30/5/10

A Universidade dará entrada ao capital privado no seu proxecto para o Campus de Excelencia

La Opinión de A Coruña
30/05/10
A Coruña


A candidatura coruñesa xa conta co apoio dos Concellos da Coruña e Ferrol, e da Deputación. O Reitorado aínda non presentou o proxecto á Consellería de Educación

Aida Mosquera. A Coruña

A Universidade da Coruña presentará mañá ao Ministerio de Educación o proxecto Tecnologías para la sostenibilidad económica, social y ambiental, co que aspira a converterse en Campus de Excelencia Internacional e para o que conta xa co apoio de institucións como a Deputación, os Concellos da Coruña e de Ferrol, e a Universidade de Vigo, e de empresas como Navantia e Inditex, o que abre a porta á entrada de capital privado nunha Universidade que, a pesar de todo, asegura que loitará por manter a súa filosofía de servizo público.

O programa Campus de Excelencia Internacional ten como obxectivo principal situar as universidades españolas entre as mellores de Europa, promovendo o recoñecemento internacional e apoiando os puntos fortes do sistema universitario. Para a Universidade coruñesa, a importancia do proxecto está na dinamización do seu entorno, desde un punto de vista económico, social, cultural e deportivo, como medio para lograr un campus estreitamente relacionado coa cidade e a evolución da mesma. Unha relación que non pode deixar de lado ao sector empresarial e, por tanto, á inversión privada.

No caso da industria ferrolá Navantia, o reitor José María Barja cualificou a adhesión de "fundamental", precisamente pola vinculación existente entre os asteleiros de Ferrol e Fene coas enxeñerías industrial, naval e oceánica que se imparten no campus de Esteiro. Trátase, segundo o vicerreitor de Cultura e Comunicación, Luís Caparrós, de que as empresas e institucións "sintan o proxecto como seu e o respalden" desde a mesma fase de presentación.

Porén, e ao contrario que as universidades de Santiago e de Vigo cos seus proxectos Campus Vida e Campus do Mar, a Universidade da Coruña non presentou aínda o texto de Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental á Consellería de Educación porque, aínda que unha vez pasada a preselección sería imprescindible ter unha carta de recomendación da Xunta -que di apoiar, sen excepción, todos os proxectos a Campus de Excelencia-, a Universidade considera que na primeira fase do programa este apoio é "meramente protocolario" e optou por presentar a súa idea a empresas e entidades da área metropolitana da Coruña e Ferrol e deixar á Consellería "para máis adiante". Non obstante, recoñece ter recibido dous millóns de euros da Xunta en decembro de 2009 para levar a cabo o proxecto.

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, recoñeceu, cando o pasado mércores firmou a carta de agregación ao proxecto, o seu interese por que Galicia siga o camiño da colaboración "obviando localismos e superando barreiras xeográficas", e apuntou que a candidatura a Campus de Excelencia Internacional da Universidade supón "unha extraordinaria proxección para o campus ferrolán" polo seu alto contido tecnolóxico.

Pero a pesar do seu alto contido técnico, a candidatura coruñesa propón un carácter transversal e integrador para o campus, que conte coa participación de todas as titulacións no proxecto, desde as áreas humanísticas e sociais, ata as xurídicas e científicas.

Deste modo, a Universidade xustifica a elección do título Tecnologías para la sostenibilidad económica, social y ambiental porque o seu forte, cun 40% de carreiras técnicas, é claramente a tecnoloxía. Non obstante, e dado que o proxecto pretende englobar tanto as diferentes especialidades como a cidade, o enunciado cita tamén a sustentabilidade, un desenrolo que respete o medio ambiente, "por ser unha aposta de todas as actuacións universitarias"; e fala da economía, o social e o ambiental "por ser imprescindibles para o desenrolo dun campus que acolla a sociedade e dinamice o seu entorno", concretou o equipo de goberno do Reitorado en cada unha das presentacións realizadas ao longo da semana.

Entre os obxectivos que presenta o equipo de goberno no proxecto, faise fincapé na potenciación dun polo rexional en tecnoloxías onde teñan cabida empresas nacidas da propia Universidade, así como grupos de investigación punteiros alleos a ela que entrarían a formar parte do Parque Tecnolóxico do campus. Ademais, el texto destaca a creación dunha oferta de posgrao interuniversitario e internacionalizado de calidade, diversificado e sustentable.

O Sistema Universitario de Galicia estará totalmente representado mañá en Madrid, ante o Ministerio de Educación, gracias aos tres proxectos que presentan as tres universidades galegas respectivamente. Aínda que compiten por un mesmo distintivo, non o fan de forma independente; os campus da Coruña e de Vigo crearon unha alianza estratéxica que lles permitirá ampliar o liderado de ambas institucións na transferencia de coñecementos, ademais de facilitar o seu papel como eixos da investigación, o desenrolo e a innovación tecnolóxica no conxunto da sociedade galega. "Se gaña algún de nós, gañamos todos", afirmou o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago.

29/5/10

Javier Losada apoia o proxecto do Campus de Excelencia

La Opinión de A Coruña
29/05/10
A Coruña

Redacción A Coruña


O alcalde, Javier Losada, destacou onte durante un encontro mantido co rector da Universidade, José María Barja, a aposta do centro pola innovación na súa carreira por convertirse en Campus de Excelencia Internacional. Barja presentoulle ao mandatario o proxecto Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental, onde a institución académica resume todos aqueles argumentos para lograr converterse nun referente educativo a nivel internacional.

Javier Losada, segundo indicou o Concello a través dun comunicado, respaldou a iniciativa da Universidade polos beneficios que traerá a campos como o coñecemento das tecnoloxías, a ensino sustentable e a cultura emprendedora.

A Universidade ten previsto solicitar ao Ministerio de Educación este recoñecemento para dinamizar o centro desde o punto de vista social, económico e cultural.

26/5/10

A Universidade de Vigo apoia o proxecto coruñés para o Campus de Excelencia

La Opinión de A Coruña
26/05/10
A Coruña

Barja acudirá hoxe a Ferrol para presentar a proposta ao alcalde, Vicente Irisarri

Redacción A Coruña

As universidades da Coruña e de Vigo van da man no desenvolvemento do proxecto Campus de Excelencia, co que as institucións académicas apostan polas novas tecnoloxías. Ambas entidades confían en que a proposta contribúa a mellorar o seu liderazgo no campo tecnolóxico dentro de Galicia.

Os reitores da Universidad da Coruña e de Vigo, José María Barja e Alberto Gago, respectivamente, formalizaron onte no Reitorado o acordo para presentar o proxecto Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación.

Barja e Gago destacaron que este compromiso é importante para o desenvolvemento dos proxectos que se levan a cabo tanto desde A Coruña como desde Vigo, bautizado como Campus do Mar.

Viaxe do reitor

O reitor coruñés ten previsto desplazarse hoxe a Ferrol para entrevistarse co alcalde da cidade departamental, o socialista Vicente Irisarri, ao que lle explicará o proxecto co que a Universidade acude á convocatoria realizada polo Ministerio de Educación para o Campus de Excelencia. Barja e Irisarri manterán un encontro no Concello ferrolán a partir das 12.00 horas co obxectivo de ampliar horizontes neste ambicioso proxecto.

25/5/10

Fernández Moreda presentará no pleno da Diputación o Campus de Excelencia

El Ideal Gallego
25/05/10
A Coruña


M. Pérez > A Coruña

O reitor da Universidade, José María Barja, reuniuse onte co presidente da Diputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, para presentarlle o proxecto “Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental”, co que a entidade educativa optará ao Campus de Excelencia Internacional. Despois do encontro entre ambos responsables, Moreda comprometeuse a levar o asunto ao próximo pleno para solicitar o apoio de todos os grupos políticos.

Asegurou así mesmo que o plan desperta un importante interés a moitos niveles, xa que vai ligado ao tema da xestión sostible en todos os aspectos, incluído o ambiental: “A sustentabilidade é un elemento fundamental para o desenvolvemento da economía e o medio ambiente”.

A Universidade presentará o próximo 31 de maio a súa proposta para o Campus de Excelencia Internacional que, como asegurou o vicerreitor de Cultura e Comunicación, Luis Caparrós, na presentación oficial do pasado venres, “beneficiará a toda a rexión urbana que forman a comarcas da Coruña e Ferrol”.

O proxecto baséase nunha das grandes fortalezas con que conta a Universidade, o perfil tecnolóxico, aínd que se trata dun proxecto integrador no que teñen cabida todas as ramas do saber, desde a xurídico-social ás humanidades.

Obxectivos > Un dos principais obxectivos deste programa é potenciar un polo rexional en tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental, para o cal o campus conta cun parque tecnolóxico no que se ubican empresas nacidas do propio centro xunto a outras compañías destacadas, así como grupos de investigación punteros na súa área.

Tamén trata de levar a cabo unha oferta de posgrao interuniversitario e internacionalizado de calidade que sexa diversificado e sostible e impulsar unha rexión urbana, ambientalmente responsable, dinámica e abierta, pensando nun campus didáctico.

Ademais inténtase consolidar un sistema de xestión universitaria sostible dos recursos, con mecanismos de cumprimento de obxectivos en materia da calidade e rendición de contas á sociedade, na liña do que se vén facendo na entidade académica ata agora.

En suma, segundo lle explicou o reitor ao presidente da Diputación, trátase dun proxecto feito desde a pluralidade, tal e como se explicou en consello de goberno da entidade, así como no claustro, e desde a responsabilidade, desenvolvendo unhas prácticas de xestión de recursos caracterizadas pola planificación e longo prazo.


Máis información:

23/5/10

O Parque Ofimático recibe a luz verde do Concello para empezar coas obras

El Ideal Gallego
22/05/10
A Coruña

Redacción > A Coruña

A xunta de Goberno acordou onte, e fóra da orde do día, a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do Parque Ofimático, no que se construirán 1.216 vivendas protexidas, 832 vivendas libres e que contará con 95.000 m2 destinados a usos terciarios.

As case 400 parcelas orixinais aportadas polos 98 propietarios convírtense desta forma en 47 novas parcelas edificables conforme ao Plan Parcial. Ao mesmo tempo, a reparcelación conleva a cesión ao Concello de case 130.000 m2 con destino a vías públicas, 69.000 m2 para espacios libres públicos, case 20.000 m2 de solo para fins deportivos, 39.000 m2 de solo para equipamento escolar e 2.900 m2 de solo para equipamento social.




Listo para urbanizar > Esta aprobación definitiva habilita a disposición dos terreos para as obras de urbanización, que teñen un orzamento que ascende a uns 45 millóns de euros. As obras de urbanización teñen que ser financiadas polos propietarios das parcelas, en proporción á superficie aportada.

Ademais, o acordo permite a concesión de licencias de edificación nas parcelas, se ben as obras de edificación quedan supeditadas ás obras de urbanización, de modo que non se poden ocupar os edificios construídos en tanto non se reciban polo Concello as obras de urbanización.

O principal propietario é o Instituto Galego de Vivenda e Solo, cunha superficie de cerca do 50% do ámbito. O Concello dispón de cinco parcelas, con 29.600 m2 edificables para vivenda libre e terciario e 11.400 m2 para vivenda protexida.

Os actuais propietarios de casas na zona recibirán as parcelas previstas para vivendas unifamiliares, introducidas mediante modificación do Plan Parcial que no seu día se fixo con esa finalidade.

Ademais, recoñécense dereiros de realoxo que, conforme á lexislación vixente, poderán concretarse nas vivendas protexidas que se construirán no propio Parque Ofimático.


Centro Coreográfico > A xunta de Goberno aproveitou a reunión de onte para dar por zanxado un dos conflictos surxidos nas últimas semanas e que tamén garda relación co Parque Ofimático. Trátase da autorización formal da posta a disposición da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) dunha parcela de 4.319 m2 no Parque Ofimático para iniciar a construción da sé do Centro Coreográfico Galego.

Tamén se aprobou adoptar o compromiso de que na data de finalización deste equipamento e de concesión da licencia de primeira ocupación, estará realizada a urbanización do terreo conforme ao proxecto técnico establecido.

A reparcelación zanxa, así mesmo, as alegacións que presentara Adif pola ocupación duns terreos.

Máis información:


A Universidade aposta polas tecnoloxías sostibles para ser Campus de Excelencia

El Ideal Gallego
22/05/10
A Coruña


M. Pérez > A Coruña

A Universidade enviará ao Ministerio de Educación o próximo 31 de maio o seu proxecto “Tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental” para participar na convocatoria de Campus de Excelencia Internacional (CEI). Desta maneira, o equipo reitoral aposta pola tecnoloxía sostenible para conseguir esta distinción, á que xa anunciou hai pouco máis dun mes que optaría. O documento que presentou onte o reitor, José María Barja, concibe o centro como “un conxunto integrador que implicará a todas as titulacións” . Durante o acto, fixo especial fincapé no carácter transversal do plan e asegurou que nel terán cabida non só os profesores e investigadores do ámbito tecnolóxico, senón tamén aqueles relacionados coas ciencias, as humanidades, a saúde ou a área xurídica e social.

O vicerreitor de infraestruturas, Xosé Lois Martínez, tamén presente onte no evento, adiantou que con este proxecto o campus acheégase ao que son e serán as universidades no século XXI e persigue como principal obxetivo a integración dos centros “nunha cidade rexión de máis de 700.000 habitantes –que engloba a área metropolitana e a comarca de Ferrol–”.




Así, o especialista entende que Elviña está situada nun entorno privilexiado, a metade de camiño entre a cidade e a maior parte dos municipios da área, polo que o papel que xogará será crucial á hora de vertebrar os centros urbáns das dúas cidades e as súas respectivas comarcas.

Pola súa parte, o reitor recalcou que, ademais da Coruña, neste proxecto ten que ver a área de Ferrol e Narón, facendo fincapé en que esta é a terceira máis poboada da comunidade e confirmou así mesmo que ten o apoio de varios concellos da comarca coruñesa: “Contamos con varios concellos, ademáis do da Coruña e con varias entidades económicas”.

Ademais, o proxecto pretende conseguir a dinamización do contorno da Universidade tanto desde o punto de vista económico, como o social, o cultural e o deportivo, xa que, segundo apuntou o reitor “o propio modelo de campus leva a configuralo non só na sostenibilidade ambiental”. Por ese motivo, este plan encaixa como unha peza clave a construción da residencia pública de Elviña, proxecto que está aínda sendo discutido co Istituto Galego de Vivenda e Solo. Barja asegurou que os trámites “van indo. Lentos, pero indo”.

Líderes > A entidade educativa contribúe deste modo á formalización dun plan con cinco perfís unidos, un educativo, outro investigador, un terceiro tecnolóxico e un asistencial mediante agregacións co texido social e económico e trata de potenciar con eles un polo de xeración, difusión e transferencia de coñecemento en Tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental.

Precisamente disto falou o vicerreitor de Cultura, Luis Caparrós quen explicou que o motivo de adicarse especialmente á área das tecnoloxías e a sostenibilidade ten que ver coas capacidades da entidade.Recordou que un 35% das carreiras das que dispón a cidade son únicas en Galicia e a maior parte destas teñen que ver coa tecnoloxía. Así a idea é levar a cabo unha oferta de posgrao interuniversitario e internacionalizado de calidade e diversificado.


Máis información: