3/5/09

Os veciños de Elviña, perennes expropiados do Concello coruñés

Existe temor a que se inicien as obras da residencia do campus da UDC antes de realoxar aos afectados de doce casas que se derribarán ·· O pacto verbal con Vivenda o 18 de febreiro aínda non foi asinado

(El Correo Gallego) "O Plan parcial para o Campus Universitario (aprobado o 18 de outubro de 1991) obriga ao realoxo de expropiados no seu entorno", recorda Carlos Maceiras, presidente da Asociación de Veciños Os Rexumeiros de Elviña e Castro, quen teme que se inicie a construcción da área residencial da Universidade da Coruña (UDC) sen terse dado unha solución aos vinte habitantes das doce vivendas afectadas polo proxecto.

É máis, recorda que "tras un ano de negociacións chegamos a un pacto coa Consellería de Vivenda o pasado 18 de febreiro, pero polo cambio de goberno non se chegou firmar", polo que espera que "as novas autoridades fosen informadas deste acordo no traspaso de poderes realizado días atrás".

Maceiras, sobre as conversas mantidas primeiro co Concello da Coruña e as consellerías de Innovación e Industria, que amplía as instalacións do Parque Tecnolóxico da UDC, e de Vivenda, da que depende a nova área residencial do campus de Elviña, sinala que "esta última foi a que asumiu finalmente as competencias das outras administracións para chegar a un pacto".

"As negociaciones foron duras, xa que no entendiamos como Industria pagaba ultimamente a expropiación das casas a 812 euros o metro cadrado, que ao final foi o acordado, para o seu Parque Tecnóloxico, cando ao lado, Vivenda para a súa Área Residencial só ofrecía 520 euros", precisa o presidente veciñal, quen afirma que, por outro lado, en canto ao solo urbán consolidado (fincas nas que se pode edificar) contrasta que "se expropiara a 105 euros o metro cadrado", cando pola parte inferior ao campus, no novo polígono de Mesoiro os promotores comprárono a 600 euros. "Esa é a diferencia real co mercado", apunta.

"Gustaríanos seguir con este mesmo tipo de vida, sen ningún asedio constructivo", comenta pola súa parte Luís Gómez, vicepresidente da A.VV., quen argumenta que "sabemos que a residencia universitaria e o parque tecnolóxico son necesarios pero pedimos que se fagan dunha forma racional, e por iso queremos que se anule o PERI (Plan especial de reforma de 1991) da zona e esta pase a ser un ARI (Área de rehabilitación integral) dun núcleo rural".

"O 25 de marzo pedímoslle unha entrevista á edil de Urbanismo no Concello, e o 21 de abril ao Alcalde, e aínda non temos novas", indica Maceiras, quen di que nunha reunión mantida o martes, co reitor da UDC, José María Barja, este aseguroulles que non desexa ter ningún conflicto social.

2 comentarios:

  1. Polo ben de todos, patrimonio Incluido, que a aldea tamén o é e non so o castro como ben sabes Lois, espero que se aprique esa "racionalidade" e de paso algo de sensibilidade, para evitar certo feismo patrimonial e moral que soe sen corrente nestes caso

    Posteeivos no meu bloge

    Un saudo meus, e a haber cando te pasar por Trasancos pra tomar unhas cañas ho

    ResponderEliminar
  2. E arreglade o dos comentarios que non me deixa usar o URL do meu blogue real,ao menos o que uso de momento:

    http://www.blogoteca.com/archetenrreiro

    ResponderEliminar