6/3/10

O TSXG obriga á Xunta a cambiar o xustiprezo das expropiacións en Elviña

La Voz de Galicia
06/03/10
A Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso plantexado polo Concello da Coruña e algúns propietarios de casas e terreos en Elviña, que se opuxeron ao xustiprezo que impuxo a Xunta sobre os terreos afectados polo plan especial de protección e recuperación do castro de Elviña e protección da paisaxe natural.

Tanto os afectados como o Concello alegaron ante o alto tribunal galego que «os terreos expropiados forman parte dun sistema xeral ao que non lle é de aplicación a doutrina dos sistemas xerais, debendo ser valorados con arreglo á súa clasificación e, por tanto, polo método de comparación e subsidiariamente polo de capitalización de rendas, aludindo aos valores arqueolóxicos da zona e ás determinacións do plan especial que regulou urbanisticamente a zona».

O TSXG mostrou na sentenza as súas dúbidas de que o sistema xeral previsto no Plan Especial da Coruña e que deu lugar ao proxecto de expropiación do que se deriva o xustiprezo, «poida ser considerado sen máis como un parque público, e en tal caso non existiría dúbida pola súa evocación e destino». Así as cousas, o tribunal dálle a razón aos apelantes e dille á Xunta que volva impoñer un prezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario