M. Pérez > A Coruña
Se hai que durmir no chan dórmese, pero os alumnos, sobre todo os membros dos Comités -impulsores da iniciativa-, queren deixar claro que necesitan unha residencia universitaria. Por ese motivo acamparon onte ante a facultade de Informática cerca dunha trintena de mozos, para pedir que a entidade educativa que dirixe José María Barja se equipare ás do resto do país. E é que a coruñesa é na actualidade a única de España que non conta con este tipo de instalacións. A solicitude era máis que para o Reitorado, para o Goberno autonómico, ao que culpaban de que non se iniciasen as obras para a súa edificación.
Distribuídos en 10 tendas de campaña, pasaron a noite no campus de Elviña máis de 20 persoas. Axudaba o tempo, polo menos durante o día, pero a súa prioridade non era estar cómodos senón, como dixo Marcos Loureiro, portavoz nacional dos Comités, “amosar que esta é a forma de estar máis perto da facultade, a mellor e a única”.
Os estudantes acamparon pola mañá e pasaron a noite no campus de Elviña. javier alborés
Reitorado > Hai anos que desde o Reitorado se reclama a construción dun edificio como este, que poida solucionar a demanda de aqueles estudantes que non conten cun domicilio na cidade e que como explicaba onte o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, “actualmente están a ser penalizados”. Entende que ao non contar cun aloxamento público, están obrigados a pagar un diñeiro por estudar que non debería corresponderlles. Así mesmo, a inminente entrada da institución no Espazo Europeo de Educación Superior -conocido como Plan Bolonia- poñeríaa en desvantaxea en comparación con outras, xa que é a única do Vello Continente na que os alumnos carecen dun teito público habilitado.
Prazas > O edificio proxectado, que se paralizou tras o cambio de goberno na Xunta, tería capacidade para albergar a 600 persoas, o que suporía tan só un 15% dos alumnos matriculados este ano. Por ese motivo, o feito de que o Instituto de Vivenda e Solo non se decida a dar un paso adiante non é a única dificultade xa que, unha vez terminado o edificio podería non ser suficiente.
O caso é que un dos principais alicientes da entrada en Bolonia é a movilidade do alumnado e aqueles que se despracen fóra do seu país poderán elixir destino. Neste caso e tal e como alertan recurrentemente desde a entidade educativa, o non contar con esta infraestrutura podería relegar á cidade a un segundo plano se os estudantes a comparan coas súas homólogas no resto de Europa.
De feito, esta situación xa foi denunciada pola vicerreitora de Estudantes, Ana Tarrío, este ano á chegada dos Erasmus, cando asegurou que á capital herculina non viaxan cada ano tantos alumnos como poderían, debido, entre outras cousas, a que as condicións do aloxamento non son as deseables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario