23/5/10

O Parque Ofimático recibe a luz verde do Concello para empezar coas obras

El Ideal Gallego
22/05/10
A Coruña

Redacción > A Coruña

A xunta de Goberno acordou onte, e fóra da orde do día, a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do Parque Ofimático, no que se construirán 1.216 vivendas protexidas, 832 vivendas libres e que contará con 95.000 m2 destinados a usos terciarios.

As case 400 parcelas orixinais aportadas polos 98 propietarios convírtense desta forma en 47 novas parcelas edificables conforme ao Plan Parcial. Ao mesmo tempo, a reparcelación conleva a cesión ao Concello de case 130.000 m2 con destino a vías públicas, 69.000 m2 para espacios libres públicos, case 20.000 m2 de solo para fins deportivos, 39.000 m2 de solo para equipamento escolar e 2.900 m2 de solo para equipamento social.




Listo para urbanizar > Esta aprobación definitiva habilita a disposición dos terreos para as obras de urbanización, que teñen un orzamento que ascende a uns 45 millóns de euros. As obras de urbanización teñen que ser financiadas polos propietarios das parcelas, en proporción á superficie aportada.

Ademais, o acordo permite a concesión de licencias de edificación nas parcelas, se ben as obras de edificación quedan supeditadas ás obras de urbanización, de modo que non se poden ocupar os edificios construídos en tanto non se reciban polo Concello as obras de urbanización.

O principal propietario é o Instituto Galego de Vivenda e Solo, cunha superficie de cerca do 50% do ámbito. O Concello dispón de cinco parcelas, con 29.600 m2 edificables para vivenda libre e terciario e 11.400 m2 para vivenda protexida.

Os actuais propietarios de casas na zona recibirán as parcelas previstas para vivendas unifamiliares, introducidas mediante modificación do Plan Parcial que no seu día se fixo con esa finalidade.

Ademais, recoñécense dereiros de realoxo que, conforme á lexislación vixente, poderán concretarse nas vivendas protexidas que se construirán no propio Parque Ofimático.


Centro Coreográfico > A xunta de Goberno aproveitou a reunión de onte para dar por zanxado un dos conflictos surxidos nas últimas semanas e que tamén garda relación co Parque Ofimático. Trátase da autorización formal da posta a disposición da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) dunha parcela de 4.319 m2 no Parque Ofimático para iniciar a construción da sé do Centro Coreográfico Galego.

Tamén se aprobou adoptar o compromiso de que na data de finalización deste equipamento e de concesión da licencia de primeira ocupación, estará realizada a urbanización do terreo conforme ao proxecto técnico establecido.

A reparcelación zanxa, así mesmo, as alegacións que presentara Adif pola ocupación duns terreos.

Máis información:


No hay comentarios:

Publicar un comentario