El Ideal Gallego
20/04/10
A Coruña
A.B. > A Coruña
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de emitir unha sentencia pola que impón ao xurado de expropiación de Galicia repetir a valoración económica dalgúns dos terreos expropiados dentro do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña, considerándoos, esta vez, terreos non urbanizables. É a súa resposta ao recurso interposto polo Concello en contra do xustiprezo dunha finca concreta aínda que, segundo se recolle na resolución, afecta a outros terreos incluídos no mesmo proceso de expropiación.
En consonancia coa postura do goberno municipal fronte os acordos de xullo de 2006 e febreiro de 2007 do xurado de expropiación, a sala do contencioso do alto tribunal galego anula estas dúas resolucións y ordena retrotraer as actuacións ata ese momento, a fin de dictar un novo acordo de valoración. Este deberá axustarse á tasación das fincas na data da primeira valoración, abril de 2004.
A clasificación do solo das parcelas afectadas polo plan do Castro de Elviña está detrás do recurso contencioso administrativo iniciado polo Concello en contra das resolucións do órgano autonómico. A administración apelante criticaba no seu recurso o criterio do xurado de expropiación que, “entendendo que o solo expropiado serviu para realizar un sistema xeral municipal, valora o mesmo como se fose urbanizable a pesar de encontrarse clasificado como non urbanizable”. Segundo aludía tamén o goberno municipal, o órgano de tasación errou “en varios expedientes cal é a calificación exacta do solo”. E postulaba: “Este non debe ser valorado como urbanizable”.
As fincas deberán ser tasadas como solo non urbanizable. archivo ec
Neste senso, alegaba o Concello que os terreos obxecto de litixio “forman parte dun sistema xeral ao que non é aplicable a doutrina dos sistemas xerais, debendo ser valorados conforme á súa clasificación”, e xustificaba esta postura nos “valores arqueolóxicos da zona” e “as determinacións do plan especial que regulou urbanisticamente a zona”.
“Crear cidade” > Como advirte o tribunal na súa resposta ao recurso contencioso administrativo, o debate céntrase en determinar se realmente se debe considerar que a creación do espacio protexido que é o Castro de Elviña “contribúe a crear cidade”.
Así o estimou, ao resolver sobre o xustiprezo, o xurado de expropiación, que fundou o seu acordo no feito de que os terreos ían “ser destinados á creación de sistemas xerais municipais, como a creación dun espacio protexido polo seu interés paisaxístico e arqueolóxico, integrado na armazón urbana da cidade, creando unha área de placer, destinada principalmente aos residentes da mesma, e que por iso contribúe a crear cidade”.
Contra este criterio, resolve o TSXG que o proxecto de expropiación en cuestión “non trataba simplemente de obter terreos para ser destinados a un sistema xeral netamente municipal orientado á creación de cidade (...), senón máis ben a un sistema xeral municipal que sirve á cidade, pero que non é a cidade pola sinxela razón de que os seus atributos arqueolóxicos prohíben que poida ser construído ou aproveitado urbanisticamente de ningún modo nin maneira”.
Singularidade > Con estas consideracións, o tribunal conclúe que as singularidades arqueolóxicas da zona impiden aplicar a doctrina dos sistemas xerais -que posibilitaría considerar o solo como urbanizable sen selo, seguindo o principio de equidistribución de cargas e beneficios-, porque os propietarios dos terreos sempre van verse privados de calquera aproveitamento urbanístico, ao estar limitados pola protección arqueolóxica.
Máis información:
Non está moi lonxe o día que con toda esta lexislación que se marcan as administración para apoderarse do que non é deles, os expropiados teñan que pagar por ser expropiados.
ResponderEliminarAi, pero que digo, se xa están a pagar agora.
Ressumindo baijo toda esta maranha tecnico-jurídica o que temos um intento por parte dum concelho de Recalificar terreo de rurais a urbanos, coa justificaçom -ainda que pareza surrealista- de que estarem dentro da area de proteçom arqueologica dum castro, e de passo, casualmente abrir colateralmente as portas a especulaçom sobre o prezo do solo num futuro
ResponderEliminarSem dubida este peculiar razoamento baijo a eufemistico "crear cidade" probem da mesma escola de grandes mentes que queríam justificar a costruçom dum campo de Golf e urbanizaçom arredor do Castro de Xas como uma forma de "Revalorizar o Patrimonio"
Por seguir com eufemismos deste tipo mesmo podía-mos dizer que o que quere fazer estes "bos senhores" nom e "saquear" os vicinhos de Elvinha, senom sem dubida "redistribuir a riqueza" neste caso inmobre. Nom compre explicar mais para o peto de quem, obviamente
retrogados,eso es lo que son, tenemos unos politicos que en nada son la voz del pueblo
ResponderEliminarComo já dixem alguma que outra vez, com ironía, a referir-me a este tipo de "desfeitas" que se fam Patrimonio e coa Gente: "VIVA O FEUDALISMO!!! (no que vivimos) ... pois -eles- dim que chove.
ResponderEliminar