23/7/10

O Consello de Goberno da UDC refrenda o acordo coa Xunta sobre a residencia universitaria

La Voz de Galicia
23/07/10
A Coruña


O proxecto comezou hai case cinco anos cando se iniciaron os trámites para dotar á UDC do seu primeiro aloxamento público para estudantes.

A. L. A Coruña / La Voz

Os membros do Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) deron onte o visto bo ao borrador do acordo ao que se chegou coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que permitirá iniciar a construcción da residencia universitaria de Elviña. Agora, só resta que o Consello da Xunta faga o propio para que se proceda á firma definitiva do convenio, un acto que podería celebrarse este mesmo mes de xullo.

Desta forma poñerase fin a un proxecto que comezou hai case cinco anos, cando se iniciaron os trámites para dotar á UDC do seu primeiro aloxamento público para estudantes, cun coste total que está en 24,5 millóns, dos que 10,7 xa se incluíron nos orzamentos da Xunta deste ano. O acordo ao que chegaron a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade da Coruña estipula que a primeira se fará cargo da construcción do inmoble e da adecuación do seu entorno, mentras que a segunda recibirá a obra e se encargará da súa xestión e mantemento.

Ademais, no Consello de Goberno de onte, o reitor coruñés tamén falou do proxecto de campus de excelencia -rexeitado polo Ministerio de Educación-, e afirmou que se seguirá traballando e mellorando o proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario