24/4/10

A Xunta adxudicará a residencia de estudantes se a Universidade a xestiona

El Ideal Gallego
24/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

A Xunta adxudicará a residencia de Elviña en canto a Universidade acorde que se fará cargo do mantemento e a xestión da nova infraestrutura. Sabíase que ambas institucións levaban tempo negociando para que comezase a andar definitivamente un proxecto que a entidade educativa xa acordara levar a cabo co anterior Goberno autonómico pero, por primeira vez, o actual Executivo asegura que “empregará como referencia o proxecto acordado co goberno anterior”.

A noticia foi ben recibida polo reitor da Universidade, José María Barja, que valorou o feito de que se poida continuar sobre o xa planeado: “Consideramos positivo que a Xunta tome como referencia o feito antes”. Xa que, do contrario, o proceso se dilataría aínda máis.



O reitor e o conselleiro de Medio Ambiente falan durante unha visita ao campus. javier alborés

O titular da Consellería de Medio Ambiente, Agustín Hernández, indicou a Barja nun comunicado publicado onte que “é imprescindible contar co acordo expreso” para garantir un compromiso de conservación e mantemento antes de seguir adiante coa infraestrutura.

Ademais, na citada misiva Hernández explica ao responsable da Universidade que o avance nos pasos destas obras estivieron condicionados pola necesidade de completar un proceso de disponibilidade de terreos, así como polas xestións no ámbito financieiro do Instituto Galego de Vivenda e Solo. As complicacións surxidas nestas áreas serían as culpables das demoras, un retraso que desde a Universidade xa achacaran a un problema principalmente económico.


Negociación > Anuncian desde a Xunta que unha vez concluídos os trámites que impedían dar pasos cara adiante “retoman o impulso do expediente”, empleando as ferramentas que a situación orzamentaria lles permita e poñéndoas a disposición da Universidade. Porén, Barja non daba onte por concluídas as conversacións con Medio Ambiente e aseguraba que están “nun proceso de negociación”, aínda que si destacou o anuncio do Goberno galego como “algo que valoramos”.

A Universidade leva tempo solicitando avances por parte da Xunta para poder empezar a construír unha residencia pública e deixar así de ser a única de España que non conta con este tipo de servizo. O problema é que o próximo curso, a entidade educativa integrarase por completo no Espazo Europeo de Educación Superior (Plan Boloña) e para entón pretende poder competir con outros centros do Estado e do resto de Europa en igualdade de condicións, por ese motivo desde varios sectores da institución queixáronse de maneira recurrente polos retrasos.

Así mesmo, a entidade prevía entrar este ano no programa campus de excelencia internacional e tería moi complicado acceder a este e ás axudas económicas que conlevaría, se non presenta a súa candidatura cun proxecto de residencia pública.



Máis información:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/04/24/gobierno-gallego-adjudicara-residencia-universidad-gestiona-despues/378509.html

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/04/24/0003_8439727.htm

23/4/10

A Xunta adxudicará a residencia universitaria da Coruña cando a UDC acorde o seu mantemento

La Voz de Galicia
23/04/10
A Coruña

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, reiterou por carta ao reitor, José María Barja, a intención da Xunta de executar esta obra.

EFE

A Consellería de Medio Ambiente anunció hoxe que adxudicará as obras de construción da residencia pública universitaria no campus coruñés de Elviña tan pronto conte co «acordo expreso» da Universidad da Coruña (UDC) de garantir a súa conservación, mantemento e xestión unha vez terminada a obra.

Segundo informaron desde o departamento autonómico nun comunicado, o conselleiro, Agustín Hernández, reiterou por carta ao reitor da UDC, José María Barja, a intención da Xunta de executar esta obra.

Na carta, indicaron desde a Xunta, o conselleiro tamén explicou ao reitor que a demora na tramitación do expediente tivo que ver coa necesidade de completar o proceso de disponibilidade de terreos, así como polas xestións no ámbito financieiro do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Será precisamente este organismo o que se encargue da execución da obra, para o que utilizará como referencia o proxecto tramitado polo anterior Goberno autonómico, sinalaron desde a Consellería.


Máis información:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/04/23/xunta-adjudicara-residencia-udc-acuerde-mantenimiento/378275.html

A pegada ecolóxica que deixa a Universidade supera 50 veces o territorio dos campus

El Ideal Gallego
23/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Para contrarrestar o impacto ecolóxico da Universidade farían falta cerca de 3.500 hectáreas de bosque, unhas 50 veces o tamaño do territorio que ocupan os campus coruñeses, segundo estudio sobre “a pegada ecolóxica” da entidade educativa no curso 2007/2008. “Non somos a máis eficiente pero tampouco a peor”, apuntou Manuel Soto, director da oficina de Medioambiente e encargado de levar a cabo esta análise, que se realiza por primeira vez no campus herculino.

A pegada ecolóxica é un indicador empleado para medir a repercusión dunha poboación sobre o entorno que habita. É exactamente, a área de territorio ecoloxicamente productivo necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos dunha poboación.

No caso das facultades, o maior agresor ambiental é a mobilidade. O tráfico que se xenera en torno aos centros, sobre todo en Elviña, a Zapateira e Oza, a onde os alumnos soen acudir cada día en coche o autobús. Soto explicou que os transportes, a emisión de fumes e o consumo de combustible, supoñen un 43,5% do total do perxuízo: “Sobre todo pola distancia a percorrer entre os fogares e os centros”.
Manuel Soto (á dereita) presentou onte o informe xunto a Xosé Lois Martínez e Jesús Giz

Ao parecer, só un 6% das persoas que acuden diariamente aos seus lugares de traballo ou estudo -é dicir, tanto alumnos como profesores- faino a pé, aínda que o índice se reduce sensiblemente cando se refire aos campus de Ferrol ou aos situados no casco urbán coruñés.

A pesar deste obstáculo, dificilmente salvable, xa que os centros non poden cambiar a súa ubicación, as cifras da Universidade non son moito peores que as doutras similares, como a de Santiago que, a pesar de ser maior, conta cunha “pegada per cápita” moi similar á cidade -cerca de 0,15 hectáreas-.


Calefacción > O seguinte axente daniño na lista é o consumo de enerxía eléctrica, que supón un 25% do total, ao que habería que engadir o 13% da calefacción que, aínda que utiliza gasóleo, contribúe decisivamente a incrementar o deterioro.

Para subsanar esta situación, nestes momentos están funcionando xa dous plans sectoriais que previsiblemente poderán mellorar o aproveitamento de recursos e a sostenibilidade. Trátase dun programa sectorial enerxético e outro de mobilidade, que levan en marcha desde o ano pasado e que xa poderían ter reducido a pegada ecolóxica nun 4%.

Consisten principalmente en cambios realizados nas formas de iluminación, o fomento do empleo de bicicletas ou a utilización de enerxías renovables, como a solar ou a eólica, que actualmente se emplean na Universidade, pero que deberían contar cun maior protagonismo.

22/4/10

Barja afirma que segue negociando coa Xunta a posta en marcha da residencia universitaria

La Voz de Galicia
22/04/10
A Coruña

Ana Lorenzo

A construción da residencia de Elviña, a primeira pública coa que contará a Universidade da Coruña, é un tema que seguen negociando a Xunta e a institución académica coruñesa, a pesar de que é un proxecto que se iniciou hai cinco anos e que xa debería estar en marcha. Nas últimas semanas, os responsables do Goberno autonómico enviaron unha proposta á UDC sobre como querían que fose este aloxamento, e no que deixaban entrever que estaban dispostos a variar o deseño inicial, e incluso a que fose xestionado por unha empresa privada.

Desde a institución académica coruñesa non estaban de acordo con estas suxerencias e así llo fixeron saber, posto que xa se percorreu moito camiño para poñer en marcha este proxecto, e cambialo significaría perder tempo e diñero. Así mesmo, desde o principio apostouse por unha xestión pública desta residencia, para que poidan acceder a ela a maior parte dos alumnos.

Onte, o reitor da UDC, José María Barja, confirmou que seguen pendentes desta negociación, pero que tamén son conscientes das dificultades económicas que trouxo a crise. «Desde a Xunta nunca dixeron que non ao proxecto da residencia; ao contrario, sempre se mostraron a favor, e mostran a súa vontade de levala a cabo, pero o recorte orzamentario fixo que se demorase», afirmou onte o responsable universitario.

20/4/10

O TSXG anula a valoración de parte dos terreos expropiados no Castro de Elviña

El Ideal Gallego
20/04/10
A Coruña

A.B. > A Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de emitir unha sentencia pola que impón ao xurado de expropiación de Galicia repetir a valoración económica dalgúns dos terreos expropiados dentro do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña, considerándoos, esta vez, terreos non urbanizables. É a súa resposta ao recurso interposto polo Concello en contra do xustiprezo dunha finca concreta aínda que, segundo se recolle na resolución, afecta a outros terreos incluídos no mesmo proceso de expropiación.

En consonancia coa postura do goberno municipal fronte os acordos de xullo de 2006 e febreiro de 2007 do xurado de expropiación, a sala do contencioso do alto tribunal galego anula estas dúas resolucións y ordena retrotraer as actuacións ata ese momento, a fin de dictar un novo acordo de valoración. Este deberá axustarse á tasación das fincas na data da primeira valoración, abril de 2004.

A clasificación do solo das parcelas afectadas polo plan do Castro de Elviña está detrás do recurso contencioso administrativo iniciado polo Concello en contra das resolucións do órgano autonómico. A administración apelante criticaba no seu recurso o criterio do xurado de expropiación que, “entendendo que o solo expropiado serviu para realizar un sistema xeral municipal, valora o mesmo como se fose urbanizable a pesar de encontrarse clasificado como non urbanizable”. Segundo aludía tamén o goberno municipal, o órgano de tasación errou “en varios expedientes cal é a calificación exacta do solo”. E postulaba: “Este non debe ser valorado como urbanizable”.



As fincas deberán ser tasadas como solo non urbanizable. archivo ec

Neste senso, alegaba o Concello que os terreos obxecto de litixio “forman parte dun sistema xeral ao que non é aplicable a doutrina dos sistemas xerais, debendo ser valorados conforme á súa clasificación”, e xustificaba esta postura nos “valores arqueolóxicos da zona” e “as determinacións do plan especial que regulou urbanisticamente a zona”.


“Crear cidade” > Como advirte o tribunal na súa resposta ao recurso contencioso administrativo, o debate céntrase en determinar se realmente se debe considerar que a creación do espacio protexido que é o Castro de Elviña “contribúe a crear cidade”.

Así o estimou, ao resolver sobre o xustiprezo, o xurado de expropiación, que fundou o seu acordo no feito de que os terreos ían “ser destinados á creación de sistemas xerais municipais, como a creación dun espacio protexido polo seu interés paisaxístico e arqueolóxico, integrado na armazón urbana da cidade, creando unha área de placer, destinada principalmente aos residentes da mesma, e que por iso contribúe a crear cidade”.

Contra este criterio, resolve o TSXG que o proxecto de expropiación en cuestión “non trataba simplemente de obter terreos para ser destinados a un sistema xeral netamente municipal orientado á creación de cidade (...), senón máis ben a un sistema xeral municipal que sirve á cidade, pero que non é a cidade pola sinxela razón de que os seus atributos arqueolóxicos prohíben que poida ser construído ou aproveitado urbanisticamente de ningún modo nin maneira”.


Singularidade > Con estas consideracións, o tribunal conclúe que as singularidades arqueolóxicas da zona impiden aplicar a doctrina dos sistemas xerais -que posibilitaría considerar o solo como urbanizable sen selo, seguindo o principio de equidistribución de cargas e beneficios-, porque os propietarios dos terreos sempre van verse privados de calquera aproveitamento urbanístico, ao estar limitados pola protección arqueolóxica.

Máis información:

A Universidade podería perder dous millóns se non se adxudica de inmediato a residencia

El Ideal Gallego
20/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

A Universidade podería perder máis de dous millóns de euros en subvencións se a Xunta non se dá présa en adxudicar as obras da residencia pública de estudantes. Segundo confirmou a semana pasada o reitor, José María Barja, a entidade educativa presentará a súa candidatura na próxima convocatoria de campus de excelencia internacional -en concreto na categoría de tecnoloxías e sostenibilidade- que realice o Goberno central. Este programa, tal e como recordou onte o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, podería supoñer á institución unha importante inxección económica en forma de axudas para financiar proxectos propios: “Hai a posibilidade de recibir un millón e medio, dous ou até tres millóns”.

O problema, alertou Martínez, é que para optar a beneficiarse do citado plan, terían que realizar unha solicitude “antes de un mes”, prazo que non parece probable que se cumpra xa que actualmente a Consellería de Medioambiente e a institución continúan negociando a adxudicación. Recalcou así mesmo que é “indispensable” para poder recibir esa distinción, que se otorga en función da calidade no servicio de cada centro, que o aloxamento estea adxudicado, posto que “toda a documentación presentada está montada en torno a esta construcción”. O edificio suporía unha mostra importante da capacidade da institución en materia de sostenibilidade, campo no que, precisamente, pretende destacar a Universidade.

Na convocatoria publicada no BOE o pasado 13 de abril, explícase que a idea coa que nace o plan é buscar a mellora na calidade das universidades e “conducir ata a excelencia aos mellores campus en beneficio do conxunto da sociedade”. Para esta fin, destacan a “especialización” como un dos puntos fundamentais do sistema universitario español. Estas premisas, se se ten en conta ademais que a coruñesa é a única universidade que non conta cunha residencia pública para estudiantes en Europa, reducirían ao mínimo as súas opcións nos campus de excelencia internacional.


Licenza municipal > Despois de que a entidade educativa elaborase un proxecto, que comezou a xestarse hai catro anos, o Concello concedeulle a licenza necesaria para comezar cos traballos do edificio que aloxaría a cerca de 500 estudantes -unha terceira parte dos matriculados-.

Xa había acordo co anterior Goberno autonómico, pero o cambio na titularidade -a saída do bipartito e a chegada do PP- obrigou a que se volvesen pactar os termos de financiación e a unha nova revisión dos planos, o que provocou que o proceso se ralentizase. Así, os retrasos acarrearon ademais de queixas por parte do equipo reitor, mobilizacións estudiantís como a que a pasada semana protagonizaron cerca de 30 mozos en Elviña.

O vicerreitor de Infraestruturas explicaba onte que a última das cuestións que planteou a consellería “pon en cuestión o plan director”, xa que o edificio foi incluído polo goberno local na futura planificación urbanística da cidade e un cambio podería supoñer modificacións globais nun organigrama xa trazado, aprobado e licitado, que “non sólo afecta á Universidade, senón a toda a cidade”.


Inversión > O Executivo galego ten previsto nas partidas deste ano invertir dez millóns de euros no proxecto da residencia que, en palabras do titular de Infraestruturas, “non se van poder invertir se non se adxudica”. Tal e como lamentou Barja a pasada semana, a crise económica está afectando de maneira sensible á institución nas partidas que lle chegan desde o Goberno autonómico e, por tanto, tamén dificulta que estes traballos se leven a cabo no prazo previsto. Os representantes do claustro reuníronse o pasado venres para aprobar a memoria do 2009 e, tras presentar o informe, o da financiación foi un dos principais temas que trataron.

Barja tamén recordou que as últimas manifestacións dos representantes do Goberno autonómico fan temer que as universidades galegas non se vaian librar da redución do gasto social nos próximos anos.

Segundo apuntou Martínez, o principal problema para que o proxecto non estea aínda adxudicado ten que ver coas dificultades económicas polas que atraviesa o país, que motivan que a análise por parte de Medioambiente e a secretaría xeral de Vivenda e Solo -encargada do proxecto- sexa minucioso.

17/4/10

Castro de Elviña organiza unha protesta na apertura da rúa de José María Luengo

El Ideal Gallego
17/04/10
A Coruña

R.L. > A Coruña

Advertiran de que sairían á rúa para reivindicar os seus dereitos e onte fixérono aproveitando a visita á zona de varios membros da corporación municipal e do reitor da Universidade, José María Barja. Os expropiados de Castro de Elviña, que terán que deixar as súas casas pola construción da residencia universitaria, concentráronse no campus durante o acto de inauguración da rúa adicada ao arqueólogo José María Luengo.

Os manifestantes presentáronse na zona con varias pancartas con consignas nas que reclamaban unha solución aos seus casos, que teñen o expediente paralizado pola falta de acordo entre o propio órgano educativo e a Xunta, sobre as condicións do realoxo e a compensación económica á que teñen dereito os afectados.


Un momento do acto do descubrimento da placa, que presidiu González-Garcés. GAGO

O concelleiro de Relacións Institucionales, Carlos González-Garcés, que presidiu o acto de homenaxe, así como a concelleira de Servicios Sociais, Silvia Longueira, que tamén acudiu ao encontro, conversaron durante varios minutos cos concentrados, aínda que non lograron deter as protestas.

Con todo, o evento levouse a cabo sen incidencias, xa que os veciños se mantiveron en silencio mentras tivo lugar a ceremonia, na que o edil dedicou palabras de homenaxe e agradecemento á labor de Luengo, fundador do Museo Arqueolóxico. Varios membros da familia acudiron ao lugar e agradeceron a distinción do Concello.

Ao seu término, as persoas concentradas retomaron as súas reivindicacións, con gritos e silbatos. Aparte de polos realoxos, os veciños tamén expresaron o seu malestar pola apertura desta nova vía ante o deficiente mantemento doutras rúa que se encontran, sobre todo, nos ámbitos rurais.


Máis información:

16/4/10

Os alumnos anuncian máis protestas ata que non se inicie a residencia universitaria pública

El Ideal Gallego
16/04/10
A Coruña

P. G. L. > A Coruña

“A choiva que caeu mentres estabamos nas tendas mostra dun xeito simbólico as condicións nas que viven os alumnos da Universidade da Coruña”, aseguro onte o responsable da agrupación estudiantil Comités na cidade, Xosé Valencia, unha vez finalizada a acampada no campus de Elviña que iniciaron varios estudiantes o mércores para reclamar a residencia universitaria pública, anunciada polo anterior goberno da Xunta en 2006.

A protesta levouse a cabo diante da facultade de Informática, onde unha vintena de persoas plantaron as tendas de campaña e pasaron, ao aire libre, a noite do mércores para o xoves. Tras este primeiro acto, onte, sobre as doce da mañá, cerca de 35 estudiantes manifestáronse no mesmo lugar con pancartas para deixar clara a súa mensaxe: a cidade necesita unha residencia pública.


Despois de pasar a noite no campus, unha trintena de alumnos manifestáronse diante de Informática. gago

“Continuaremos con as reivindicaciones de aquí ate final de ano mentres a Xunta non de unha resposta”, adiantou Valencia, que, segundo explicou, está previsto que a agrupación estudiantil celebre unha asamblea a finais de mes “na que se decidirá que tipo de accións se van a levar a cabo”.

Ademais, recordou que outra das súas preocupacións é que o Goberno autonómico manteña o proxecto iniciado pola ex conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, no que se prevía unha residencia pública con capacidade para 600 personas. “Con estas manifestacións queremos presionar para que a Xunta non se cuestione a posibilidade de levantar un complexo privado, senon que se manteña unha residencia pública, que é o que se merece a Universidade da Coruña”, manifestou este portavoz de Comités.


Veciños > Pero os problemas coas vivendas para universitarios no campus non se limitan só aos estudantes. En medio deste conflito entre Xunta e Universidade encóntranse tamén os afectados polas expropiacións que se terán que levar a cabo en Castro de Elviña para a construción do complexo. Segundo anunciou onte o representante das once familias afectadas, Carlos Maceiras, os residentes na zona solicitarán unha reunión co delegado do Goberno galego para a provincia da Coruña, Diego Calvo, “para que nos aclare cal é a posición da Xunta sobre os realoxos”.

Os expropiados de Castro de Elviña ameazaron con mobilizarse a principios de mes se o executivo autonómico non mantiña o acordo para os realoxos firmado polo goberno do bipartito. O pacto supoñía o aumento do prezo que lles abonaría a cada familia a administración por metro cadrado ata os 800 no caso do terreo edificado, de tal forma que os expropiados se pudiesen achegar ao que debían pagar por unha nova vivenda de protección oficial.

Hai uns días os residentes de Castro de Elviña mantiveron unha reunión co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Bonet, que, segundo Maceiras, “aclarou algúns asuntos, pero deixou outros no aire”. Tal e como conta o portavoz veciñal, Bonet “o único que deixou claro é que se o IGVS só se iba facer cargo dos realoxos que lle corresponden -neste caso dúas casas- mentres que o resto tiñámolos que negociar coa Consellería de Industria e co Concello”, algo que segundo eles, xa estaba comprometido no primeiro pacto.

Máis información:

15/4/10

Os universitarios acampan en Elviña para reclamar unha residencia pública

La Voz de Galicia
15/04/10
A Coruña


A Xunta debería ter iniciada a construcción deste complexo hai máis dun ano

Ana Lorenzo


Os universitarios coruñeses cansáronse de esperar e de ver como, ano tras ano, a promesa de levantar unha residencia pública -a primeira destas características que habería na cidade- quedaba nunha simple declaración de boas intencións por parte dos distintos responsables da Xunta. En marzo de 2009 anunciárase que sería nese mes cando finalmente comenzarían as obras de construción deste complexo, pero máis dun ano despois, non se colocou nin a primeira pedra do futuro inmoble.

Por iso, onte un conxunto de estudantes decidiron realizar unha acampada reivindicativa na que se solicitaban a inmediata execución deste proxecto. Baixo o lema A Universidade da Coruña (UDC) é a única universidade de todo o estado español sen residencia pública. Residencia pública xa! , a agrupación estudiantil Comités reuniu a cerca de medio centear de alumnos, que instalaron as súas tendas de campaña nas inmediacións da Facultade de Informática. Alí pasaron todo el día e a noche, mostrando con esta iniciativa a súa indignación polo retraso na posta en marcha desta residencia, que tería unha capacidade para cerca de seiscentas persoas, e que pagarían polo aloxamento unhas taxas públicas, similares ás que abonan os alumnos e profesores das universidades de Vigo e Santiago, que dispoñen desde hai anos de complexos residenciais deste tipo.


Desde primeira hora da mañá de onte, os estudantes montaron as súas tendas de campaña diante da Facultade de Informática

Segundo explicaron os organizadores, a acampada finalizará hoxe, ás 12.30 horas, cunha concentración diante da Facultade de Informática, na que se volverá a reclamar a construción da residencia pública de Elviña. Os estudantes esperan que esta campaña sirva para tomar conciencia da necesidade de contar cun aloxamento deste tipo na cidade de forma inmediata.

Unha carreira de obstáculos
Os problemas de construción da residencia universitaria de Elviña remóntanse a hai máis de catro anos. Despois de convocarse un concurso de ideas a nivel internacional para elexir o deseño e seleccionar un proxecto dun estudo catalán, procedeuse a facer unha variación no PXOM coruñés para poder realizar a construción. Estes cambios necesitaban a aprobación da anterior Xunta, que decidiu devolver o documento para introducir máis correccións.

Estes trámites prolongáronse máis de seis meses, un retraso ao que se uniron os problemas coa expropiación dos terreos para levantar o complexo. Finalmente, en decembro de 2008 parecía que todo se aclarara e abriuse o plazo de presentación de ofertas para a execución do proxecto. Ao mesmo acudiron un total de 23 compañías, pero o cambio de goberno da Xunta paralizou todo o proceso.

Os novos dirixentes autonómicos retrasaron durante meses a execución do proxecto alegando que os seus antecesores non deixaran todo en regla. A pesar de iso, nos orzamentos deste ano anunciábase unha partida de 10,7 millóns (dos 24,5 que se calcula costará todo o complexo) para iniciar a residencia, pero previamente a UDC tiña que asegurar a viabilidade do seu funcionamento. Así o fixo a institución académica coruñesa hai dous meses, sen que ata o momento se producise ningún tipo de avance para poder iniciar a construción do aloxamento universitario.

Máis de 30 alumnos pasan a noite no campus para pedir unha residencia pública

El Ideal Gallego
15/04/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Se hai que durmir no chan dórmese, pero os alumnos, sobre todo os membros dos Comités -impulsores da iniciativa-, queren deixar claro que necesitan unha residencia universitaria. Por ese motivo acamparon onte ante a facultade de Informática cerca dunha trintena de mozos, para pedir que a entidade educativa que dirixe José María Barja se equipare ás do resto do país. E é que a coruñesa é na actualidade a única de España que non conta con este tipo de instalacións. A solicitude era máis que para o Reitorado, para o Goberno autonómico, ao que culpaban de que non se iniciasen as obras para a súa edificación.

Distribuídos en 10 tendas de campaña, pasaron a noite no campus de Elviña máis de 20 persoas. Axudaba o tempo, polo menos durante o día, pero a súa prioridade non era estar cómodos senón, como dixo Marcos Loureiro, portavoz nacional dos Comités, “amosar que esta é a forma de estar máis perto da facultade, a mellor e a única”.


Os estudantes acamparon pola mañá e pasaron a noite no campus de Elviña. javier alborés


Reitorado > Hai anos que desde o Reitorado se reclama a construción dun edificio como este, que poida solucionar a demanda de aqueles estudantes que non conten cun domicilio na cidade e que como explicaba onte o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, “actualmente están a ser penalizados”. Entende que ao non contar cun aloxamento público, están obrigados a pagar un diñeiro por estudar que non debería corresponderlles. Así mesmo, a inminente entrada da institución no Espazo Europeo de Educación Superior -conocido como Plan Bolonia- poñeríaa en desvantaxea en comparación con outras, xa que é a única do Vello Continente na que os alumnos carecen dun teito público habilitado.


Prazas > O edificio proxectado, que se paralizou tras o cambio de goberno na Xunta, tería capacidade para albergar a 600 persoas, o que suporía tan só un 15% dos alumnos matriculados este ano. Por ese motivo, o feito de que o Instituto de Vivenda e Solo non se decida a dar un paso adiante non é a única dificultade xa que, unha vez terminado o edificio podería non ser suficiente.

O caso é que un dos principais alicientes da entrada en Bolonia é a movilidade do alumnado e aqueles que se despracen fóra do seu país poderán elixir destino. Neste caso e tal e como alertan recurrentemente desde a entidade educativa, o non contar con esta infraestrutura podería relegar á cidade a un segundo plano se os estudantes a comparan coas súas homólogas no resto de Europa.

De feito, esta situación xa foi denunciada pola vicerreitora de Estudantes, Ana Tarrío, este ano á chegada dos Erasmus, cando asegurou que á capital herculina non viaxan cada ano tantos alumnos como poderían, debido, entre outras cousas, a que as condicións do aloxamento non son as deseables.

14/4/10

Os universitarios acamparán hoxe en Elviña para pedir a construción da residencia

La Voz de Galicia
14/04/10
A Coruña

A.L.

A agrupación estudiantil Comités programou para hoxe, a partir das nove e media da mañá, unha acampada reivindicativa coa que se pretende protestar polo retraso na construción da residencia universitaria de Elviña. Está previsto que, pola mañá, os mozos comecen a montar as súas tendas diante da Facultade de Informática, onde permanecerán instalados durante todo o día e a noche.

Segundo explicou onte Marcos Loureiro, responsable nacional de Comités, os cálculos apuntan a que máis de medio centear de universitarios se sumarán a esta acampada, que finalizará mañá xoves, ás 12.30 horas, cunha concentración á que se espera que asistan deceas de mozos.

Case 11 millóns

Con estas iniciativas complétase unha campaña informativa que durante las últimas semanas levouse a todos os centros universitarios coruñeses, onde se informou aos estudantes sobre o retraso na construción deste complexo residencial, o primero público que haberá na cidade.

Tal proxecto debería terse comezado a executarse no primeiro trimestre do ano pasado, pero retrasouse en sucesivas ocasiónes, a pesar de contar cunha partida orzamentaria inicial de 10,7 millóns de euros.

O arqueólogo José María Luengo dará nome a unha rúa en Elviña

La Opinión de A Coruña
13/04/10
A Coruña

Amigos dos Museos agradece a homenaxe ao impulsor do centro de San Antón


Redacción A Coruña

Unha rúa da zona do campus universitario, a corta distancia do Castro de Elviña, levará desde o próximo venres o nome de José María Luengo Martínez, o arqueólogo que dirixiu as primeiras escavacións no xacemento prerromano coruñés.

A asociación Amigos dos Museos de Galicia agradece ao Concello a concesión desta distinción ao home que foi ademais o creador do Museo Arqueolóxico da Coruña, instalado no castelo de San Antón. Os integrantes do colectivo asistirán ao acto de descubremento da placa da rúa, que será presidido polo alcalde, Javier Losada, e fletará un autobús para acudir ata o campus, que sairá ás 17.15 horas do Obelisco.

Luengo, nacido en Astorga, afincouse na Coruña por razóns profesionales, xa que foi funcionario do Estado e nombróuselle comisario de escavacións arqueolóxicas na provincia. Tras conseguir a cesión do castelo da bahía coruñesa, antiga prisión militar, foi o seu primeiro director entre 1965 e 1972.

O pasado mes de xaneiro o Concello aceptou a donación realizada pola filla de José María Luengo de 2.000 libros de contido histórico, así como de diversos mobles de gran valor e do arquivo persoal do investigador.

10/4/10

A UDC acusa á Xunta de bloquear 11 millóns para o parque tecnolóxico

La Voz de Galicia
10/04/10
A Coruña

O Goberno afirma que dita cantidade nunca foi consignada e que a universidade xa utilizou outros anticipos

Ana Lorenzo

O parque tecnolóxico da Universidade da Coruña (UDC) viu como a súa evolución estase freando por falta de financiación. De feito, o ano pasado iniciárase a construción dun tercieor edificio -o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)-, ao mesmo tempo que se procedía á ampliación dos dous inmobles xa existentes: o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec) e o Centro de Investigacións de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (Citic).

No campus de Elviña estanse ampliando dous centros tecnolóxicos e construíndo un terceiro. CÉSAR QUIAN

Máis información: http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/04/10/0003_8408538.htm

6/4/10

Os expropiados de Castro de Elviña barallan mobilizarse para esixir solucións ao proceso

El Ideal Gallego
06/04/10
A Coruña

Lorena Fernández > A Coruña

Os afectados polas expropiacións de Castro de Elviña pola construción da residencia universitaria barallan a posibilidade de emprender mobilizacións se non se desbloquea o proceso en breve, tal como adiantou onte o portavoz do colectivo, Carlos Maceiras, quen advertiu que, “despois de esperar respostas e estar abertos ao diálogo, xa se barallan outras posibilidades para facer que a Xunta e a Universidade presten atención ás reclamacións dos veciños”.

Os veciños da zona encheron de pancartas o entorno do campus. gago


Desta forma, as once familias que se encontran á espera de que se resolva o seu realoxo estudan emprender accións máis alá da colocación de pancartas tanto en Alfonso Molina como nas inmediacións do campus para reivindicar os seus dereitos. “Cortes de tráfico, encerros en calquera sitio... estamos dispostos a facer o que sexa ante esta tomadura de pelo”, indica o seu representante, que chega a calificar a falta de resposta aos seus casos por parte das administracións implicadas de “terrorismo institucional”.


Conflicto > Precisamente, hoxe mesmo os residentes manterán un encontro co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Bonet, no que intentarán recabar nova información sobre o estado no que se encontra o procedemento e, á vez, instarlle a resolver o conflicto canto antes.

Aínda que hai varias semanas os afectados responsabilizaban á Universidade de manter bloqueado o proceso, por non ratificar o acordo que pactaron co Goberno galego e o Concello, agora Maceiras expresa a súa preocupación ante a actitude dos responsables autonómicos, “que xa empezaron a cuestionar estas medidas”.

O pacto, redactado xa en tempos do bipartito, consistía basicamente en aumentar o prezo que lles abonaría a administración por metro cadrado ata superar os 800 euros no caso do terreo edificado, co obxetivo de achegarse ao que debían pagar os expropiados pola súa nova vivenda de protección oficial, entre 900 e 1.200 euros o metro. No caso das fincas, o prezo sería de 105 euros. Para o portavoz dos veciños, estas condicións eran “as menos malas”, polo que reclama o seu cumprimento.

“Dudamos de que se teña outro prantexamento mellor, pero se o hai, estamos dispostos a negocialo, aínda que ten que ser xa”, comenta o representante. Cre que detrás deste “silencio” están os intereses de xestión da residencia. “Hai un tira e afloxa entre a Universidade, que quere que o edificio sexa público, e a Xunta á que lle gustaría que o levase unha empresa concesionaria”, apunta. Ningún destes extremos tería por que afectar aos intereses dos veciños, segundo eles mesmos admiten, se ben estes expresan o seu rechazo á opción do gabinete autonómico, pois “sería bastante inxusto que lle quitasen os terreos á xente para que unha empresa se enriquecese a costa deles”.


Universidade > A xuízo dos afectados, a pelota está no tellado do órgano docente, que “debe velar polos intereses dos universitarios, pero tamén exercer como mediador nun conflicto do que é parte interesada”.

O líder veciñal recorda que hai máis de dous meses solicitou un encontro co reitor, José María Barja, sobre o que aínda non recibiu contestación. Critica a “deixadez” do representante educativo e, en boa parte, cúlpao dos continuos retrasos na búsqueda de alternativas.

Lamenta, así mesmo, ter que chegar ás protestas na rúa para forzar o entendemento. E é que as movilizacións servirán, augura, para que “aqueles que nun principio se negaron a atender as chamadas dos afectados, teñan que chamalos despois para intentar alcanzar un acordo o máis rápido posible e calar as manifestacións”.