El Ideal Gallego
24/04/10
A Coruña
M. Pérez > A Coruña
A Xunta adxudicará a residencia de Elviña en canto a Universidade acorde que se fará cargo do mantemento e a xestión da nova infraestrutura. Sabíase que ambas institucións levaban tempo negociando para que comezase a andar definitivamente un proxecto que a entidade educativa xa acordara levar a cabo co anterior Goberno autonómico pero, por primeira vez, o actual Executivo asegura que “empregará como referencia o proxecto acordado co goberno anterior”.
A noticia foi ben recibida polo reitor da Universidade, José María Barja, que valorou o feito de que se poida continuar sobre o xa planeado: “Consideramos positivo que a Xunta tome como referencia o feito antes”. Xa que, do contrario, o proceso se dilataría aínda máis.
O reitor e o conselleiro de Medio Ambiente falan durante unha visita ao campus. javier alborés
O titular da Consellería de Medio Ambiente, Agustín Hernández, indicou a Barja nun comunicado publicado onte que “é imprescindible contar co acordo expreso” para garantir un compromiso de conservación e mantemento antes de seguir adiante coa infraestrutura.
Ademais, na citada misiva Hernández explica ao responsable da Universidade que o avance nos pasos destas obras estivieron condicionados pola necesidade de completar un proceso de disponibilidade de terreos, así como polas xestións no ámbito financieiro do Instituto Galego de Vivenda e Solo. As complicacións surxidas nestas áreas serían as culpables das demoras, un retraso que desde a Universidade xa achacaran a un problema principalmente económico.
Negociación > Anuncian desde a Xunta que unha vez concluídos os trámites que impedían dar pasos cara adiante “retoman o impulso do expediente”, empleando as ferramentas que a situación orzamentaria lles permita e poñéndoas a disposición da Universidade. Porén, Barja non daba onte por concluídas as conversacións con Medio Ambiente e aseguraba que están “nun proceso de negociación”, aínda que si destacou o anuncio do Goberno galego como “algo que valoramos”.
A Universidade leva tempo solicitando avances por parte da Xunta para poder empezar a construír unha residencia pública e deixar así de ser a única de España que non conta con este tipo de servizo. O problema é que o próximo curso, a entidade educativa integrarase por completo no Espazo Europeo de Educación Superior (Plan Boloña) e para entón pretende poder competir con outros centros do Estado e do resto de Europa en igualdade de condicións, por ese motivo desde varios sectores da institución queixáronse de maneira recurrente polos retrasos.
Así mesmo, a entidade prevía entrar este ano no programa campus de excelencia internacional e tería moi complicado acceder a este e ás axudas económicas que conlevaría, se non presenta a súa candidatura cun proxecto de residencia pública.
Máis información:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/04/24/gobierno-gallego-adjudicara-residencia-universidad-gestiona-despues/378509.html
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/04/24/0003_8439727.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario