18/1/10

Un proxecto con catro anos de vida e múltiples paralizacións

La Voz de Galicia
15/01/10
A Coruña.


Ana Lorenzo.

A Consellería de Vivenda decidía, no ano 2006, iniciar os trámites para que A Coruña contase coa súa primeira residencia universitaria pública, un proxecto que poucos meses despois -e tras convocar un concurso de ideas a nivel internacional- contaba cun deseño asinado por catro arquitectos cataláns. Porén, os trámites administrativos non foron tan rápidos, e unha modificación no PXOM coruñés provocou que a actuación se retrasase case dous anos.

De feito, houbo que redactar en dúas ocasións os cambios realizados no documento urbanístico para que a anterior Consellería de Política Territorial dese visto bo e se puidese pedir a licenza de obra e convocar o concurso de licitación, ao que se presentaron 23 empresas.

Cando xa se anunciaba que en marzo ou abril do 2009 se coñecería a compañía elixida e poderían empezar as obras, o cambio de Goberno da Xunta fixo que todo o proceso se paralizase, e se retrasase ata o primeiro trimestre deste ano, última data anunciada para a súa adxudicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario