La Opinión de A Coruña
13/07/10
A Coruña
A. M. A Coruña
Un mes despois de anunciar o desbloqueo do proxecto da primeira residencia universitaria pública da cidade, parece que o único avance foi o acordo entre Xunta e Universidade polo que a primeira se encargará da construcción do complexo e a segunda do seu posterior mantemento.
A proposta do Instituto Galego de Vivenda e Solo está sendo estudiada pola asesoría xurídica da Universidade da Coruña e, segundo fontes da mesma, será enviada este mesmo mes ao Consello de Goberno da Xunta para que se encargue da súa aprobación definitiva e poidan así axilizarse os trámites necesarios para adxudicar a execución da obra.
Mentres tanto, os veciños das inmediacións do campus universitario e do núcleo rural do Castro de Elviña, aseguran no ter recibido noticia algunha, ademais da citación para abandonar as súas vivendas e entregar os seus terreos entre hoxe pasado mañana, sobre o que as súas protestas polas indemnizacións e os realoxos se refire.
A residencia universitaria, que se situará na ladeira que une os campus de Elviña e da Zapateira e tenrá máis de 600 prazas de aloxamento para estudantes e profesores, conta xa coa licenza de obra do Concello e cunha partida de 10,7 millóns de euros que o Goberno autonómico incluíu nos orzamentos deste ano para comenzar os traballos. A inversión total, que inclúe a construcción do complexo residencial e o acondicionamento da parcela e dos accesos a ela, ascenderá aos 24,5 millóns de euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario