12/6/10

O Goberno comprométese a seguir invertindo no parque tecnolóxico da UDC

La Voz de Galicia
12/06/10
A Coruña

Ana Lorenzo / A Coruña

O secretario xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Juan Tomás Hernani, visitou onte o parque tecnolóxico da Universidade da Coruña (UDC), onde se compromeu a seguir colaborando con estes proxectos, «para afianzar o seu crecemento». O representante do Goberno central recordou que, nestes momentos, está aberto o prazo de solicitude de subvencións para respaldar iniciativas deste tipo, e animou aos responsables da UDC a facelo, posto que a cuantía total destas axudas ascende a 600 millóns de euros para todos os proxectos.

Hernani tamén recoñeceu que a comunidade galega é a que experimentou un maior crecemento na consecución de partidas para levar a cabo proxectos de base tecnolóxica, posto que o ano pasado se recibiron 47 millóns de euros para poñer en marcha 36 iniciativas; unha cantidade que duplicou á recibida no 2008, cando só se recibiron cerca de 22 millóns de euros.

Proxectos internacionais

A visita de Hernani iniciouse no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic), a posta en marcha da cal foi posible gracias a unha axuda de 5 millóns de euros. Alí xa traballan empresas que naceron na propia UDC, e que coa colaboración do sector privado convertíronse en verdadeiros referentes internacionais, tal e como apuntou onte o secretario xeral de Innovación.


Máis información:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/06/12/gobierno-anima-universidad-solicitarle-ayudas-innovacion/392858.html

http://91.116.142.6/index.php/periodico-impreso/a-coruna/2809-noticia


No hay comentarios:

Publicar un comentario