31/1/10

Cooperativistas piden a Concello, Estado e Xunta un pacto para empezar o ofimático

La Opinión de A Coruña
28/01/10
A Coruña


Representantes de tres cooperativas que agrupan a case 300 familias pedirán ás tres administracións que impidan que a execución da sentenza do Supremo retrase as obras


Marta Villar A Coruña

Portavoces das tres principais cooperativas do Parque Ofimático, que representan a case 300 familias, acordaron onte solicitar unha entrevista con representantes do Concello da Coruña, a Xunta e o Ministerio de Fomento, para lograr que as tres administracións cheguen a un acordo rápido que permita iniciar as obras de urbanización no sector e que evite unha nova reparcelación.

Os cooperativistas confían en que mediante o diálogo se poderá conseguir que as tres administracións públicas implicadas no desenrolo do Parque Ofimático encontren unha solución ante o problema creado tras a sentenza do Tribunal Supremo que anula o plan parcial deste sector porque o Concello non recoñeceu o dereito a aproveitamento urbanístico de Renfe (agora denominada Adif).

A resolución xudicial non ordena unha nova reparcelación pero esta é inevitable porque o Alto Tribunal establece que hai que incluír a Adif no reparto o que obriga a recalcular os aproveitamentos. O organismo ferroviario ten 11.090 metros cadrados de terreo neste ámbito polo que tería dereito a un aproveitamento equivalente a 89 pisos.

O problema afecta a un gran número de propietarios pois nesta zona entre Matogrande e Eirís construiranse ata un máximo de 2.432 vivendas das que aproximadamente a metade son de protección autonómica.

Maqueta do Parque Ofimático


Responsables das cooperativas suliñan que o seu único obxectivo é que "as máquinas entren a traballar canto antes no ofimático" e por esa razón queren que se negocie unha solución que non pase por unha nova reparcelación porque retrasaría a xestión desta urbanización.

Os cooperativistas sinalan que os tres implicados que deben solucionar o problema son administracións públicas polo que "non tería que haber dificultades á hora de chegar a un acordo" a pesar dos "eventuais condicionantes técnicos e xurídicos".

Estes afectados recordan que as case 300 familias integradas nestas cooperativas aportaron xa unha media de 30.000 euros polo pago a Xestur das parcelas nas que se construirán as vivendas protexidas e esixen que este diñeiro "se invirta canto antes na urbanización do terreo" para que estes propietarios accedan aos seus futuros fogares "o antes posible".

O primeiro anuncio da construción deste sector efectuouse hai case vinte anos, o plan parcial custou seis anos de tramitación e tres modificacións, e por esta razón o maior temor das familias é que teñan que esperar máis anos aínda ata poder acceder ás súas vivendas.

Unha das propostas que posiblemente se plantexen é a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo. Os afectados, como parte interesada, teñen dereito a solicitar ao Alto Tribunal que non se execute. Tamén o pode facer o Concello aínda que a concelleira de Urbanismo, Obdulia Taboadela, manifestou que o Concello non fará nada, quedará á espera ata saber se Adif pide que se execute dita resolución xudicial.

O Concello, segundo a lexislación, ten un prazo de dous meses para executar esta sentenza, e se non o fai Adif pode demandar a súa execución forzosa. Responsables do organismo ferroviario manifestaron onte que os seus servizos xurídicos estudan nestes momentos o contido do fallo do Supremo polo que aínda non tomaron unha decisión.

Toda sentenza debe ser executada nos seus propios términos, é un dos principios fundamentais do dereito á tutela xudicial efectiva. Se o Supremo anula o plan parcial e obriga a recalcular o aproveitamento para otorgarlle unha parte a Adif, isto é o que hai que facer e obriga a efectuar un novo expediente de reparcelación.

Alternativas

O Concello da Coruña tamén pode solicitar ao Alto Tribunal a inexecución da resolución xudicial por imposibilidade material de cumplila e Adif pode non opoñerse pero en calquer caso, se hai unha negociación ou se intenta un acordo para evitar cumplir o fallo xudicial, son os tribunaies os que teñen a última palabra e din se aceptan ou non solucións que eviten o que resolveron en sentenza.

O Executivo local, noutros casos nos que o Supremo fallou tamén na súa contra como co edificio Conde de Fenosa, legalizou a situación modificando o plan xeral urbán. Se o Executivo municipal coruñés optase por unha solución similar no caso do Parque Ofimático surxiría un problema: a intensidade do sector é de 1,1 metro cadrado por metro cadrado pero agora a lei do solo limita a intensidade nestes ámbitos a 1 metro cadrado por metro cadrado, é dicir, menos edificabilidade, o que obrigaría ademais a recalcular os datos da memoria do plan xeral.

"A urbanización vai quedar preciosa, está moi ben deseñada, é urbanismo intelixente, con zonas verdes, pisos de boa calidade, poucas alturas e a un bo precio, é un luxo", explica un cooperativista respecto aos pisos protexidos que se executarán no Parque Ofimático. Os afectados descoñecen sequera unha data aproximada de entrega das chaves das vivendas pero sinalan que as obras de urbanización están orzamentadas para este ano. "Agora todo vai depender da vontade de Renfe", engade un cooperativista. Arturo Franco, López Mihura e Romero Teijo, Naos ou Rodríguez e Rivoira son algúns dos arquitectos que deseñarán o Parque Ofimático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario