28/10/10

O partido Corcoba pide que se edifique con fondos públicos unha residencia para universitarios

El Ideal Gallego
28/10/10
A Coruña

Redacción > A Coruña

O partido local Coruñeses Con Buenos Argumentos (Corcoba) denunciou onte a gravedade do problema da vivenda dos estudantes universitarios. O seu líder, Fernando Corcoba, sinalou que existen 150 barracóns sen licenza nas zonas que rodean os campus da Zapateira e Elviña.

Corcoba recorda que en Santiago existen 1.300 prazas públicas para residentes universatarios. En Lugo, 97; en Vigo, 412, e en Ourense, 194, mentras que na Coruña non existe ningunha a día de hoxe.

De aí que o líder do partido local pida tanto aos responbales do PP ou do PSOE, xa sexa no seu papel de concelleiros ou deputados, que esixan unha modificación nas partidas orzamentarias que actualmente están a trámite para que se se pode, "reparar a situación de inxustiza na que viven os universitarios coruñeses e os seus familiares".

O colectivo chega a 4.000 estudantes e Corcoba opina que a solución pasaría por unha residencia universitaria de carácter público que debería levantarse canto antes, despois de 20 anos de espera.

A Universidade alerta dos problemas de acceso dos estudantes á vivenda

El Ideal Gallego
28/10/10
A Coruña

L.F. > A Coruña

A Universidade tamén analizará estes días a situación da vivenda na cidade, nas xornadas organizadas polo Concello, unha cuestión que afecta directamente á entidade académica, segundo o seu vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez.

Segundo o responsable universitario, a falta dunha residencia para estudantes está xenerando na actualidade que o problema de acceso á vivenda "pase de ser cidadán a ser tamén universitario", con "miles de alumnos que necesitan un aloxamento", que, en moitos casos, "non está garantizo".


Prezos elevados > Ademais, añadiu que a urxente necesidade das persoas que levan a cabo os seus estudos na cidade por buscar aloxamento, así como as escasas opcións á súa disposición fan que "se xenere tamén un problema nos prezos"; que, normalmente, comenta, soen ser elevados e, incluso, chegan a ser abusivos.

Ante esta situación, o vicerreitor puxo de manifesto a necesidade de impulsar o proxecto para construír o aloxamento público previsto no campus de Elviña, co obxectivo de igualar as condicións que se dan noutras cidades europeas. "O de crear prazas universitarias é algo que xa ocorre no resto de Europa"; manifestou Martínez, que apuntou que se trata dun "servizo público máis". Con todo, a Xunta non prevé que os traballos do inmoble non dean comezo polo menos ata o ano que vén.

20/10/10

A Xunta apraza a construcción da residencia universitaria para 2011

La Opinión de A Coruña
20/10/10
A Coruña
Redacción / A Coruña
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recoñeceu onte, tras a inauguración da reforma da sede da Real Academia Galega, que a Xunta aprazará a construcción da residencia universitaria para o próximo ano. "Estaremos nin periodo de reflexión sobre os proxectos do complexo residencial e o executaremos no exercicio de 2011", apuntou o popular.
O responsable de Infraestruturas recordou que o Goberno galego asumiu o compromiso de "crear unha residencia pública" despois de comprobar que o proxecto elaborado pola Xunta do bipartito "tiña grandes deficiencias" e asegurou ter a intención de "resolver esa cuestión unha vez estea resolto o problema urbanístico".
O pasado xoves, porén, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, indicou que non podía dar unha data concreta para a adxudicación do proxecto da residencia universitaria "para non dicir unha mentira se despois non se cumpre". Aínda que si asegurou que "o proceso de adxudicación está aberto desde hai tempo e a punto de terminar".

Hernández apraza o proxecto da residencia universitaria ata 2011

El Ideal Gallego
20/10/10
A Coruña
M. Pérez > A Coruña
Hai meses que a Xunta e a Universidade dirimen o futuro da residencia universitaria de Elviña e non hai tanto -menos dunha semana- que o reitor, José María Barja, asegurou que non se avanzara ao respecto. Pero onte o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, confirmou que será en 2011 cando "arrancará" o proxecto. Os traballos, que dependen do Instituto Galego de Vivenda e Solo (o IGVS) -e este á súa vez da consellería que dirixe Hernández-, encóntranse actualmente en fase de adxudicación. Tras coñecer a noticia, o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, lamentou a demora e achacouna aos "tempos da administración política".
Hernández xustificaouse onte asegurando que na actualidade están analizando "a mellor forma" de levar a cabo o proxecto, que ten defectos "herdados" do anterior goberno.
Está previsto que a nova estrutura poida albergar cerca de 600 alumnos, pero desde a entidade educativa aseguran que de non contar con ela, o campus coruñés xogaría en desventaxa con respecto a outros de Europa, especialmente este ano que entra en vigor o Plan Boloña.
A entidade educativa e o Executivo autonómico asinaran un convenio o pasado mes de xullo segundo o cal o propio campus sería o encargado do mantemento da futura obra, pero desde entón non se soubo nada máis ao respecto. Os responsables universitarios xa manifestaron en diversas ocasións que a tardanza ía en perxuízo do servizo que ofrecen aos alumnos e supoñía un problema a moitos niveles. Un deles é a concesión do Campus de Excelencia Internacional, un proxecto ao que a entidade educativa se presentou o curso pasado e que lle foi denegado. Fontes cercanas á educación superior na cidade aseguran que é difícil que se conceda este galardón á única universidade de España que non conta cun aloxamento público para os seus alumnos.
Martínez xa recordou hai meses que "cada día que se retrasa é un perxuízo", tanto para a cidade como para o sistema universitario de Galicia en xeral. Ao mesmo tempo, a vontade dos responsables do campus de contar cada ano con máis estudantes estranxeiros podería verse frenada, xa que moitos deles non elixirían un recinto no que non puidesen pernoctar de manera gratuíta.

14/10/10

Calvo di que a adxudicación da residencia universitaria "está a punto" pero non dá datas

La Opinión de A Coruña
14/10/10
A Coruña

O reitor da Universidade da Coruña recoñeceu onte non ter novas sobre a adxudicación do complexo residencial que se emprazará no campus de Elviña pese a estar "todo licitado"

Redacción A Coruña

"Non podo dar unha data concreta porque se despois non se cumpre, dirase que estamos mentindo", apostillou onte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, preguntado pola data de adxudicación do proxecto da nova residencia universitaria.

Calvo recordou que "o proceso de adxudicación está aberto desde hai tempo e a punto de terminar". Porén, non indicou posibles datas "para non dicir unha mentira". O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, recoñeceu onte non ter novas sobre a adxudicación do complexo residencial que se emprazará no campus de Elviña pese a estar "todo licitado" e pendente do anuncio do Executivo galego.

10/10/10

A falta de placas deixa sen cartas aos veciños de Elviña

La Opinión de A Coruña
03/10/10
A Coruña

Víronse obrigados a colgar carteis coas súas novas direccións para que o carteiro non devolva as súas cartas e facturas e denuncian sentirse "ninguneados" polo Goberno municipal

Por se non lles chegaba coas expropiacións para construír a residencia universitaria, os veciños de Elviña-Castro levan tres meses sen correspondencia porque o Concello aínda non colocou os novos rótulos nas rúas do barrio, que cambiaron de nome hai máis de dous anos. Mentras o representante veciñal confesa sospeitar que son "ninguneados" desde María Pita por ser críticos co Executivo local, o edil de Infraestruturas avanza que a elaboración das placas xa foi adxudicada

Aida Mosquera A Coruña

Os veciños de Elviña-Castro levan cerca de tres meses sen recibir a súa correspondencia porque as rúas nas que viven carecen de rótulos actualizados que orienten os carteiros do servizo de Correos. O problema, explican, vén dos cambios realizados hai máis de dous anos co obxectivo de devolver ás direccións da zona os seus nomes tradicionais. Porén, denuncian, "esto non debería suceder porque, despois de que se aprobase en pleno a modificación, realizáronse os trámites oportunos no rexistro"; por este motivo, están convencidos de que "a culpa a ten o Goberno municipal", que aínda non colgou as placas informativas oportunas nas fachadas do barrio.


Un dos carteis colgados polos veciños nas portas das súas vivendas indicando a nova dirección. / carlos pardellas


"Aínda que o carteiro tamén ten parte de culpa porque nos consta que Correos recibiu do padrón municipal o novo plano cos nomes das rúas e os números dos portais, a quen responsabilizamos é ao Concello porque nós fixemos a parte que nos tocaba -trámites con Facenda, a Seguridade Social e o rexistro municipal- hai case un ano e seguimos esperando a que a Concellaría de Infraestruturas coloque unhas cantas placas", apostilla o presidente da Asociación de Veciños Os Rexumeiros, Carlos Maceiras. "En María Pita están ninguneándonos porque somos un barrio pouco complacente e bastante crítico", engade.

As críticas dos veciños óesen a diario na taberna do barrio onde Carmelo Seoane, o taberneiro, suliña ter presentado xa dúas denuncias contra Correos e lamenta "a deixadez total" do Executivo local cun barrio "que xa bastante ten coas expropiacións que sofre desde hai 25 anos".

O concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo, asegura, porén, que a elaboración dos rótulos cos nomes das rúas estaba pendente de adxudicación e que, "agora que xa se adxudicaron", a próxima semana trasladará á empresa en cuestión que "a primeira tanda sexa para Elviña-Castro". Deste modo, en declaracións a este medio, o edil apunta que as rúas de San Vicente de Elviña "terán novas placas no que tarde a empresa adxudicataria en fabricalas e suministralas".