12/1/10

Os expropiados de Elviña arremeten contra a UDC

La Voz de Galicia
12/01/10
A Coruña


Ana Lorenzo.

Os afectados polas expropiacións que se realizarán na zona de Elviña para construír a futura área residencial volveron estes días a colgar unha serie de faixas nas inmediacións do campus, nas que denuncian a mala xestión realizada pola Universidade da Coruña en todo este asunto.
Segundo explicou onte Carlos Maceiras, presidente da asociación veciñal Os Rexumeiros, "a universidade non responde ao que di, porque hai un documento que se firmou coa antiga Xunta sobre as expropiacións e os realoxos, e eles din que están de acordo con el, pero logo non é así".


A Avenida da Universidade, na súa entrada a Elviña, está chea
de faixas alusivas á mala xestión da UDC nas expropiacións
para a residencia./C. QUIAN

Explican que hai máis dun mes e medio que solicitaron unha entrevista co rector para poder desbloquear esta situación, pero que non obtiveron resposta. " A Universidade ten que dar unha serie de pasos que, ao noso entender, non está a dar. Hai un documento que está enriba da mesa que só falta firmalo", argumentou Maceiras, que afirmou que é a UDC a encargada de ceder os terreos para realoxar os expropiados.

O vicerrector de Infraestructuras da UDC, Xosé Lois Martínez, aclarou que é o Concello o que ten que realizar as expropiacións, xa que a Xunta lle deu unha partida orzamentaria para facelo, e que incluía o realoxo dos veciños. "É igual que se fora un hospital, os responsables do mesmo non teñen que realoxar aos afectados pola ampliación, senón que é quen expropia", afirmou.

2 comentarios:

  1. Na Xunta cantufan farelas,
    na Universidade esgueilan polo canguelo,
    o varante frisga coma un choulán
    e os garipanos a xoular...
    mentres os do moro calman a carumela!
    e así noseces teremos lorda largaña...
    Que vaian bazar na borra!!

    ResponderEliminar
  2. Aí, aí, apretádelles que non se pensen que van facer o q queiran sen pasar pola desacreditación pública. É unha mágoa que a universidade galega do s. XXI trafique coas vidas e fogares dos veciños. Polo menos agora podemos alzar a voz, que noutros tempos nin iso. Veña, ánimo

    ResponderEliminar