11/6/10

A UDC concorre á convocatoria de Campus de Excelencia con dous proxectos

La Voz de Galicia
11/06/10
A Coruña

A Coruña

Un total de 49 proxectos presentáronse este ano á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional, que promove o Ministerio de Educación, e que conta coa presenza da Universidade da Coruña (UDC) en dous deles. O primeiro e máis importante é o que levou a cabo a institución académica coruñesa sobre tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e medioambiental.

No segundo, o Campus do Mar, suma o seu apoio á iniciativa da Universidade de Vigo, que tamén conta co respaldo da institución compostelá. Esta última tamén acude á convocatoria co seu proxecto de Campus Vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario