18/1/10

Losada esixe á Xunta que adxudique xa a residencia universitaria

La Voz de Galicia
15/01/10
A Coruña


Ana Lorenzo.

O alcalde da cidade, Javier Losada, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, volveron onte unir esforzos para intentar dar unha solución a un dos problemas máis importantes que ten a institución académica coruñesa nestes momentos: a falta dunha residencia. De feito, o proxecto para realizala leva catro anos redactado, e agardábase que a súa construción se iniciase no primeiro trimestre do ano pasado. Porén, os cambios no Goberno da Xunta retrasaron a posta en marcha deste inmoble, que conta para este ano cun orzamento de 10,7 millones, dos 24,5 totais que costará levantar este edificio.


O rexedor coruñés manifestou a súa preocupación por este enorme retraso, e «pola falta de decisión da Xunta para adxudicar as obras de construción da residencia de estudantes, unha necesidade notable, toda vez que A Coruña é a única universidade galega que aínda non conta cun servizo de aloxamento». Losada considerou que é imprescindible dispoñer deste edificio para completar a oferta que realiza a UDC, e así fíxollo saber ao reitor e a todo o seu equipo, co que compartiu unha reunión no pazo municipal de María Pita. Durante o encontro, o mandatario tamén anunciou a súa intención de seguir traballando e colaborando coa universidade, «que crece e avanza no camiño desexado para ser referente na formación da xente nova».


Financiación

Neste senso, Losada tamén quixo facer especial fincapé nos problemas de inversión que leva sufrindo desde hai décadas a institución académica coruñesa, que é a universidade española que menos diñeiro recibe por alumno. Ademais, os recortes levados a cabo pola Xunta con motivo da recesión económica non axudaron a mellorar a situación financieira da UDC.


Porén, como destacou o alcalde coruñés, «a boa xestión do seu equipo reitoral» permitiu que a Universidade da Coruña conte neste exercicio cuns orzamentos similares aos do ano anterior, o que permitirá sacar adiante algúns dos seus proxectos orzamentarios máis importantes, como o parque tecnolóxico ou a adaptación das facultades ao novo espazo europeo de ensinanza superior.


Así mesmo, desde o Concello coruñés tamén se anunciou que se fará o máximo esforzo para conseguir que a UDC logre o título de campus de excelencia no año 2015, «co que A Coruña se situaría entre as principais universidades españolas en materia de investigación e innovación, un campo no que vén traballando con éxito, toda vez que conta co que é o primeiro e máis importante polígono empresarial da cidade no campus de Elviña», destacou Losada.Por último, tamén quixo facer partícipe á Universidade da Coruña do novo PXOM, que recolle distintas actuacións para o crecemento e desenrolo da superficie universitaria

1 comentario:

  1. O alcalde losada esíxelle a xunta a construcción da residencia universitaria, pero non se esixe a si mesmo e a súa corporación o cumplimento da norma urbanistica que obriga ao realoxamento dos veciños aos que espulsan das súas casas para construila. Nin un comentario,nin referencia algunha a grave situación dos veciños. CRETINO,IMBÉCIL

    ResponderEliminar