9/6/10

A Xunta e a Universidade chegan a un acordo para construír a residencia

La Voz de Galicia
09/06/10
A Coruña

O Goberno galego levantará o complexo e logo cederallo á UDC para que se encargue do mantemento

Ana Lorenzo

Os desencontros entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Xunta para poñer en marcha a residencia de Elviña parecen chegar ao seu fin, despois de que ambas institucións chegasen a un acordo para a construción e mantemento deste complexo, que terá cerca de 600 prazas de aloxamento para estudantes e profesores, e que se convertirá no primero público que existe na cidade, que ata agora era a única de España que non contaba con este servicio. O convenio que alcanzou o Goberno galego e a institución académica coruñesa establece que o primeiro será o encargado de financiar a construción da residencia, e que unha vez finalizadas as obras, cederá o edificio e todos os terreos á UDC, que se encargará do seu mantemento.

Este acordo terá que ser ratificado nos próximos días polos membros do Consello de Goberno da Xunta. Segundo se anunciou, unha vez tomada a decisión axilizarán todos os trámites para adxudicar a actuación canto antes.

De feito, o proxecto da residencia universitaria de Elviña xa conta coa licencia de obra do Concello da Coruña, así como cunha partida de 10,7 millóns de euros que o Executivo autonómico incluiu nos orzamentos para este ano. Con ese diñeiro comezaríanse os traballos desta actuación, que ten unha cuantía total fixada en 24,5 millónes, dos que máis de 20 destinaríanse a levantar o edificio, mentras que o resto invertiríanse en acondicionar toda a parcela e os accesos.

En febreiro do ano pasado, un total de 23 empresas presentáranse ao concurso para a construción deste complexo residencial, e só restaba que os responsables da anterior Consellería de Vivenda escollesen a oferta máis vantaxosa e que se axustase mellor á normativa establecida no Diario Oficial de Galicia do 19 de decembro do 2008. Porén, en marzo do 2009 celebráronse as eleccións que levaron a San Caetano ao líder popular Alberto Núñez Feijoo e ao seu equipo, algo que retrasou a continuación deste proxecto tan demandado pola comunidade universitaria.

Máis de 10.000 estudantes
A UDC é a única universidade de España que non ofrece un aloxamento público aos seus estudantes, e estímase que uns 10.000 alumnos ao ano vense obrigados a alugar pisos para poder realizar os sus estudos na cidade. Esta situación supón unha desventaxa tendo en conta que o novo plan de Boloña facilita o intercambio de mozos con outros países, que buscan residencias onde vivir.

Máis información:

1 comentario:

  1. Novamente a Voz posicionándose do lado dos máis débiles!
    Bravo!! Abonda de mencionar o noxento caso dos poderosos veciños que expulsan das súas mansións. Estes veciños, desde logo, como ousan pedir o realoxo. E así é o escarño do poder popular expresado a través da Xunta. Danlles unha merda polas súas propiedades e polas súas casas e de realoxo nin falar.
    Hai que expropiar todo para o pobo!

    Sempre a Voz cos máis débiles, e que siga así por moito tempo! Saúde e República

    ResponderEliminar