11/10/11

Barja destitúe a Martínez dez meses despois de enterarse do que sucedía

El Ideal Gallego

A Coruña

11/10/2011


N.M. > A CORUÑA
O reitor da Universidad da Coruña, José María Barja, destituíu onte ao vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental, Xosé Lois Martínez, despois de que o pasado mércoles, este último admitise públicamente a ilegalidade dunha edificación no campus de Elviña. As alarmas disparáronse entón no seo da entidade académica, pese a que este aspecto xa era coñecido polo equipo de goberno desde había dez meses. El Ideal Gallego xa publicara esta información o día 3 de xaneiro de 2011, e en dita noticia se recollía que “parte das estruturas situadas en Elviña ocupan áreas onde está prohibido edificar. É o caso, por exemplo, da ampliación do edificio de Informática ou o de Enxeñería de Camiños, que se levantan sobre unha beirarrúa”.

Por tanto, o comunicado que o propio reitor facía público no día de onte prodúcese máis de dez meses despois de que a noticia fose publicada por un medio de comunicación por primeira vez. Agora, en portas dunhas eleccións á Reitoría, Barja asegura que “a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral deben ter a seguridade de que como institución responsable e como servizo público, faremos canto fora preciso para reparar a tramitación administrativa, o que, entre outras actuacións, supón a orde de revisión de cantas obras se estean realizando e a paralización inmediata daquelas que non cumpran a normativa”.


“Cumpre valorar o esforzo realizado para procurar superar as nosas limitacións históricas en materia de infraestructuras desde a vicerreitoría correspondente, máis isto, en ningún caso xustifica obrar á marxe da norma e moito menos a ostentación de tal comportamiento”, indica.
Pola súa parte, o propio Martínez xustificou onte a súa decisión en que o Concello non expropiara os terrenos en Elviña que eran necesarios para construír determinados equipamentos para a Universidade. O ex responsable da área de infraestruturas solicitaba onte que as institucións fosen máis flexibles, dada a escasez de espacios na Universidade, ao tempo que instaba aos poderes públicos a legalizar a edificación, xa que se trataría dun equipamento “dun servicio público”. “Estes deben ter prioridade sobre outra cuestión e cando unha institución como a Universidade necesita solo, deberían darse as condicións de legalidade”, suliña Martínez.

Máis críticas > O alcalde, Carlos Negreira, afirmou onte que “todos somos iguais ante a lei e que o fin non xustifica os medios” e que o Concello “non vai aplicar favoritismos en materia urbanística”, aínda que o fin sexa un servicio “público”, como foi o que motivou a decisión do xa exvicerreitor.


Ante a solicitude de Barja e Martínez de legalizar a edificación polo ben da Universidade, Negreira contestou que a entidad académica terá as portas de María Pita “abertas de par en par” e abogou por buscar “a mellor solución para todos”.


O candidato a reitor nos próximos comicios de decembro, Luis Castedo, tamén criticaba onte a forma de actuar de Martínez e recordaba que ter dado luz verde á edificación é un ataque á legalidade. Castedo aseguraba sentirse sorprendido de que o exvicerreitor ocupara o seu cargo tantos anos e de que este non estivese arrepentido.


Máis información:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/10/11/rector-destituye-responsable-obras-construir-edificios-licencia-elvina/540330.html

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/11/0003_201110H11C2991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/11/0003_201110G11P7992.htm

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/11/0003_201110H11C2992.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada