18/10/11

A Universidade delega a tramitación das licenzas nas adxudicatarias das obras

La Opinión de A Coruña

A Coruña

18/10/2011



ÁNGELA FERNÁNDEZ A CORUÑA A empresa adxudicataria das obras que incluíron nos aparcamentos da Escola de Arquitectura Técnica e da Facultade de Ciencias unha planta de despachos sen a necesaria autorización do Concello tiña a obriga de pedir a licenza municipal, segundo consta no prego de condicións do proxecto, unha condición que se repite noutros concursos de proxectos que a Universidade executou sen licenza. No documento estipúlase que o contratista debía "xestionar o otorgamento de licenzas, impostos, autorizacións e requerimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais" e especificaba que tería que realizar estes trámites tanto para iniciar, executar ou entregar a obra pedindo á Universidade os documentos que necesitase.

Fontes da institución académica aseguran que é habitual que nas licitacións de obras públicas se estableza esta condición, que evita que os funcionarios teñan que realizar o proceso administrativo de petición de permisos. Eso si, cada entidade, engaden, inclúe esta opción nos seus pregos de condicións dunha maneira distinta, sendo a da Universidade clara nos seus preceptos, nos que tamén inclúe o abono dos gastos que supoñan as licenzas requeridas para desenrolar o proxecto. Ademais, tras a realización deses gastos -que corren a conta da adxudicataria-, engade este documento do concurso público e outros correspondentes a outros proxectos, o contratista debe dar coñecemento "inmediatamente" ao Reitorado "de ter cumplido ditos trámites".




Máis información:



http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/10/18/universidad-delega-tramitacion-licencias-adjudicatarias-obras/542545.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada