25/5/10

Fernández Moreda presentará no pleno da Diputación o Campus de Excelencia

El Ideal Gallego
25/05/10
A Coruña


M. Pérez > A Coruña

O reitor da Universidade, José María Barja, reuniuse onte co presidente da Diputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, para presentarlle o proxecto “Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental”, co que a entidade educativa optará ao Campus de Excelencia Internacional. Despois do encontro entre ambos responsables, Moreda comprometeuse a levar o asunto ao próximo pleno para solicitar o apoio de todos os grupos políticos.

Asegurou así mesmo que o plan desperta un importante interés a moitos niveles, xa que vai ligado ao tema da xestión sostible en todos os aspectos, incluído o ambiental: “A sustentabilidade é un elemento fundamental para o desenvolvemento da economía e o medio ambiente”.

A Universidade presentará o próximo 31 de maio a súa proposta para o Campus de Excelencia Internacional que, como asegurou o vicerreitor de Cultura e Comunicación, Luis Caparrós, na presentación oficial do pasado venres, “beneficiará a toda a rexión urbana que forman a comarcas da Coruña e Ferrol”.

O proxecto baséase nunha das grandes fortalezas con que conta a Universidade, o perfil tecnolóxico, aínd que se trata dun proxecto integrador no que teñen cabida todas as ramas do saber, desde a xurídico-social ás humanidades.

Obxectivos > Un dos principais obxectivos deste programa é potenciar un polo rexional en tecnoloxías para a sostenibilidade económica, social e ambiental, para o cal o campus conta cun parque tecnolóxico no que se ubican empresas nacidas do propio centro xunto a outras compañías destacadas, así como grupos de investigación punteros na súa área.

Tamén trata de levar a cabo unha oferta de posgrao interuniversitario e internacionalizado de calidade que sexa diversificado e sostible e impulsar unha rexión urbana, ambientalmente responsable, dinámica e abierta, pensando nun campus didáctico.

Ademais inténtase consolidar un sistema de xestión universitaria sostible dos recursos, con mecanismos de cumprimento de obxectivos en materia da calidade e rendición de contas á sociedade, na liña do que se vén facendo na entidade académica ata agora.

En suma, segundo lle explicou o reitor ao presidente da Diputación, trátase dun proxecto feito desde a pluralidade, tal e como se explicou en consello de goberno da entidade, así como no claustro, e desde a responsabilidade, desenvolvendo unhas prácticas de xestión de recursos caracterizadas pola planificación e longo prazo.


Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario