20/4/10

A Universidade podería perder dous millóns se non se adxudica de inmediato a residencia

El Ideal Gallego
20/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

A Universidade podería perder máis de dous millóns de euros en subvencións se a Xunta non se dá présa en adxudicar as obras da residencia pública de estudantes. Segundo confirmou a semana pasada o reitor, José María Barja, a entidade educativa presentará a súa candidatura na próxima convocatoria de campus de excelencia internacional -en concreto na categoría de tecnoloxías e sostenibilidade- que realice o Goberno central. Este programa, tal e como recordou onte o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, podería supoñer á institución unha importante inxección económica en forma de axudas para financiar proxectos propios: “Hai a posibilidade de recibir un millón e medio, dous ou até tres millóns”.

O problema, alertou Martínez, é que para optar a beneficiarse do citado plan, terían que realizar unha solicitude “antes de un mes”, prazo que non parece probable que se cumpra xa que actualmente a Consellería de Medioambiente e a institución continúan negociando a adxudicación. Recalcou así mesmo que é “indispensable” para poder recibir esa distinción, que se otorga en función da calidade no servicio de cada centro, que o aloxamento estea adxudicado, posto que “toda a documentación presentada está montada en torno a esta construcción”. O edificio suporía unha mostra importante da capacidade da institución en materia de sostenibilidade, campo no que, precisamente, pretende destacar a Universidade.

Na convocatoria publicada no BOE o pasado 13 de abril, explícase que a idea coa que nace o plan é buscar a mellora na calidade das universidades e “conducir ata a excelencia aos mellores campus en beneficio do conxunto da sociedade”. Para esta fin, destacan a “especialización” como un dos puntos fundamentais do sistema universitario español. Estas premisas, se se ten en conta ademais que a coruñesa é a única universidade que non conta cunha residencia pública para estudiantes en Europa, reducirían ao mínimo as súas opcións nos campus de excelencia internacional.


Licenza municipal > Despois de que a entidade educativa elaborase un proxecto, que comezou a xestarse hai catro anos, o Concello concedeulle a licenza necesaria para comezar cos traballos do edificio que aloxaría a cerca de 500 estudantes -unha terceira parte dos matriculados-.

Xa había acordo co anterior Goberno autonómico, pero o cambio na titularidade -a saída do bipartito e a chegada do PP- obrigou a que se volvesen pactar os termos de financiación e a unha nova revisión dos planos, o que provocou que o proceso se ralentizase. Así, os retrasos acarrearon ademais de queixas por parte do equipo reitor, mobilizacións estudiantís como a que a pasada semana protagonizaron cerca de 30 mozos en Elviña.

O vicerreitor de Infraestruturas explicaba onte que a última das cuestións que planteou a consellería “pon en cuestión o plan director”, xa que o edificio foi incluído polo goberno local na futura planificación urbanística da cidade e un cambio podería supoñer modificacións globais nun organigrama xa trazado, aprobado e licitado, que “non sólo afecta á Universidade, senón a toda a cidade”.


Inversión > O Executivo galego ten previsto nas partidas deste ano invertir dez millóns de euros no proxecto da residencia que, en palabras do titular de Infraestruturas, “non se van poder invertir se non se adxudica”. Tal e como lamentou Barja a pasada semana, a crise económica está afectando de maneira sensible á institución nas partidas que lle chegan desde o Goberno autonómico e, por tanto, tamén dificulta que estes traballos se leven a cabo no prazo previsto. Os representantes do claustro reuníronse o pasado venres para aprobar a memoria do 2009 e, tras presentar o informe, o da financiación foi un dos principais temas que trataron.

Barja tamén recordou que as últimas manifestacións dos representantes do Goberno autonómico fan temer que as universidades galegas non se vaian librar da redución do gasto social nos próximos anos.

Segundo apuntou Martínez, o principal problema para que o proxecto non estea aínda adxudicado ten que ver coas dificultades económicas polas que atraviesa o país, que motivan que a análise por parte de Medioambiente e a secretaría xeral de Vivenda e Solo -encargada do proxecto- sexa minucioso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario