4/3/10

Os alumnos acamparán en Elviña para esixir unha residencia pública

El Ideal Gallego
04/03/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Os estudantes, ao igual que os responsables da Universidade, entenden que a construción dunha residencia no campus de Elviña é “prioritaria”. Por ese motivo anunciaron onte que se movilizarán dunha forma peculiar, acampando frente ao solar onde prevé construírse o novo aloxamento a finais deste mes.

Pretenden con esta medida, tal e como apuntou o seu portavoz, Marcos Loureiro, “meter presión” á Xunta, en concreto á Consellería de Medio Ambiente, da que dependen os traballos, para que se demoren o menos posible. E é que xa hai meses que se solventaron todos os trámites para que comenzase a actividade e agora só resta que os responsables do Executivo autonómico adxudiquen a obra, pero a autorización demórase porque, tal e como expresaba a semana pasada o conselleiro Agustín Hernández, están analizando a súa viabilidade.

O portavoz dos Comités, Marcos Loureiro, anunciou onte a acampada. susy suárez


Sinaturas > Os representantes do sindicato os Comités (antigos CAF) iniciaron onte unha recollida de sinaturas durante a cal volveron recordar que a coruñesa é a única universidade de España que non conta cunha residencia pública. Ademais expresaron a súa inquietude ante o rumor de que detrás do retraso do proxecto se esconda o interese de construír un centro privado e avisaron de que levarán o asunto ao claustro.

Estas instalacións estarían preparadas para albergar tan só ao 15% dos matriculados na Universidade e, aínda que esta porcentaxe é insuficiente si se pretende igualar a súa capacidade á doutros centros europeos, desde o reitorado manifestaron en varias ocasións que ven no proxecto un importante primeiro paso. Os comités pola súa parte non se conforman con isto. Esperan ademais, que unha vez posto en marcha o programa, primen os criterios económicos sobre os académicos para poder acceder a unha praza. Desta maneira atenderían a aqueles que non puidesen pagalo.

1 comentario:

  1. Sería ben que tamén levasen ao claustro o tema dos estragos que está a facer a universidade en Elviña.
    Deixando a un lado, toda a destrucción do medio natural/cultural, e deixando a dubidosa adquisición das terras,
    ONDE CARALLO ESTÁ O REALOXO DOS VICIÑOS?!

    Ora ben, se cadra hai xente só interesada na demagoxia para apañar votos e outras cousas.

    ResponderEliminar