19/1/10

A Universidade asegura que hai demanda para unha residencia pública

La Opinión de A Coruña
18/01/10
A Coruña
Comprométese a asumir o custo do mantemento das instalacións
REDACCIÓN A CORUÑA. A Universidade sostén que a viabilidade económica e social dunha residencia universitaria está garantiza pola "gran demanda" existente.

Destaca que hai máis de 8.000 universitarios galegos e de outras comunidades como Asturias e Castela e León, así como varios centos de Erasmus, que teñen que resolver o seu problema de aloxamento na cidade "máis cara" de Galicia. Engade que os alumnos da UDC, 20 anos despois da aprobación do plan parcial do campus, están "penalizados" no sistema universitario español e no galego.

Por iso, espera acadar pronto os 25.000 alumnos cunha oferta pública de aloxamento universitario. A institución académica asegura que o Estado xa comprometeu o seu apoio á iniciativa, pero o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) debe informar de forma favorable a solicitude ao Ministerio de Vivienda de máis de catro millóns de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario