirmaron na busca dunha solución, a asociación obtivera a promesa do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, para negociar o realoxo tras adxudicar as obras da Área Residencial de Elviña.

Entendemos que botar os primeiros veciños para pisos da Coruña sen darlles unha mínima garantía de seren realoxados en Castro de Elviña, tal e como fora prometido, é unha violación dos dereitos dos veciños a un realoxo digno no entorno.

Ante esta situación os veciños adoptarán todas as medidas que estean nas súas mans para evitar este atropelo.

14/7/10

A Universidade recorda que os realoxos competen á Xunta

La Opinión de A Coruña
14/07/10
A Coruña

Aida Mosquera. A Coruña

Mentres os afectados polas expropiacións no núcleo rural do Castro de Elviña consideran que Concello, Xunta e Universidade xogan a pasarse a pelota duns aos outros sen garantirlles o realoxo que demandan e un xustiprezo asequible, fontes da Universidade da Coruña recordan que as expropiacións para construír o complexo residencial son competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xa que, engaden, "é o beneficiario das mesmas". Ante as protestas dos veciños pola suposta pasividade da institución académica, as mesmas fontes entenden que "poden estar confundíndose" coas expropiacións que se levaron a cabo para construír e ampliar o parque tecnolóxico do campus de Elviña. Neste caso, a Universidade recorda que si se implicara nas negociacións co Goberno municipal para que os realoxos tivesen lugar na zona solicitada polos veciños, pero insiste en que, neste caso, non interven "para nada". De feito, as únicas obrigas da Universidade están en dar, o non, o visto bo ao proxecto, no que a aprobación corre a cargo do Consello autonómico, e en encargarse do mantemento do complexo unha vez finalizada a obra.

A Xunta alega que as expropiacións en Elviña só esixen derribar dúas casas

La Opinión de A Coruña
14/07/10
A Coruña


Xustifica os realoxos e as indemnizacións polos terreos na necesidade de construír unha residencia universitaria pública na cidade, a única en España que carece deste servicio

Aida Mosquera A Coruña

O Goberno autonómico pide ás familias afectadas polas expropiacións no núcleo rural do Castro de Elviña que estean tranquilas e asegura que serán informadas "en todo momento" dos pasos a seguir para favorecer a construcción da residencia universitaria. Ademais, señala que xa se chegou a un acordo cos propietarios dos terrenos e, especialmente, cos implicados nos casos de realoxo que afectan, segundo fontes da Xunta de Galicia, a dúas familias.


O complexo residencial universitario representa, para o Instituto Galego de Vivenda e Solo -dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- unha infraestrutura "moi necesaria" para A Coruña, a única cidade española que non conta cun servicio público deste tipo. Por iso, aseguran tales fontes, os representantes da Xunta estiveron en contacto cos afectados polas expropiacións para chegar a un acordo que, aseguran, non será modificado e se tramitará dunha forma legal e axeitada.


Vista aérea de la recreación virtual de la residencia universitaria (en el centro, con césped en el tejado), en el campus de Elviña.



Por este motivo, o Goberno autonómico entende que o problema dos veciños -que anunciaron movilizacións se non lles garantizan un realoxo digno e indemnizacións suficientes- xurdiu coa citación para acudir aos levantamentos de actas que comezaron onte e explica que "simplemente se trata de actos administrativos", necesarios despois de que varios veciños recurrisen os procesos impugnando as actas anteriores. De feito, añaden as fontes, "as expropiaciónes xa están pagadas".


Das máis de 70 expropiacións, a Xunta fai fincapé en que "tan só hai dúas familias afectadas" e indica que "xa se comunicou aos seus propietarios que teñen a posibilidade de comprar unha vivenda de protección autonómica". Porén, os veciños da aldea de Elviña denuncian que as indemnizacións recibidas son pouco máis da metade do que terán que abonar polas súas novas vivendas e ameazan con non abandonar as súas casas ata que se lles garantice un realoxo digno.


O Executivo galego indica que non haberá sorpresas e que os veciños non terán que abandonar os seus fogares ata que comecen as obras, e, para iso, primeiro terá que firmar o convenio coa Universidade e adxudicar a construcción.