4/3/10

Os alumnos acamparán en Elviña para esixir unha residencia pública

El Ideal Gallego
04/03/10
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Os estudantes, ao igual que os responsables da Universidade, entenden que a construción dunha residencia no campus de Elviña é “prioritaria”. Por ese motivo anunciaron onte que se movilizarán dunha forma peculiar, acampando frente ao solar onde prevé construírse o novo aloxamento a finais deste mes.

Pretenden con esta medida, tal e como apuntou o seu portavoz, Marcos Loureiro, “meter presión” á Xunta, en concreto á Consellería de Medio Ambiente, da que dependen os traballos, para que se demoren o menos posible. E é que xa hai meses que se solventaron todos os trámites para que comenzase a actividade e agora só resta que os responsables do Executivo autonómico adxudiquen a obra, pero a autorización demórase porque, tal e como expresaba a semana pasada o conselleiro Agustín Hernández, están analizando a súa viabilidade.

O portavoz dos Comités, Marcos Loureiro, anunciou onte a acampada. susy suárez


Sinaturas > Os representantes do sindicato os Comités (antigos CAF) iniciaron onte unha recollida de sinaturas durante a cal volveron recordar que a coruñesa é a única universidade de España que non conta cunha residencia pública. Ademais expresaron a súa inquietude ante o rumor de que detrás do retraso do proxecto se esconda o interese de construír un centro privado e avisaron de que levarán o asunto ao claustro.

Estas instalacións estarían preparadas para albergar tan só ao 15% dos matriculados na Universidade e, aínda que esta porcentaxe é insuficiente si se pretende igualar a súa capacidade á doutros centros europeos, desde o reitorado manifestaron en varias ocasións que ven no proxecto un importante primeiro paso. Os comités pola súa parte non se conforman con isto. Esperan ademais, que unha vez posto en marcha o programa, primen os criterios económicos sobre os académicos para poder acceder a unha praza. Desta maneira atenderían a aqueles que non puidesen pagalo.

2/3/10

Un sistema para protexer os primeiros traballos que se fixeron no castro a mediados do século XX

La Voz de Galicia
02/03/10
A Coruña

Xunto coas escavacións que permiten aos arqueólogos facer novos descubrimentos, os responsables do castro de Elviña están agora pendentes da conservación daqueles primeiros achados a mediados do século pasado. «Estamos facendo o proxecto técnico para a consolidación dos muros antigos», apunta José María Bello.

Ao mesmo tempo, o director das esxcavacións plantéxase que facer coa muralla romana que acaba de aparecer «porque está moi derruída, por sitios non levanta mais de 40 centímetros e noutros está vencida. A ver que solución buscamos, aínda que antes hai que descubrila toda».

O corte da maleza comezará a mediados deste mes «conservando as especies autóctonas»

La Voz de Galicia
02/03/10
A Coruña

Unha das tarefas que van comezar no castro de Elviña é a limpeza da maleza do futuro parque, tarefa que foi adxudicada polo Concello coruñés á empresa Malvecín. Bello Diéguez destaca da proposta presentada por esta firma o proxecto dunha guía didáctica para as visitas escolares na que non só se terían en conta os aspectos arqueolóxicos senón tamén «os biolóxicos e faunísticos do parque». Destaca que a limpeza da vexetación farase «conservando as especies autóctonas» co fin de ir dotando ao parque dunha vexetación propia e sobre todo autóctona.

Como curiosidade apunta que no “aljibe” do castro e o seu entorno empezou aparecer unha fauna chamativa «como os tritóns ou lagartos de 30 ou 40 centímetros».

Todo iso mentras no parque mantense a torre de alta tensión do tendido eléctrico, agora propiedade de Gas Natural-Unión Fenosa e que para Gallego Jorreto é «un anacronismo que siga en ese sitio».

A financiación das escavacións en Elviña, garantida para 4 anos

La Voz de Galicia
02/03/10
A Coruña

A Casa dos Antepasados leva seis anos paralizada «e o proxecto non mo encargaron», afirma Jorreto

Rodri García

Ao ritmo actual, a Casa dos Antepasados de Elviña terá que contar cun espazo dedicado a ela mesma, cunha historia que arrancaba a finais do século pasado, continuou coa convocatoria de media ducia de destacadas figuras mundiais da arquitectura para que presentasen os seus proxectos e conclúo, polo menos por agora, coa elección do edificio asinado por Manuel Gallego Jorreto, premio nacional de Arquitectura e autor de edificios emblemáticos na cidade como o Museo de Belas Artes.

Desde que en 2003, o Concello coruñés adxudicou ese proxecto co nome de Artabria. A posta en marcha do mesmo foise dilatando e, de feito, Gallego Jorreto era muy claro na tarde de onte: «Artabria está morto de tristeza e é unha lástima porque é un proxecto moi importante para a metrópoli».

Jorreto explica que desde que se fixo público que o seu proxecto era o gañador «non se puxeron en contacto comigo, se ben é certo que nalguna ocasión o alcalde comentoume que o problema é a falta de financiación». O arquitecto apunta que nestes momentos «todos figurámosnos que é un problema económico e non é fácil de resolver».

É o argumento que apuntan tamén desde a concellaría de Cultura: O Concello so non pode facer frente a esta inversión que no seu momento era de 38 millóns de euros «que ao mellor agora xa serían 40». Por iso, continúan as xestións para que tanto o Goberno estatal como o autonómico colaboren coa financiación deste proxecto.

Deixando moi claro o grande interese que ten por ver feito realidade este proxecto, Gallego Jorreto mostra a súa altura de miras e apunta que a Casa dos Antepasados é importante «pero a escavación é prioritaria, a excavación e o parque de Elviña é fundamental para a cidade e a metrópoli». E insiste niso: «Paréceme que son 65 hectáreas e iso ten moito interese urbán, é moi atractivo, tamén polo lugar onde está, unha zona limítrofe do pequeno municipio da Coruña». De todos modos alerta que se non se mantén ben delimitado este parque poden darse ocupacións indesexadas que, segundo apunta, «poderían estar empezando a producirse».

O que non plantexa problemas financieros, nin o fará nos próximos anos, é a tarefa das escavacións posto que, segundo recorda o responsable das mesmas, José María Bello, o acordo asinado no seu día entre o Concello coruñés e o ministerio de Fomento permite dispoñer de dous millóns de euros para esta tarefa. «Son cartos que veñen do un por cento cultural», apunta, e é un acordo de catro años de duración, co que conclúe en 2012.

Ademais, os resultados destas escavacións están sendo moi positivos con descubrimentos como os vinte metros da muralla exterior do castro de Elviña ou o achado de restos de pizarra que permitiron reconstruír as rutas de transporte da mesma, por vía marítima, hai uns dous mil anos.

E todo iso á espera de que Artabria, que por certo leva este nome para rendir tributo ao pobo céltico que viviu neste golfo hai 25 séculos, convírtase nunha realidade.

1/3/10

Un proxecto para consolidar achados de Luengo

La Voz de Galicia
01/03/10
A Coruña

A última campaña no castro de Elviña prolongouse seis meses, frente aos dous que soen durar. Agora mesmo, os expertos analizan o inxente volume de información recabada, fan traballo de laboratorio e revisan os planos das dezaseis seccións nas que se dividiu. «Acabamos de rematar a segunda sección», apunta Bello.

Xunto a iso, o director do Museo Arqueolóxico pensa xa en distintos proxectos. A escavación da nova muralla non centra, porén, a súa próxima iniciativa de consolidación. «Penso más en comenzar por o escavado nos anos 40 e 50, que están nunha situación delicada», apunta.

Para iso, Xosé María Bello ultima un proxecto de proteción que remitirá ao Concello, «Corren peligro de destrucción por os temporais», explica antes de recordar que «o ano pasado o Klaus tirounos a caseta da obra, nunha destas pode tirar con eses muros».

Etapas
Pendente do desenrolo do ambicioso proxecto asinado por Gallego Jorreto, o castro de Elviña foi obxecto de repetidas intervencións e abandonos, de modo que alternativamente houbo etapas nas que se puxeron ao descuberto as antiquísimas construcións, con achados relevantes, para dar paso a outros períodos nos que a maleza ocultaba calquera vestixio.

As primeiras escavacións datan dos 40, Luengo e Monteagudo traballaron ata o 52, e aínda que no 62 foi nomeado monumento histórico, ata o 79 non se volveu recuperar, da man de Felipe Senén. A partir do 85 volveu caer en desgraza ata que no 2002 retomáronse os traballos.

Sacan á luz vinte metros da muralla exterior do castro de Elviña

La Voz de Galicia
01/03/10
A Coruña


Os arqueólogos encontran restos que apuntan a que a extensión del xacemento orixinal podería ser maior

R. Domínguez

O equipo municipal de arqueólogos, que dirixe Xosé María Bello, sacou á luz vinte metros de muralla no perímetro exterior do castro de Elviña. O achado produciuse nunha zona na que ata o momento atopábanse a ceo aberto uns catro metros do muro e, a xuízo do director do Museo Arqueolóxico, «hai que plantexarse a posibilidade de que o castro inicialmente fora moito máis grande do que pensabamos».
O achado dos 20 metros de muralla produciuse no perímetro exterior do castro CÉSAR QUIAN

Aínda que a fase de estudos e análises non concluíron, algúns indicios apuntan cara a hipótese de que nesa parte máis externa do xacemento puidese haber un asentamento anterior ao que ata agora se supoñía. «Detectamos unha ocupación antiga, que pensabamos que non había, ao lado da muralla exterior». O arqueólogo municipal indicou que ata agora pensábase que os restos da ocupación máis antiga, dos siglos III e IV antes de Cristo reducíanse á croa ou corazón do castro, totalmente arrasada por construcións posteriores, con vestixios do século II e I a.C.

Cerámica campanense
Porén, nas últimas escavacacións encontráronse fragmentos na parte exterior que son de cerámica campanense de Nápoles do século II e I a.C., similares aos que xa apareceran na zona interior. «Pode ser -explica Bello- que fose material arrastrado da parte darriba», de modo que os técnicos comprobarán se está rodado, o que reflictiría erosión polo arrastre, e esforzarase tamén por realizar una análise estratigráfica para fixar a cronoloxía, ademais de seguir escavando para comprobar se aparecen ou non materiais coetáneos, o que levaría a dar a hipótese por válida e concluír que, efectivamente, nesa zona do castro houbo un asentamento anterior ao coñecido ata o momento.

Os sucesivos estudos e achados determinaron ata o momento unha clara ocupación no século II, unha remodelación no III-IV e unha destrución do amurallamento no VI, coa aparición de restos xa enviados ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, que dirixe Bello, como un prato de cerámica africana. Ademais, encontráronse tamén pezas que inicialmente os especialistas cren que poderían inscribirse entre os séculos X e XIII, na Idade Media, que apuntarían a que Elviña estaba poboado coincidindo co momento de fundación da cidade da Coruña, que recibiu a carta puebla, o foro de urbe, en 1208.

A muralla agora encontrada ten, a xuízo de Bello, o interese de «crear monumento» cun valor didáctico relevante para os visitantes. Polo momento, mantense protexida por material plástico dado o endeble estado no que se encontra, que faría perigar o mantemento dos restos arqueolóxicos se se deixa exposta ao ataque das inclemencias meteorolóxicas.

28/2/10

Xosé Lois Martínez, Vicerreitor de Infraestruturas: “Sen aloxamento público non poderemos competir coas demais universidades”

El Ideal Gallego
28/02/10
A Coruña

ENTREVISTA DE MARINO PÉREZ

Un cativo de Mera que adicou a súa vida, máis que a un traballo ou a un xeito de gañar a vida a unha paixón. A arquitectura, o urbanismo, nas verbas do vicerreitor Xosé Lois Martínez adquiren unha dimensión distinta, a de aquel que domina o que poucos sequera coñecen. Coa calma do que se sabe seguro, non é quen de superar os tic do bo docente, do vocacional, nin cando é o entrevistado. Cada vez que ten que explicar un concepto colle un lápiz e un papel para ilustralo, para que os de fóra o vexan “sobre o plano”. Con tres trazos debuxa A Coruña, cun cuarto plasma a comarca enteira. Queda claro que sabe do que fala, aínda que nin se atisbe a suficiencia no seu discurso. O que se di todo un mestre.

Nunha semana na que na cidade só se fala de urbanismo, o vicerreitor de Infraestruturas adquire un papel máis relevante do que ten habitualmente. Ninguén mellor ca el para analizar unha reforma complexa que na Universidade pasa, en primeiro termo, por construír unha residencia pública para estudantes.

O anterior goberno da Xunta axilizara este proxecto pero co cambio de ocupantes do Executivo galego paralizouse o procedemento. A edificación albergará ao 15% dos alumnos matriculados nos catro campus coruñeses, unha ínfima parte se teñen en conta as necesidades do estudantado. Por ese motivo, porque a cidade é a única que non conta con estas instalacións en todo o Estado, o equipo de goberno leva anos reclamando a súa construcción. E, máis intesamente, nos últimos catro meses. A recente visita do conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, serviulles aos responsables da entidade educativa para arrincarlle unha promesa sobre o futuro da residencia: “Estará resolto en breve”.


O vicerreitor asume as posibilidades dun grao en Medicina. gago


­Falou algo esta semana co conselleiro de Territorio sobre a residencia universitaria?

­Algo. Os tempos mortos das visitas sempre serven para charlar. É a consellería a que ten que dar as boas noticias e supoñemos que será rápido.

­El dicía que ambas institucións estaban a analizar cal era a mellor forma de continuar coa obra.

­Si, pero é que unha residencia non é só unha obra, hai un importante tema de xestión que vén despois, que pode chegar a ser máis decisivo. Para nós é tan importante un aspecto coma o outro. Sobre todo, penso que é unha cuestión crucial para a Universidade como para a cidade, porque cando se fala de universidade tamén se fala de cidade. Sen ela, sen un aloxamento público, estamos en inferioridade de condicións na competición coas demais.

­E está o tema dos cartos.

­Esta residencia debe ser pública. Debe ter unha serie de servizos que permitan competir á universidade coas demais a nivel europeo e nacional. Moitas non entran no ránking mundial entre as primeiras porque non teñen prazas suficientes para os matriculados. Imaxine como estamos eiquí.

­Falaban hai pouco de que se non veñen máis Erasmus é precisamente por esa carencia.

­Para os europeos é evidente que ese é un tema imprescindible. Levamos 20 anos así, desde que existimos sen esta infraestrutura e nunha área urbana que en pouco tempo será a máis importante de Galicia. Por unha cuestión demográfica, non deberiamos prescindir de algunhas cousas.

­E de quen é a culpa?

­Pode ser que esa cuestión houbera que plantexarlla ao anterior equipo reitor. Eles preocupáronse de construír edificios, que era a prioridade no seu momento. Urbanizar, facer facultades, agora hai outras necesidades.

­Falemos de cifras. Ese tan agardado edificio vai poder acoller a un 15% dos matriculados. Será suficiente?

­Non. Son 600 prazas e non é suficiente, pero, polo menos é un principio. Por iso estamos a traballar noutra alternativa. O proxecto do campus center contempla outra forma de acoller estudantes, preparado para os que veñen de fóra.

­E que a cidade de A Coruña conta con moitas carreiras únicas na zona norte e ten un efecto chamada.

­Ten. Sobre todo en Camiños ou en Arquitectura, en todas as que son únicas. A facultade de Camiños máis próxima á nosa, por exemplo, é a de Valladolid, así que a xente de León, de Zamora, de Asturias vén a estudar eiquí.

­Tamén haberá que acondicionar a cidade para eles logo.

­Exacto. A xente non vai a unha universidade hoxe por ir a unha universidade, tamén vai a unha cidade, que está detrás dela, a un espazo de desenvolvemento socioeconómico. Por iso as entidades teñen que colaborar coa educación. Eu mesmo cambiei Sevilla por Barcelona porque en Cataluña era máis doado traballar. Iso é o que fai atractiva a unha cidade.

­Aí entra tamén a transformación urbanística de A Coruña. Que imaxino que integrará ao campus.

­Para min, este plan xeral é o primeiro onde a Universidade aparece como a grande protagonista. Está, xunto co sistema hospitalario ao nivel da estación intermodal ou do porto como un dos grandes temas deste texto.

­Para expandirse haberá que solucionar o tema das expropiacións dos veciños de Elviña, que agora mesmo son un problema para vostedes e o Concello.

­Nós fixemos até o de agora todo o que tiñamos que facer. Pero, por suposto, os veciños teñen dereito a seguir vivindo onde viviron sempre, tanto en San Vicente como no castro. Por iso pedimos que se garanta o seu realoxo.

­Habería que preguntarlles a eles se queren seguir vivindo ao lado desa nova infraestructura.

­Ao cabo, unha entidade educativa non é unha central nuclear, non creo que poida ter ningún efecto negativo sobre aqueles que viven ao carón dela. Incluso hai hoxe moita xente na zona que se adica a dar aloxamento aos estudantes.

­Visto así son todo vantaxes. E medrar nos outros campus, como o de Oza?

­Se sabe que o que Busquets chamou a cidade da saúde pasa pola zona do antigo Juan Canalejo.

­Aí entramos nun tema complicado, o da facultade de Medicina. Haberá unha?

­Seguramente. A realidade é que non hai que darlle servizo á poboación do século XIX, senón á de agora. Hoxe en día, a meirande parte está concentrada nun núcleo ao noroeste, que abarca A Coruña, Ferrol e Carballo. Ademais, coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, cada curso pode ter menos prazas e en Santiago, en primeiro hai 350 alumnos, iso xa é case unha facultade enteira.

­Vaise enfadar Senén Barro -decano da USC-.

­Non creo que sexa o momento dos localismos, eu creo no SUG, un sistema universitario galego. Nesa fórmula, probablemente Santiago sería a gran facultade de Medicina, pero debería abrirse á posibilidade de que existisen outras.

­Pois alí están reticentes. Din que se A Coruña pide Medicina, eles pedirán Camiños, Arquitectura, Informática...

­Ao mellor esa é a solución. Se non se amplía a facultade de Medicina, os estudantes de fóra rematarán por marchar a estudar a outras universidades, porque non terán sitio en Galicia. De feito en Andalucía ou Cataluña están a abrir máis centros.