30/7/10

A Xunta “aparca” a residencia de Elviña e pon en risco o orzamento universitario

El Ideal Gallego
30/07/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Parece que as obras da residencia pública de Elviña tampouco empezarán este verán e desde a Universidade empezan a perder a paciencia. Onte mesmo esperábase que o Consello de Goberno da Xunta aprobase a adxudicación da obra, pero tampouco. Por ese motivo, o secretario xeral da entidade educativa, Carlos Amoedo, prevía que haxa que esperar “até setembro” para que continúe o proceso, de forma que a partida que se debía destinar a sufragar os traballos, prevista para 2011 “pérdese”. Desde hai máis dun ano leva a empresa encargada deste proxecto esperando recibir o documento que lle permita empezar a construír e segue aguardando aínda unha resposta do Instituto Galego de Vivenda e Solo –dependente da Consellería de Infraestruturas– Moitos quéixanse de que as demoras obedecen a problemas económicos e outros de que o Executivo galego actual plantexa problemas á infraestrutura, pero todos coinciden en que cada día que pasa A Coruña sen un aloxamento público vai en perxuízo do seu sistema de educación superior e da cidade en xeral.

Esta nova infraestrutura podería albergar a 600 alumnos, unha cifra que, segundo mencionaron en reiteradas ocasións fontes cercanas á Universidade sería insuficiente tendo en conta o total de matriculados, que ascende a máis de 24.000 persoas este ano. Aínda así, o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, manifestou en distintas ocasións que esta carencia será aínda máis decisiva nun futuro próximo, coa entrada en vigor do Espacio Europeo de Educación Superior. E é que coa adaptación a Bolonia, A Coruña verase obrigada a competir “en inferioridade de condicións”, non só co resto de universidades do país –hai que recordar que é a única que non conta con aloxamento público–, senón tamén coas do resto dun continente onde, co novo plan, os alumnos terán unha mobilidade moito maior.

O problema de que a Universidade non teña unha residencia para os seus matriculados é un conflicto que afecta tamén á economía dos alumnos na cidade, xa que a maior parte das facultades están lonxe do casco urbán e estes vense obrigados ou ben a facer un largo traxecto a diario ou a pagar un aluguer. No caso de que la elección sexa abonar a renta dun piso cercano ao campus, tal como declarou no seu momento Martínez, “están nunha das cidades con alugueres máis caros de Galicia”. Se a elección é desprazarse en bus cada día, o problema é similar, xa que, tal e como denuncian os estudantes desde hai anos, a Universidade non conta cun servicio de transporte urbán gratuito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario