23/5/10

A Universidade aposta polas tecnoloxías sostibles para ser Campus de Excelencia

El Ideal Gallego
22/05/10
A Coruña


M. Pérez > A Coruña

A Universidade enviará ao Ministerio de Educación o próximo 31 de maio o seu proxecto “Tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental” para participar na convocatoria de Campus de Excelencia Internacional (CEI). Desta maneira, o equipo reitoral aposta pola tecnoloxía sostenible para conseguir esta distinción, á que xa anunciou hai pouco máis dun mes que optaría. O documento que presentou onte o reitor, José María Barja, concibe o centro como “un conxunto integrador que implicará a todas as titulacións” . Durante o acto, fixo especial fincapé no carácter transversal do plan e asegurou que nel terán cabida non só os profesores e investigadores do ámbito tecnolóxico, senón tamén aqueles relacionados coas ciencias, as humanidades, a saúde ou a área xurídica e social.

O vicerreitor de infraestruturas, Xosé Lois Martínez, tamén presente onte no evento, adiantou que con este proxecto o campus acheégase ao que son e serán as universidades no século XXI e persigue como principal obxetivo a integración dos centros “nunha cidade rexión de máis de 700.000 habitantes –que engloba a área metropolitana e a comarca de Ferrol–”.




Así, o especialista entende que Elviña está situada nun entorno privilexiado, a metade de camiño entre a cidade e a maior parte dos municipios da área, polo que o papel que xogará será crucial á hora de vertebrar os centros urbáns das dúas cidades e as súas respectivas comarcas.

Pola súa parte, o reitor recalcou que, ademais da Coruña, neste proxecto ten que ver a área de Ferrol e Narón, facendo fincapé en que esta é a terceira máis poboada da comunidade e confirmou así mesmo que ten o apoio de varios concellos da comarca coruñesa: “Contamos con varios concellos, ademáis do da Coruña e con varias entidades económicas”.

Ademais, o proxecto pretende conseguir a dinamización do contorno da Universidade tanto desde o punto de vista económico, como o social, o cultural e o deportivo, xa que, segundo apuntou o reitor “o propio modelo de campus leva a configuralo non só na sostenibilidade ambiental”. Por ese motivo, este plan encaixa como unha peza clave a construción da residencia pública de Elviña, proxecto que está aínda sendo discutido co Istituto Galego de Vivenda e Solo. Barja asegurou que os trámites “van indo. Lentos, pero indo”.

Líderes > A entidade educativa contribúe deste modo á formalización dun plan con cinco perfís unidos, un educativo, outro investigador, un terceiro tecnolóxico e un asistencial mediante agregacións co texido social e económico e trata de potenciar con eles un polo de xeración, difusión e transferencia de coñecemento en Tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental.

Precisamente disto falou o vicerreitor de Cultura, Luis Caparrós quen explicou que o motivo de adicarse especialmente á área das tecnoloxías e a sostenibilidade ten que ver coas capacidades da entidade.Recordou que un 35% das carreiras das que dispón a cidade son únicas en Galicia e a maior parte destas teñen que ver coa tecnoloxía. Así a idea é levar a cabo unha oferta de posgrao interuniversitario e internacionalizado de calidade e diversificado.


Máis información:


No hay comentarios:

Publicar un comentario