13/11/09
Un tercio das entidades veciñais oponse á campaña en favor do L.
11/11/09
Comunicado de prensa dos Rexumeiros sobre a consulta do topónimo
1. A lei de Normalización Lingüística aposta claramente pola forma oficial galega dos topónimos de Galicia. Esta lei foi aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia, para poñer fin á persecución dos topónimos galegos, moitas veces castelanizados dunha forma inculta.
2. En dúas ocasións levouse ao pleno municipal da Coruña o asunto de recoller como nome cooficial o topónimo "La Coruña". En ningún dos dous plenos se acadou un consenso, optándose polo topónimo legal A Coruña.
3. Entendemos que a consulta sobre o topónimo promovido pola Federación de Asociacións de Veciños parte dunha decisión persoal e unilateral da súa presidencia co obxectivo de lavarlle a cara ao grupo municipal do PSOE que votou en contra do topónimo "La Coruña", co alcalde á cabeza, e que logo lle enviou unha carta ao presidente da Xunta para que contemple o topónimo na súa forma castelanizada.
4. Lamentamos que habendo conflitos veciñais moito máis graves, a Federación se dedique a enredar con obxectivos partidistas, en lugar de solucionar os problemas do movemento veciñal.
Informática e Camiños contarán cun novo edificio compartido
A Coruña
10/11/2009
Ana Lorenzo. A falta de espazo nas facultades de Informática e Camiños levou á vicerreitoría de Infraestruturas da Universidade da Coruña a deseñar un novo edificio anexo, que servirá para albergar os servizos de investigación, docencia e despachos dos profesores de ambos os dous centros. O proxecto, que foi redactado por César Portela Fernández, ten un orzamento próximo aos 4 millóns de euro, e será executado por módulos, inciándose a construcción do primeiro nas semanas vindeiras.
A nova construcción (Fte. La Voz de Galicia)Segundo explicou o vicerreitor responsábel deste iniciativa, Xosé Lois Martínez, "é un edificio que aglutina a investigación de Camiños e de Informática, e supón a creación dun edificio ligado ao concepto de universidade que plantexa o novo espazo europeo de ensinanza superior, e que supera a idea de ter un centro para cada titulación". Lembrou que, sobre todo a Facultade de Informática, "ten un problema gravísimo de falta de espazos", que se vai solventar con este novo inmoble, que se situará no lugar que agora ocupa o aparcamento de ambos centros universitarios (pola súa entrada principal), nunha zona moi próxima ao parque tecnolóxico.
Precisamente da posíbel conexión entre ambas construccións falou onte Xosé Lois Martínez, quen anunciou que grazas a un sistema de elevadores se resolverá o problema do desnivel de 20 metros de altura que existe entre o centro anexo das facultades de Informática e Camiños e os edificios que integran o Parque Tecnolóxico. Outra das novidades que traerá consigo a creación deste inmóbel compartido será a construcción dunha pasarela que permetirá o tránsito de profesores e alumnos desde alí até os centros universitarios. Ademais, no futuro, "e recollendo a proposta de Joan Busquets, se pretende facer un corredor que chegue desde estas facultades ata a estación de ferrocarril, enlazando ao Campus Center", explicou o vicerreitor de Infraestruturas.
Outros proxectos en marcha
(seguir lendo en
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/11/10/0003_8095678.htm)
22/10/09
A Coruña acolle desde hoxe unhas xornadas sobre as residencias universitarias
22/10/2009
A Coruña
A sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña acolle hoxe e mañá unhas xornadas sobre as áreas residenciais universitarias nas que se darán a coñecer experiencias de xestión, promoción e construcción desenroladas noutros países.
O concelleiro de Rehabilitación Urbana, Mario López Rico, foi canda o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o encargado de presidir a inauguración das xornadas, nas que se abordará o problema do aloxamento do estudantes desde as diferentes perspectivas.
Desde o Concello destacaron nun comunicado que a incorporación das universidades galegas ao Espazo Europeo de Educación Superior traerá consigo un incremento dos alumnos foráneos, o que supón un novo reto que estas institucións terán que afrontar.
Asimesmo recordaron que os traballos de investigación realizados pola Universidade da Coruña (UDC) descobriron a existencia de máis dun cento de infravivendas destinadas a estudantes, o que atribúen á presión que se deriva da demanda de aloxamento universitario así como á carencia de políticas públicas encamiñadas a solventar esta deficiencia.
Neste sentido, explicaron que nas xornadas se analizarán, entre outros aspectos, a dimensión social da demanda de vivenda por parte dos estudantes, o papel e resposta das cidades fronte a esta situación, a importancia de ofertar espazos de calidade e asequíbeis, así como dar a coñecer os modelos existentes de xestión, promoción e construcción de países como Finlandia, Alemaña e Reino Unido xunto con experiencias españolas.
Negreira afirma que os orzamentos da Xunta inclúen a construcción da Residencia Universitaria de Elviña
Este martes en rolda de prensa o portavoz do PP coruñés, Carlos Negreira, facía a valoración dos orzamentos, os que cualificaba de moi positivos. Durante a explicación afirmou que a inversión da Xunta para a cidade tamén contempla a construcción da residencia universitaria de Elviña.

Negreira explicou que dentro da partida xenérica para vivenda, que ascende a 12 millóns de euros. Serán oito millóns os reservados á Área Residencial Universitaria.
E coma sempre queda a pregunta no aire, alguén se preocupará de solucionar o problema de vivenda dos veciños de Castro de Elviña que quedan sen casa pola construcción da residencia universitaria?
21/10/09
Máis de 50.000 persoas na meirande marcha polo galego da historia
19/10/2009
Galicia
Silvia R. Pontevedra. Santiago
Miles de persoas ateigan a praza da Quintana. EFEA xente non deixaba de pasar, e non deixaría de facelo até tres horas máis tarde, cando a Fran Rei (vicepresidente da Mesa e coordinador de Queremos Galego, a plataforma que convocou o acto), o chamaron ao móbil para avisalo de que aínda había grupos saíndo da Alameda. Unha parella de municipais comentaba durante a marcha que debían de ser "máis de 50.000 persoas", e logo confirmaba a cifra, unha vez supervisada polos mandos, o axente ao que onte pola tarde lle tocaba garda ao teléfono: "Aquí deixáronme anotado 50.000". A organización, abrumada polas masas en movemento, tardou tempo en botar as súas propias contas. "Cando menos, 60.000 dixeron primeiro", mais logo repasaron os seus cálculos, e en vista dos moitos que se quedaron sen escoitar o manifesto da Quintana, terminaron por dicir que 100.000.
Despois dos integrantes da coordinadora Queremos Galego, avanzaba termando dunha das pancartas da cabeza a plana maior do BNG. E, aproximadamente a medio quilómetro de distancia, perdidos entre o xentío, secundaban a protesta os socialistas galegos, co ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, na comitiva.
Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG, que agardou ao sábado para confirmar a súa presenza, quitáballe importancia á súa posición retrasada na marcha. Non é que estivesen gardando distancias, é que se lles meteu "todo o mundo diante". Por iso, ao final, quedáronse sen escoitalos. Iso xa pasara o 17 de maio, na anterior manifestación polo galego (á que segundo a policía asistiron 10.000 persoas) pero desta volta todo o mundo coincidía en había máis xente. Queremos Galego conseguiu mobilizar, incluso, aos grupos de defensa da lingua que en tempos adversos van agromando no Berzo, en Estremadura, en Andorra ou en Canarias. Á vez que tiña lugar a manifestación en Santiago, celebrábase unha reunión en pro do idioma propio e en contra das políticas e Feixóo en Bruxelas, e o Terzo da Fala de Bos Aires mandaba un comunicado excusando a súa presenza por estar a "10.000 quilómetros".
Máis en:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/50000/personas/mayor/marcha/gallego/historia/elpepuespgal/20091019elpgal_1/Tes
19/10/09
A Universidade solicítalle á Xunta que lle permita xestionar a residencia estudiantil
El Ideal Gallego
18/10/2009
R.R. A Coruña
O vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, informou onte de que hai uns 15 días que a Universidade remitiu ao Instituto Galego de Vivenda e Solo unha proposta de convenio para asumir a xestión, o mantemento e a conservación da nova residencia universitaria de Elviña, que aínda está por construír.
Xornadas > O concelleiro de Rehabilitación Urbana e o vicerreitor de Infraestruturas presentaron tamén as xornadas Áreas Residenciais Universitarias, que terán lugar os días 22 e 23 de outubro na sede da Fundación Caixa Galicia e nas que se debaterá sobre a realidade do aloxamento universitario na cidade, abordando a cuestión dende diferentes perspectivas.
O concelleiro de Rehabilitación Urbana e o vicerreitor de Infraestruturas
Como explicou Xosé Lois Martínez, a adaptación das universidades galegas ao Espazo Europeo de Educación Superior implica que "a Universidade ten que ser europea e a cidade tamén". Deste xeito, a institución universitaria terá que ofrecer servizos a niveis competitivos.