18/4/11

Hai que sentarse e encerrarse ata chegar a un acordo sobre a residencia

El Ideal Gallego

A Coruña

17/04/2011

Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social


Sen estridencias. Antonio Abril non é un político. Non promete, reflexiona. Realista e dotado dunha capacidade de análise avalada ploa súa traxectoria, autodefínese como unha persoa "de perfil baixo". É evidente que chega á institución para sumar. Manexa datos e números coa precisión de quen leva toda a vida facéndoo, baseñandose en feitos e non en sensacións. Porén, tampouco renuncia no seu discurso ás intencións. Desde un despacho no que predomina a orde frente ao caos, defende ao Consello Social, onde manda, pero tamén á Universidade e, sobre todo, aos universitarios. Enamorado de Bolonia, cre nunha excelencia real. Económica, xestora, pero sobre todo, educativa.




Entrevista de M. Pérez


[...]


Dá a sensación de que os enfrontamentos entre os reitorados polas titulacións teñen que ver máis con posturas de cada unha das cidades máis importantes de Galicia que coa asunción da realidade económica e social do país.


- Fálase, cada vez máis, dun SUG (Sistema Universitario Galego). Todo isto, tendo en conta os localismos que aínda existen en moitas áreas.

- Sempre digo o mesmo: o localismo é algo co que hai que convivir, aínda que non necesariamente aceptalo. Non ten por que ser un problema se os sistemas funcionan de maneira adecuada, refírome aos sistemas de coordinación do interese xeral. Hai varios, unha Consellería de Educación, unha comisión...

- Pero cada un barre para casa.

- É lóxico que cada reitor mire polos seus intereses. Coñézo ben os tres e teñen un claro sentido do interese xeral.

- Por iso non hai unha facultade de Madicina. Interesa?

- Non o expoñería en termos de interese, non é que non interese. Se a min me preguntan se me interesa, evidentemente diría que si. Pero como calquera outra cousa que enriqueza o mapa de titulacións. O que pasa é que, como dixen antes, temos a obriga de ser realistas e ser responsables.

- Ou sexa, que non conven.

- Neste momento hai unha facultade. O que procede é sacar o máximo partido desa situación, dos hospitais universitarios. Medicina non é neste momento unha prioridade realista.

- A semana pasadapresentouse o "Campus T". É tan importante conseguir o Campus de Excelencia?

- É bo. É unha experiencia que vai sacar moito partido da anterior. Preséntase un proxecto máis concreto, máis centrado nas fortalezas da UDC e que obteña o resultado que obteña, vai ser positivo. Hai que recordar tamén que xa estamos no Campus do Mar, en VIgo.

- É condición sine qua non a residencia para lograr ser excelentes.

- Faríanos falta , se non unha parte importante. A residencia é algo imprescindible, pero no só polo Campus de Excelencia, senón porque globalmente, unha residencia pública aporta homoxeneidade a unha universidade pública. É difícil lograr esa mobilidade que se pretende se non temos unha residencia pública. Dificultamos o cumprimento dos preceptos de Bolonia, sobre todo.

- Estase a tempo?

- Perdimos moito tempo e é unha responsabilidade tanto da Xunta como da UDC o que se faga a mellor posible no menos preazo de tempo posible. A prevista antes non se pode facer, pero hai que facer un esforzo e renunciar a algunhas aspiracións lóxicas para poder sacala adiante.

- Que foi o que pasou para que agora esteamos así?

- Acordouse un proceso e despois houbo un cambio de goberno que non aceptou o pacto que habia. Ademais cambiaron as circunstancias da economía. O novo goberno entendeu que o proxecto no era viable e propuxo un novo sistema. Eu o que digo é, na medida en que o óbxectivo é facer a residencia, hai que ver que as circunstancias non son as mesmas e o sistema de concesión que propón a Xunta non é en si nin bo nin malo, simplemente depende das condicións. Pero o importante é falar e sobre todo escoitar.

- Que hai que facer agora entón?

- Neste momento, un dos obxectivos prioritarios é sensibilizar tanto a administración pública como a propia UDC, para que sexa unha realidade no menos prazo de tempo posible.

- Urxe construíla, pero, en que tellado está a pelota?

- Non admito distintos tellados. Hai un so tellado, un so bando e debaixo del están a XUnta e a UDC. Neste caso, o que hai que facer é encerrarse, sentarse e falar e non saír da habitación ata que non estea decidida a residencia pública universitaria.

17/4/11

A Universidade esixe de maneira unánime que se adxudique xa a residencia de Elviña

El Ideal Gallego

A Coruña

15/04/2011

M. Pérez > A Coruña


Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. A Universidade está farta e non son só xa voces puntuais as que esixen á Xunta que constrúa unha residencia en Elviña, senón a institución o pleno e a todos os niveis estamentarios. Onte tocoulle o turno ao Consello de Goberno, que aprobou por unanimidade un documento no que se insta o Executivo autonómico a que desbloquee "xa" o proceso de adxudicación da obra, paralizado desde hai dous anos. O reitor, José María Barja, recoñeceu que a situación económica é distinta á existente cando se firmou o pacto anterior, co bipartito, pero pediu que "aínda que non se poda facer todo o proxecto agora, se faga canto antes, por partes". A idea é ter un aloxamento dentro do campus "con prezos públicos", para que os estudantes "que máis o necesiten" conten coa posibilidade de acceder a él e deixen de "estar discriminados" con respecto aos seus compañeiros doutros centros galegos e españoles.


Definitivamente e segundo o aprobado onte, a pelota está agora no tellado da administración autonómica. Por iso o escrito solicita que se cumpran os compromisos que ambas instituciónscontraeran e que contemplaban a cesión da residencia para que fose a UDC a encargada de xestionala. A pesar de que esta foi a primeira premisa que puxo o IGVS (o Instituto Galego de Vivenda e Solo), na actualidade existe unha controversia sobre se o manexo do inmoble debería deixarse en mans privadas ou corresponder á Universidade.


Ao mesmo tempo, a postura de Barja continúa sendo de rexeitamento cara a construción da residencia universitaria en réxime de concesión de obra pública. O reitor entende que de facerse así, suporía hipotecar a comunidade universitaria durante cerca de 35 anos, sen ter ningunha garantía da existencia duns prezos públicos idóneos.


No texto recórdase así mesmo que esta infraestrutura corresponde a un servizo público, polo que non debe someterse "en ningún momento" a unha lóxica de lucro mercantil.


Xa no pasado Claustro, celebrado hai algo menos dun mes, tanto os opositores a BArja como os seus defensores - sobre todo alumnos - manifestaron a súa preocupación polo futuro da residencia universitaria e, a instancias dos representantes do estudantado, acordouse elevar a Consello este posicionamento conxunto en defensa da residencia.

12/4/11

O reitor da Universidade propón construír a residencia por fases

La Opinión de A Coruña

12/04/2011

A Coruña

José María Barja critica a Xunta por non avanzar nas obras das instalacións a pesar dos compromisos adquiridos

Redacción / A Coruña

O reitor da Universidade, José María Barja, criticou onte a Xunta polo retraso que acumula a residencia universitaria. A pesar dos compromisos adquiridos polo Goberno autonómico, apuntou Barja, non se produciron avances que avalen a construción destas instalacións. O reitor, durante a inauguración das xornadas de emprego que organiza o centro académico coa colaboración doutros organismos públicos, propuxo que as obras se executen por fases para que se puidesen alternar os traballos cos recortes orzamentarios introducidos pola Xunta.

A construción da residencia, como manifestaron desde a Universidad reiteradamente durante os últimos anos, é un requisito imprescindible para que o centro pase a integrar a lista de campus de excelencia en Europa. Mentres esta infraestrutura non se complete, indican desde o centro, a institución académica local compite en desigualdade co resto de entidades. Ademais, recordan desde a Universidade, o da Coruña é o único dos tres centros galegos que non conta con estas instalacións apesar de experimentar un amplo crecemento non número de alumnos durante os últimos anos.

A dirección da Universidade xa mostrara o seu rexeitamento anteriormente a que o modo de xestión da residencia sexa unha concesión privada a cambio da construción.