La Voz de Galicia
23/04/10
A Coruña
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, reiterou por carta ao reitor, José María Barja, a intención da Xunta de executar esta obra.
EFE
A Consellería de Medio Ambiente anunció hoxe que adxudicará as obras de construción da residencia pública universitaria no campus coruñés de Elviña tan pronto conte co «acordo expreso» da Universidad da Coruña (UDC) de garantir a súa conservación, mantemento e xestión unha vez terminada a obra.
Segundo informaron desde o departamento autonómico nun comunicado, o conselleiro, Agustín Hernández, reiterou por carta ao reitor da UDC, José María Barja, a intención da Xunta de executar esta obra.
Na carta, indicaron desde a Xunta, o conselleiro tamén explicou ao reitor que a demora na tramitación do expediente tivo que ver coa necesidade de completar o proceso de disponibilidade de terreos, así como polas xestións no ámbito financieiro do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
Será precisamente este organismo o que se encargue da execución da obra, para o que utilizará como referencia o proxecto tramitado polo anterior Goberno autonómico, sinalaron desde a Consellería.
Máis información:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/04/23/xunta-adjudicara-residencia-udc-acuerde-mantenimiento/378275.html
Sorprende o baile de datos na prensa, pois xa a propia universidade afirmara que tiña á súa disposición unha partida para o mantemento da Residencia Universitaria.
ResponderEliminarSorprende tamén que se fale da disposición dos terreos pois hai terreo máis que de sobra para facer unha residencia, sen ter que apoderarse de tantos miles de mentros cadrados.
E finalmente sorprende que se ignore por completo na información que hai veciños expropiados de casa que están agardando por unha solución de realoxo vinculada á área residencial universitaria.