El Ideal Gallego
28/02/10
A Coruña
ENTREVISTA DE MARINO PÉREZ
Un cativo de Mera que adicou a súa vida, máis que a un traballo ou a un xeito de gañar a vida a unha paixón. A arquitectura, o urbanismo, nas verbas do vicerreitor Xosé Lois Martínez adquiren unha dimensión distinta, a de aquel que domina o que poucos sequera coñecen. Coa calma do que se sabe seguro, non é quen de superar os tic do bo docente, do vocacional, nin cando é o entrevistado. Cada vez que ten que explicar un concepto colle un lápiz e un papel para ilustralo, para que os de fóra o vexan “sobre o plano”. Con tres trazos debuxa A Coruña, cun cuarto plasma a comarca enteira. Queda claro que sabe do que fala, aínda que nin se atisbe a suficiencia no seu discurso. O que se di todo un mestre.
Nunha semana na que na cidade só se fala de urbanismo, o vicerreitor de Infraestruturas adquire un papel máis relevante do que ten habitualmente. Ninguén mellor ca el para analizar unha reforma complexa que na Universidade pasa, en primeiro termo, por construír unha residencia pública para estudantes.
O anterior goberno da Xunta axilizara este proxecto pero co cambio de ocupantes do Executivo galego paralizouse o procedemento. A edificación albergará ao 15% dos alumnos matriculados nos catro campus coruñeses, unha ínfima parte se teñen en conta as necesidades do estudantado. Por ese motivo, porque a cidade é a única que non conta con estas instalacións en todo o Estado, o equipo de goberno leva anos reclamando a súa construcción. E, máis intesamente, nos últimos catro meses. A recente visita do conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, serviulles aos responsables da entidade educativa para arrincarlle unha promesa sobre o futuro da residencia: “Estará resolto en breve”.
O vicerreitor asume as posibilidades dun grao en Medicina. gago
Falou algo esta semana co conselleiro de Territorio sobre a residencia universitaria?
Algo. Os tempos mortos das visitas sempre serven para charlar. É a consellería a que ten que dar as boas noticias e supoñemos que será rápido.
El dicía que ambas institucións estaban a analizar cal era a mellor forma de continuar coa obra.
Si, pero é que unha residencia non é só unha obra, hai un importante tema de xestión que vén despois, que pode chegar a ser máis decisivo. Para nós é tan importante un aspecto coma o outro. Sobre todo, penso que é unha cuestión crucial para a Universidade como para a cidade, porque cando se fala de universidade tamén se fala de cidade. Sen ela, sen un aloxamento público, estamos en inferioridade de condicións na competición coas demais.
E está o tema dos cartos.
Esta residencia debe ser pública. Debe ter unha serie de servizos que permitan competir á universidade coas demais a nivel europeo e nacional. Moitas non entran no ránking mundial entre as primeiras porque non teñen prazas suficientes para os matriculados. Imaxine como estamos eiquí.
Falaban hai pouco de que se non veñen máis Erasmus é precisamente por esa carencia.
Para os europeos é evidente que ese é un tema imprescindible. Levamos 20 anos así, desde que existimos sen esta infraestrutura e nunha área urbana que en pouco tempo será a máis importante de Galicia. Por unha cuestión demográfica, non deberiamos prescindir de algunhas cousas.
E de quen é a culpa?
Pode ser que esa cuestión houbera que plantexarlla ao anterior equipo reitor. Eles preocupáronse de construír edificios, que era a prioridade no seu momento. Urbanizar, facer facultades, agora hai outras necesidades.
Falemos de cifras. Ese tan agardado edificio vai poder acoller a un 15% dos matriculados. Será suficiente?
Non. Son 600 prazas e non é suficiente, pero, polo menos é un principio. Por iso estamos a traballar noutra alternativa. O proxecto do campus center contempla outra forma de acoller estudantes, preparado para os que veñen de fóra.
E que a cidade de A Coruña conta con moitas carreiras únicas na zona norte e ten un efecto chamada.
Ten. Sobre todo en Camiños ou en Arquitectura, en todas as que son únicas. A facultade de Camiños máis próxima á nosa, por exemplo, é a de Valladolid, así que a xente de León, de Zamora, de Asturias vén a estudar eiquí.
Tamén haberá que acondicionar a cidade para eles logo.
Exacto. A xente non vai a unha universidade hoxe por ir a unha universidade, tamén vai a unha cidade, que está detrás dela, a un espazo de desenvolvemento socioeconómico. Por iso as entidades teñen que colaborar coa educación. Eu mesmo cambiei Sevilla por Barcelona porque en Cataluña era máis doado traballar. Iso é o que fai atractiva a unha cidade.
Aí entra tamén a transformación urbanística de A Coruña. Que imaxino que integrará ao campus.
Para min, este plan xeral é o primeiro onde a Universidade aparece como a grande protagonista. Está, xunto co sistema hospitalario ao nivel da estación intermodal ou do porto como un dos grandes temas deste texto.
Para expandirse haberá que solucionar o tema das expropiacións dos veciños de Elviña, que agora mesmo son un problema para vostedes e o Concello.
Nós fixemos até o de agora todo o que tiñamos que facer. Pero, por suposto, os veciños teñen dereito a seguir vivindo onde viviron sempre, tanto en San Vicente como no castro. Por iso pedimos que se garanta o seu realoxo.
Habería que preguntarlles a eles se queren seguir vivindo ao lado desa nova infraestructura.
Ao cabo, unha entidade educativa non é unha central nuclear, non creo que poida ter ningún efecto negativo sobre aqueles que viven ao carón dela. Incluso hai hoxe moita xente na zona que se adica a dar aloxamento aos estudantes.
Visto así son todo vantaxes. E medrar nos outros campus, como o de Oza?
Se sabe que o que Busquets chamou a cidade da saúde pasa pola zona do antigo Juan Canalejo.
Aí entramos nun tema complicado, o da facultade de Medicina. Haberá unha?
Seguramente. A realidade é que non hai que darlle servizo á poboación do século XIX, senón á de agora. Hoxe en día, a meirande parte está concentrada nun núcleo ao noroeste, que abarca A Coruña, Ferrol e Carballo. Ademais, coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, cada curso pode ter menos prazas e en Santiago, en primeiro hai 350 alumnos, iso xa é case unha facultade enteira.
Vaise enfadar Senén Barro -decano da USC-.
Non creo que sexa o momento dos localismos, eu creo no SUG, un sistema universitario galego. Nesa fórmula, probablemente Santiago sería a gran facultade de Medicina, pero debería abrirse á posibilidade de que existisen outras.
Pois alí están reticentes. Din que se A Coruña pide Medicina, eles pedirán Camiños, Arquitectura, Informática...
Ao mellor esa é a solución. Se non se amplía a facultade de Medicina, os estudantes de fóra rematarán por marchar a estudar a outras universidades, porque non terán sitio en Galicia. De feito en Andalucía ou Cataluña están a abrir máis centros.

"a cidade é a única que non conta" com residenza univ. publica de todo o estado, e mintira, na mesma universidade da Corunha, a "cidade" (tambem) de Ferrol nom conta tampouco com residenza univ. publica, nim conta com residenzas privadas nos arredores (que si tem Corunha) dos campus, o cal si limita a chegada de Erasmus que mesmo, paradoxicamente, tenhem que marchar a viver a Corunha, por isto. Se este senhor falha em conhecer informaçom sobre a propria realidade da sua propria univ. vexo como nula a sua fiavilidade como oraculo da situazom (residenza ou nom) das outra univ. espanholas.
ResponderEliminarCecais aqui tambem esta exalherando ou errando ... ou cecais compre infrar as necesidade pra focalizar as opinioes dos medios em determinados discursos, e nom e outros como o do que tenham que dizer os afectados polas expropiaçoes