16/4/10

Os alumnos anuncian máis protestas ata que non se inicie a residencia universitaria pública

El Ideal Gallego
16/04/10
A Coruña

P. G. L. > A Coruña

“A choiva que caeu mentres estabamos nas tendas mostra dun xeito simbólico as condicións nas que viven os alumnos da Universidade da Coruña”, aseguro onte o responsable da agrupación estudiantil Comités na cidade, Xosé Valencia, unha vez finalizada a acampada no campus de Elviña que iniciaron varios estudiantes o mércores para reclamar a residencia universitaria pública, anunciada polo anterior goberno da Xunta en 2006.

A protesta levouse a cabo diante da facultade de Informática, onde unha vintena de persoas plantaron as tendas de campaña e pasaron, ao aire libre, a noite do mércores para o xoves. Tras este primeiro acto, onte, sobre as doce da mañá, cerca de 35 estudiantes manifestáronse no mesmo lugar con pancartas para deixar clara a súa mensaxe: a cidade necesita unha residencia pública.


Despois de pasar a noite no campus, unha trintena de alumnos manifestáronse diante de Informática. gago

“Continuaremos con as reivindicaciones de aquí ate final de ano mentres a Xunta non de unha resposta”, adiantou Valencia, que, segundo explicou, está previsto que a agrupación estudiantil celebre unha asamblea a finais de mes “na que se decidirá que tipo de accións se van a levar a cabo”.

Ademais, recordou que outra das súas preocupacións é que o Goberno autonómico manteña o proxecto iniciado pola ex conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, no que se prevía unha residencia pública con capacidade para 600 personas. “Con estas manifestacións queremos presionar para que a Xunta non se cuestione a posibilidade de levantar un complexo privado, senon que se manteña unha residencia pública, que é o que se merece a Universidade da Coruña”, manifestou este portavoz de Comités.


Veciños > Pero os problemas coas vivendas para universitarios no campus non se limitan só aos estudantes. En medio deste conflito entre Xunta e Universidade encóntranse tamén os afectados polas expropiacións que se terán que levar a cabo en Castro de Elviña para a construción do complexo. Segundo anunciou onte o representante das once familias afectadas, Carlos Maceiras, os residentes na zona solicitarán unha reunión co delegado do Goberno galego para a provincia da Coruña, Diego Calvo, “para que nos aclare cal é a posición da Xunta sobre os realoxos”.

Os expropiados de Castro de Elviña ameazaron con mobilizarse a principios de mes se o executivo autonómico non mantiña o acordo para os realoxos firmado polo goberno do bipartito. O pacto supoñía o aumento do prezo que lles abonaría a cada familia a administración por metro cadrado ata os 800 no caso do terreo edificado, de tal forma que os expropiados se pudiesen achegar ao que debían pagar por unha nova vivenda de protección oficial.

Hai uns días os residentes de Castro de Elviña mantiveron unha reunión co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Bonet, que, segundo Maceiras, “aclarou algúns asuntos, pero deixou outros no aire”. Tal e como conta o portavoz veciñal, Bonet “o único que deixou claro é que se o IGVS só se iba facer cargo dos realoxos que lle corresponden -neste caso dúas casas- mentres que o resto tiñámolos que negociar coa Consellería de Industria e co Concello”, algo que segundo eles, xa estaba comprometido no primeiro pacto.

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario