23/4/10

A pegada ecolóxica que deixa a Universidade supera 50 veces o territorio dos campus

El Ideal Gallego
23/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Para contrarrestar o impacto ecolóxico da Universidade farían falta cerca de 3.500 hectáreas de bosque, unhas 50 veces o tamaño do territorio que ocupan os campus coruñeses, segundo estudio sobre “a pegada ecolóxica” da entidade educativa no curso 2007/2008. “Non somos a máis eficiente pero tampouco a peor”, apuntou Manuel Soto, director da oficina de Medioambiente e encargado de levar a cabo esta análise, que se realiza por primeira vez no campus herculino.

A pegada ecolóxica é un indicador empleado para medir a repercusión dunha poboación sobre o entorno que habita. É exactamente, a área de territorio ecoloxicamente productivo necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos dunha poboación.

No caso das facultades, o maior agresor ambiental é a mobilidade. O tráfico que se xenera en torno aos centros, sobre todo en Elviña, a Zapateira e Oza, a onde os alumnos soen acudir cada día en coche o autobús. Soto explicou que os transportes, a emisión de fumes e o consumo de combustible, supoñen un 43,5% do total do perxuízo: “Sobre todo pola distancia a percorrer entre os fogares e os centros”.
Manuel Soto (á dereita) presentou onte o informe xunto a Xosé Lois Martínez e Jesús Giz

Ao parecer, só un 6% das persoas que acuden diariamente aos seus lugares de traballo ou estudo -é dicir, tanto alumnos como profesores- faino a pé, aínda que o índice se reduce sensiblemente cando se refire aos campus de Ferrol ou aos situados no casco urbán coruñés.

A pesar deste obstáculo, dificilmente salvable, xa que os centros non poden cambiar a súa ubicación, as cifras da Universidade non son moito peores que as doutras similares, como a de Santiago que, a pesar de ser maior, conta cunha “pegada per cápita” moi similar á cidade -cerca de 0,15 hectáreas-.


Calefacción > O seguinte axente daniño na lista é o consumo de enerxía eléctrica, que supón un 25% do total, ao que habería que engadir o 13% da calefacción que, aínda que utiliza gasóleo, contribúe decisivamente a incrementar o deterioro.

Para subsanar esta situación, nestes momentos están funcionando xa dous plans sectoriais que previsiblemente poderán mellorar o aproveitamento de recursos e a sostenibilidade. Trátase dun programa sectorial enerxético e outro de mobilidade, que levan en marcha desde o ano pasado e que xa poderían ter reducido a pegada ecolóxica nun 4%.

Consisten principalmente en cambios realizados nas formas de iluminación, o fomento do empleo de bicicletas ou a utilización de enerxías renovables, como a solar ou a eólica, que actualmente se emplean na Universidade, pero que deberían contar cun maior protagonismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario