La Opinión de A Coruña
04/03/10
A Coruña
Redacción A Coruña
O Tribunal Superior de Xustiza estimou un recurso no que o Concello mostra a súa disconformidade coa valoración dunha das parcelas que serán expropiadas para a execución do plan especial para o Castro de Elviña. Esta decisión obriga a que se estime un novo prezo para a finca.
"Estimamos o recurso contencioso formulado pola representación do Concello da Coruña contra o acordo dictado polo Xurado de Expropiación de Galicia, declarando a nulidade da resolución recurrida e acordando a súa retroacción a fin de que se dicte un novo acordo de valoración", informa o documento da sentenza.
Unha das causas polas que o tribunal estimou que a valoración do terreo non é a correcta é a condición urbanística deste. A sentenza expón que os encargados de determinar a valoración do solo consideraron a finca como solo urbanizable, a pesar de que a parcela non está calificada como tal.
O proxecto que motivou as expropiacións ten como obxectivo restaurar o Castro de Elviña e convertir os seus arredores nunha zona de paseo.
O propio texto da sentenza recorda que tanto o castro como os terreos nos que se encontra "están integrados dentro do patrimonio cultural de Galicia e no patrimonio histórico español".
A ver se tamén se pronuncian a respeito do atraco na inmunda expropiación universitaria. Moito ánimo!
ResponderEliminar