1/3/10

Un proxecto para consolidar achados de Luengo

La Voz de Galicia
01/03/10
A Coruña

A última campaña no castro de Elviña prolongouse seis meses, frente aos dous que soen durar. Agora mesmo, os expertos analizan o inxente volume de información recabada, fan traballo de laboratorio e revisan os planos das dezaseis seccións nas que se dividiu. «Acabamos de rematar a segunda sección», apunta Bello.

Xunto a iso, o director do Museo Arqueolóxico pensa xa en distintos proxectos. A escavación da nova muralla non centra, porén, a súa próxima iniciativa de consolidación. «Penso más en comenzar por o escavado nos anos 40 e 50, que están nunha situación delicada», apunta.

Para iso, Xosé María Bello ultima un proxecto de proteción que remitirá ao Concello, «Corren peligro de destrucción por os temporais», explica antes de recordar que «o ano pasado o Klaus tirounos a caseta da obra, nunha destas pode tirar con eses muros».

Etapas
Pendente do desenrolo do ambicioso proxecto asinado por Gallego Jorreto, o castro de Elviña foi obxecto de repetidas intervencións e abandonos, de modo que alternativamente houbo etapas nas que se puxeron ao descuberto as antiquísimas construcións, con achados relevantes, para dar paso a outros períodos nos que a maleza ocultaba calquera vestixio.

As primeiras escavacións datan dos 40, Luengo e Monteagudo traballaron ata o 52, e aínda que no 62 foi nomeado monumento histórico, ata o 79 non se volveu recuperar, da man de Felipe Senén. A partir do 85 volveu caer en desgraza ata que no 2002 retomáronse os traballos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario