31/1/10

Cooperativistas piden a Concello, Estado e Xunta un pacto para empezar o ofimático

La Opinión de A Coruña
28/01/10
A Coruña


Representantes de tres cooperativas que agrupan a case 300 familias pedirán ás tres administracións que impidan que a execución da sentenza do Supremo retrase as obras


Marta Villar A Coruña

Portavoces das tres principais cooperativas do Parque Ofimático, que representan a case 300 familias, acordaron onte solicitar unha entrevista con representantes do Concello da Coruña, a Xunta e o Ministerio de Fomento, para lograr que as tres administracións cheguen a un acordo rápido que permita iniciar as obras de urbanización no sector e que evite unha nova reparcelación.

Os cooperativistas confían en que mediante o diálogo se poderá conseguir que as tres administracións públicas implicadas no desenrolo do Parque Ofimático encontren unha solución ante o problema creado tras a sentenza do Tribunal Supremo que anula o plan parcial deste sector porque o Concello non recoñeceu o dereito a aproveitamento urbanístico de Renfe (agora denominada Adif).

A resolución xudicial non ordena unha nova reparcelación pero esta é inevitable porque o Alto Tribunal establece que hai que incluír a Adif no reparto o que obriga a recalcular os aproveitamentos. O organismo ferroviario ten 11.090 metros cadrados de terreo neste ámbito polo que tería dereito a un aproveitamento equivalente a 89 pisos.

O problema afecta a un gran número de propietarios pois nesta zona entre Matogrande e Eirís construiranse ata un máximo de 2.432 vivendas das que aproximadamente a metade son de protección autonómica.

Maqueta do Parque Ofimático


Responsables das cooperativas suliñan que o seu único obxectivo é que "as máquinas entren a traballar canto antes no ofimático" e por esa razón queren que se negocie unha solución que non pase por unha nova reparcelación porque retrasaría a xestión desta urbanización.

Os cooperativistas sinalan que os tres implicados que deben solucionar o problema son administracións públicas polo que "non tería que haber dificultades á hora de chegar a un acordo" a pesar dos "eventuais condicionantes técnicos e xurídicos".

Estes afectados recordan que as case 300 familias integradas nestas cooperativas aportaron xa unha media de 30.000 euros polo pago a Xestur das parcelas nas que se construirán as vivendas protexidas e esixen que este diñeiro "se invirta canto antes na urbanización do terreo" para que estes propietarios accedan aos seus futuros fogares "o antes posible".

O primeiro anuncio da construción deste sector efectuouse hai case vinte anos, o plan parcial custou seis anos de tramitación e tres modificacións, e por esta razón o maior temor das familias é que teñan que esperar máis anos aínda ata poder acceder ás súas vivendas.

Unha das propostas que posiblemente se plantexen é a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo. Os afectados, como parte interesada, teñen dereito a solicitar ao Alto Tribunal que non se execute. Tamén o pode facer o Concello aínda que a concelleira de Urbanismo, Obdulia Taboadela, manifestou que o Concello non fará nada, quedará á espera ata saber se Adif pide que se execute dita resolución xudicial.

O Concello, segundo a lexislación, ten un prazo de dous meses para executar esta sentenza, e se non o fai Adif pode demandar a súa execución forzosa. Responsables do organismo ferroviario manifestaron onte que os seus servizos xurídicos estudan nestes momentos o contido do fallo do Supremo polo que aínda non tomaron unha decisión.

Toda sentenza debe ser executada nos seus propios términos, é un dos principios fundamentais do dereito á tutela xudicial efectiva. Se o Supremo anula o plan parcial e obriga a recalcular o aproveitamento para otorgarlle unha parte a Adif, isto é o que hai que facer e obriga a efectuar un novo expediente de reparcelación.

Alternativas

O Concello da Coruña tamén pode solicitar ao Alto Tribunal a inexecución da resolución xudicial por imposibilidade material de cumplila e Adif pode non opoñerse pero en calquer caso, se hai unha negociación ou se intenta un acordo para evitar cumplir o fallo xudicial, son os tribunaies os que teñen a última palabra e din se aceptan ou non solucións que eviten o que resolveron en sentenza.

O Executivo local, noutros casos nos que o Supremo fallou tamén na súa contra como co edificio Conde de Fenosa, legalizou a situación modificando o plan xeral urbán. Se o Executivo municipal coruñés optase por unha solución similar no caso do Parque Ofimático surxiría un problema: a intensidade do sector é de 1,1 metro cadrado por metro cadrado pero agora a lei do solo limita a intensidade nestes ámbitos a 1 metro cadrado por metro cadrado, é dicir, menos edificabilidade, o que obrigaría ademais a recalcular os datos da memoria do plan xeral.

"A urbanización vai quedar preciosa, está moi ben deseñada, é urbanismo intelixente, con zonas verdes, pisos de boa calidade, poucas alturas e a un bo precio, é un luxo", explica un cooperativista respecto aos pisos protexidos que se executarán no Parque Ofimático. Os afectados descoñecen sequera unha data aproximada de entrega das chaves das vivendas pero sinalan que as obras de urbanización están orzamentadas para este ano. "Agora todo vai depender da vontade de Renfe", engade un cooperativista. Arturo Franco, López Mihura e Romero Teijo, Naos ou Rodríguez e Rivoira son algúns dos arquitectos que deseñarán o Parque Ofimático.

27/1/10

O Supremo obriga a reparcelar o parque ofimático

La Opinión de A Coruña
26/01/10
A Coruña



O Alto Tribunal afirma que o Concello debeu recoñecer a Renfe como propietario de terreos no sector, onde se levantarán 2.432 pisos, e polo tanto con dereito a aproveitamento urbanístico

Marta Villar A Coruña

O Concello da Coruña deu o último paso o pasado mes de setembro para poñer en marcha o Parque Ofimático despois de seis anos de tramitación e agora terá que empezar de novo todo o proceso. O Tribunal Supremo acaba de anular o plan parcial porque o Concello non recoñeceu a Renfe o aproveitamento urbanístico que lle correspondía polos terreos que posuía neste sector. O plan parcial inclúe 400 parcelas edificables e prevé construír ata un máximo de 2.432 vivendas na zona entre o barrio de Eirís e Matogrande, das que 1.200 serán de protección autonómica.

A sentenza emitida polo Supremo o pasado 14 de decembro supón un duro pau para o Concello e un grave problema difícil de solucionar debido aos efectos que ten: o Goberno local terá que realizar unha nova reparcelación dos terreos porque ao haber outro propietario máis ao que compensar é necesario recalcular os aproveitamentos que lle tocaron a cada un. A consecuencia inmediata é que esta resolución xudicial perxudica ao conxunto de propietarios porque cantos máis son a repartir menos toca.

O maior problema téñeno os veciños que compraron terreos xa neste sector, ou entregaron adiantos. Xestur ademais xa adxudicou en concurso a venda de parcelas para os pisos protexidos e os adxudicatarios foron promotoras e cooperativas ás que se sumaron moitos interesados.

O Concello, para executar esta sentenza, non ten máis remedio que efectuar unha nova reparcelación entre os propietarios de terreos. A anulación do plan sentenciada polo Supremo non supón automaticamente a anulación tamén dos seus instrumentos de xestión pero como o Alto Tribunal precisa na súa resolución que Renfe ten dereito ao aproveitamento que lle corresponde no sector, hai que realizar unha nova adxudicación de parcelas e reparto entre propietarios incluíndo a Renfe.

Renfe, entidade agora denominada Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), ten terreos dentro do plan parcial do Parque Ofimático: son as vías do tren que vén de Pocomaco e tras pasar baixo Alfonso Molina diríxense por detrás do colexio Liceo ata o porto. En total suman uns 11.090 metros cadrados de terreo calificado como sistema xeral ferroviario.

O Executivo local negouse sempre a recoñecer que Renfe, ao igual que outros propietarios de terras dentro do ámbito, tiñan dereito a edificabilidade cando se executase o plan parcial. Por esta razón a entidade ferroviaria presentou un recurso contra o acordo do pleno do Concello de 2001 polo que se aprobou definitivamente o plan parcial e se rexeitou a súa impugnación. Agora foi o Supremo o que obrigou ao Concello a recoñecerlle o seu dereito.

O Tribunal Superior rexeitou a lexitimidade de Renfe para recurrir pero o Supremo revocou a súa resolución e precisou na sentenza que se a entidade adquirise no seu día os terreos para poñer as vías de forma gratuita, non tería dereito a aproveitamento urbanístico, pero fíxose con eles por expropiación, ou sexa, que pagou por eles, polo que segundo a lexislación si ten que ser compensado.


Zona entre Eirís e Matogrande, onde se ubicará o Parque Ofimático.


Os veciños expropiados no seu día tamén terían dereito á reversión dos seus terreos ao cambiar o fin para o que llos quitaron pero co último cambio da lei este dereito xa caducou. O Concello, para executar a sentenza, terá que realizar unha nova reparcelación e otorgar agora a Renfe un aproveitamento urbanístico de case 11.000 metros cadrados, que en uso residencial sería o equivalente a 89 vivendas. Tamén podería optar por compensar a Renfe co aproveitamento noutras urbanizacións da cidade, para non retrasar máis este proxecto, aínda que legalmente non sería correcto.

A sentenza do Supremo anula o primeiro plan parcial, o que se aprobou en 2001. Despois dito instrumento foi modificado en 2005 e en 2007 pero os efectos do fallo xudicial afectan ao plan vixente actualmente porque as determinacións do primeiro proxecto, anuladas agora polo Alto Tribunal, incorporáronse ao definitivo.

O plan parcial do S-10 do Parque Ofimático foi aprobado definitivamente por acordo plenario en setembro de 2001 pero de inmediato o propio Concello acordou a súa suspensión para rectificar unha cuestión da calificación da zona de afección de Renfe polo que se produxo unha nova aprobación no pleno de marzo de 2003.

Dous anos despois modificouse de novo este instrumento de planeamento debido á entrada en vigor da nova lei do solo galega. O plan parcial fixaba máis prazas de aparcadoiros das que esixía a lei polo que o Concello corrixiuno para reducir o seu número. Esta segunda modificación aprobouse por acordo plenario en febreiro de 2005.

A terceira e última modificación, e a máis polémica, prodúxose en 2007. O pleno aprobou un texto refundido do plan -de novo excluíu a Renfe do dereito a aproveitamento- pero ademais cambiou de forma sustancial o proxecto: tanto o plan xeral de 1998 como o primeiro plan parcial do Parque Ofimático, o de 2001, fixaba un uso terciario para este sector, é dicir, unha zona empresarial e de oficinas. Co cambio de 2007 converteuse nun plan no que o uso dominante é o residencial e o uso terciario é case testimonial. O aproveitamento urbanístico é de 287.735 metros cadrados para uso residencial é só 95.578 metros para uso terciario.

A superficie do sector do Parque Ofimático suma case 40 hectáreas. No seu interior ubícase o núcleo de solo urbán de Eirís de Arriba e Abaixo, que está excluído do plan.

Os impulsores das hortas urbanas de Feáns estudian extendelas a solares sen uso

El Ideal Gallego
25/01/10
A Coruña

R.L. > A Coruña

Hai só uns meses un colectivo de arquitectos, Desescribir, planteou a creación de hortas urbanas no val de Feáns. Coa proposta, que se incluía dentro do ciclo “A Cidade dos Barrios”, promovido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ofrecían unha solución á falta de aproveitamento dunha terra que algún día suministrou a media cidade. Baseándose na mesma idea, agora, os arquitectos non descartan facer o mesmo con solares “que se van desenrolar no futuro” pero que por agora non teñen ningún uso definido.

Felipe Riola, un dos membros do colectivo, apunta como posibles ubicacións espazos baleiros do Castrillón u Os Castros. Non se olvida tampouco de barrios como Os Rosais, en concreto a parte de atrás dos edificios. Fala en todo momento de algo temporal porque é consciente de que en cinco ou seis anos o panorama da zona será moi diferente ao actual.

Non se descarta imitar a acción en territorios coas mesmas características que Feáns, é dicir, barrios eminentemente rurais nos que algún día se cultivou de maneira extensiva. A parroquia de Elviña é o primeiro no que pensan os arquitectos.

A filosofía da idea é plantar cara aa urbanismo desenfrenado e posibilitar aos cidadáns o uso de espazos abertos que actúen como puntos de encontro. Segue a liña de iniciativas que, aínda que veñen de lonxe -en países como Francia ou EEUU está moi extendido o uso de hortas urbanas-, xa se levaron a cabo en lugares como Santiago. É verdade que a posibilidade que agora se plantexan os arquitectos supón un paso cara adiante e quizáis máis sorprendente para os propietarios que o anterior.



Os arquitectos visitaron os terreos en compañía dalgúns veciños de Feáns patricia g. fraga




Autoxestión > O papel de Desescribir no proxecto das hortas urbanas vai máis alá do que se pretendía nun primeiro momento. “Seguimos vinculados ata que se complete o proceso de formación da asociación”, explica Riola. Será precisamente a posta en marcha desta o paso definitivo cara a autoxestión, que se levanta como un dos principios fundamentais do plan.

Tras o parón do nadal, nestes momentos xa se ultiman os detalles xurídicos que posibilitarán o comenzo da actividade nas hortas a principios do mes de febreiro. Nese momento, a Asociación de Usuarios do Val de Feáns tomará o mando no que se refire á organización dos terreos, así como ás prácticas que se realicen.

Funcionamento > O funcionamento das hortas, que en todo caso serán explotadas de maneira ecolóxica, será gradual, xa que a gran demanda dun espazo de terra que se rexistrou non permitiría que todos empezasen ao mesmo tempo. Así, como explica Riola, durante os primeros días do próximo mes poderían empezar a traballan unhas 25 persoas para, pouco a pouco, incluír a un grupo novo na actividade.

A idea bautizada como “Hortas na cidade” está plantexada para que teña efectos tanto sobre a vida dos residentes no centro da cidade como dos vecinos do propio núcleo de Feáns. Os promotores cren que os coruñeses pasarán a contar cun lugar de esparcimento máis que lles permitirá variar as súas axendas de ocio. Ademais, Feáns poderá beneficiarse do que supón ser un lugar visitado e transitado.

Por que non, os residentes poderían incluso ver como melloran as súas conexións, como se soluciona a escasez de buses ou as malas estradas.

20/1/10

A UDC di que a viabilidade da residencia está garantizada

La Voz de Galicia
20/01/10
A Coruña

Recorda que hai máis de 8.000 alumnos que teñen que vivir en pisos de aluguer

Ana Lorenzo

Desde a Universidade da Coruña non tardaron en responder á Xunta sobre a posible viabilidade do futuro complexo residencial de Elviña, que está previsto comezar a levantar este mesmo ano. O vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, asegurou que «a viabilidade económica e social do servizo público da residencia universitaria están garantizadas pola gran demanda existente, de máis de 8.000 alumnos de Galicia e outras comunidades autónomas, que actualmente teñen que resolver o seu problema de aloxamento no mercado libre da vivenda de aluguer, na cidade máis cara de Galicia».

Neste sentido, recordou que hai máis de vinte anos que se aprobou o plan parcial do campus de Elviña, e que os estudantes coruñeses seguen «estando penalizados no sistema universitario español en xeral, e no sistema universitario galego en particular», porque ata o momento non dispoñen de ningunha praza de residencia pública. Ademais, e debido á entrada no novo espazo europeo de enseñanza superior, a UDC encóntrase en inferioridade de condicións, ao non poder ofrecer este servicio aos alumnos que procedan doutros países. «A penalización á que está sometida a Universidade da Coruña repercute na súa atractividade e na súa competitividade ante o plan de Bolonia. A UDC só entende un sistema universitario forte, sen desequilibrios internos nas ofertas de infraestruturas», afirmou Xosé Lois Martínez, que anunciou que a institución académica coruñesa alcanzará pronto os 25.000 universitarios, polo que precisa urxentemente poñer en marcha a residencia de Elviña.

O representante universitario ofreceu a súa total colaboración ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e comprometeuse a «asumir o mantemento e conservación da área residencial universitaria que se vai construír no campus de Elviña».

Prezos públicos
Pola súa parte, o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, tamén falou da residencia universitaria, e quixo puntualizar que «non é o mesmo viabilidade económica que rendibilidade económica. A Universidade da Coruña quere unha residencia universitaria pública con prezos públicos, que permita a mobilidade social ascendente que se establece na lei do sistema universitario galego». Así mesmo, destacou que a UDC xa se puxo en contacto co Concello e a Xunta para axilizar canto antes a construción do complexo residencial.

Unha actuación de 24,5 millóns de euros
A construción da residencia universitaria de Elviña -e a urbanización do seu entorno- suporá un desembolso aproximado de 24,5 millóns de euros, dos que a Xunta xa aportou para este año 10,7 millóns. Nas próximas semanas está previsto que se licite finalmente a obra y se coñeza o nome da empresa que levará a cabo o proxecto.

19/1/10

A Universidade asegura que hai demanda para unha residencia pública

La Opinión de A Coruña
18/01/10
A Coruña
Comprométese a asumir o custo do mantemento das instalacións
REDACCIÓN A CORUÑA. A Universidade sostén que a viabilidade económica e social dunha residencia universitaria está garantiza pola "gran demanda" existente.

Destaca que hai máis de 8.000 universitarios galegos e de outras comunidades como Asturias e Castela e León, así como varios centos de Erasmus, que teñen que resolver o seu problema de aloxamento na cidade "máis cara" de Galicia. Engade que os alumnos da UDC, 20 anos despois da aprobación do plan parcial do campus, están "penalizados" no sistema universitario español e no galego.

Por iso, espera acadar pronto os 25.000 alumnos cunha oferta pública de aloxamento universitario. A institución académica asegura que o Estado xa comprometeu o seu apoio á iniciativa, pero o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) debe informar de forma favorable a solicitude ao Ministerio de Vivienda de máis de catro millóns de euros.

18/1/10

A Xunta esixe a «garantía absoluta» de que a residencia universitaria será viable economicamente


La Voz de Galicia
16/01/10
A Coruña



Ana Lorenzo.

Despois de que o alcalde coruñés, Javier Losada, se unise á petición da Universidade da Coruña para que se constrúa canto antes a residencia de estudantes de Elviña, a Xunta anunciou onte que xa hai máis de 10 millóns de euros consignados -a través do Instituto Galego da Vivienda e Solo- para comenzar a levantar o inmoble, «o que ratifica o compromiso e a decisión de levar a cabo esta obra».

Así mesmo, desde o Goberno autonómico explicaron a que foi debido o retraso na execución do proxecto, que estaba previsto iniciar nos meses de marzo ou abril do 2009. Segundo recordaron, «o goberno bipartito non deixou os trámites preparados para comezar a construír o inmoble, posto que licitou a obra, pero non deixou todos os terreos a disposición».

Despois de solucionar este último trámite, a intención dos responsables autonómicos é que a residencia universitaria que se construirá no campus de Elviña «sexa unha oportunidade para a cidade e non un problema. Por elo, o Goberno quere a garantía absoluta non só de que a residencia teña un deseño axeitado, con garantías de calidade, senón que tamén sexa viable economicamente e, unha vez construída, o seu mantemento non supoña unha carga excesiva que faga imposible ou dificulte a súa xestión».

Por último, desde o Executivo galego anunciaron que nestes momentos están negociando cos responsables da Universidade da Coruña «as medidas necesarias para que ditas condicións sexan realidade no momento que estea finalizada dita obra».

Un proxecto con catro anos de vida e múltiples paralizacións

La Voz de Galicia
15/01/10
A Coruña.


Ana Lorenzo.

A Consellería de Vivenda decidía, no ano 2006, iniciar os trámites para que A Coruña contase coa súa primeira residencia universitaria pública, un proxecto que poucos meses despois -e tras convocar un concurso de ideas a nivel internacional- contaba cun deseño asinado por catro arquitectos cataláns. Porén, os trámites administrativos non foron tan rápidos, e unha modificación no PXOM coruñés provocou que a actuación se retrasase case dous anos.

De feito, houbo que redactar en dúas ocasións os cambios realizados no documento urbanístico para que a anterior Consellería de Política Territorial dese visto bo e se puidese pedir a licenza de obra e convocar o concurso de licitación, ao que se presentaron 23 empresas.

Cando xa se anunciaba que en marzo ou abril do 2009 se coñecería a compañía elixida e poderían empezar as obras, o cambio de Goberno da Xunta fixo que todo o proceso se paralizase, e se retrasase ata o primeiro trimestre deste ano, última data anunciada para a súa adxudicación.

Losada esixe á Xunta que adxudique xa a residencia universitaria

La Voz de Galicia
15/01/10
A Coruña


Ana Lorenzo.

O alcalde da cidade, Javier Losada, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, volveron onte unir esforzos para intentar dar unha solución a un dos problemas máis importantes que ten a institución académica coruñesa nestes momentos: a falta dunha residencia. De feito, o proxecto para realizala leva catro anos redactado, e agardábase que a súa construción se iniciase no primeiro trimestre do ano pasado. Porén, os cambios no Goberno da Xunta retrasaron a posta en marcha deste inmoble, que conta para este ano cun orzamento de 10,7 millones, dos 24,5 totais que costará levantar este edificio.


O rexedor coruñés manifestou a súa preocupación por este enorme retraso, e «pola falta de decisión da Xunta para adxudicar as obras de construción da residencia de estudantes, unha necesidade notable, toda vez que A Coruña é a única universidade galega que aínda non conta cun servizo de aloxamento». Losada considerou que é imprescindible dispoñer deste edificio para completar a oferta que realiza a UDC, e así fíxollo saber ao reitor e a todo o seu equipo, co que compartiu unha reunión no pazo municipal de María Pita. Durante o encontro, o mandatario tamén anunciou a súa intención de seguir traballando e colaborando coa universidade, «que crece e avanza no camiño desexado para ser referente na formación da xente nova».


Financiación

Neste senso, Losada tamén quixo facer especial fincapé nos problemas de inversión que leva sufrindo desde hai décadas a institución académica coruñesa, que é a universidade española que menos diñeiro recibe por alumno. Ademais, os recortes levados a cabo pola Xunta con motivo da recesión económica non axudaron a mellorar a situación financieira da UDC.


Porén, como destacou o alcalde coruñés, «a boa xestión do seu equipo reitoral» permitiu que a Universidade da Coruña conte neste exercicio cuns orzamentos similares aos do ano anterior, o que permitirá sacar adiante algúns dos seus proxectos orzamentarios máis importantes, como o parque tecnolóxico ou a adaptación das facultades ao novo espazo europeo de ensinanza superior.


Así mesmo, desde o Concello coruñés tamén se anunciou que se fará o máximo esforzo para conseguir que a UDC logre o título de campus de excelencia no año 2015, «co que A Coruña se situaría entre as principais universidades españolas en materia de investigación e innovación, un campo no que vén traballando con éxito, toda vez que conta co que é o primeiro e máis importante polígono empresarial da cidade no campus de Elviña», destacou Losada.Por último, tamén quixo facer partícipe á Universidade da Coruña do novo PXOM, que recolle distintas actuacións para o crecemento e desenrolo da superficie universitaria

12/1/10

Os expropiados de Elviña arremeten contra a UDC

La Voz de Galicia
12/01/10
A Coruña


Ana Lorenzo.

Os afectados polas expropiacións que se realizarán na zona de Elviña para construír a futura área residencial volveron estes días a colgar unha serie de faixas nas inmediacións do campus, nas que denuncian a mala xestión realizada pola Universidade da Coruña en todo este asunto.
Segundo explicou onte Carlos Maceiras, presidente da asociación veciñal Os Rexumeiros, "a universidade non responde ao que di, porque hai un documento que se firmou coa antiga Xunta sobre as expropiacións e os realoxos, e eles din que están de acordo con el, pero logo non é así".


A Avenida da Universidade, na súa entrada a Elviña, está chea
de faixas alusivas á mala xestión da UDC nas expropiacións
para a residencia./C. QUIAN

Explican que hai máis dun mes e medio que solicitaron unha entrevista co rector para poder desbloquear esta situación, pero que non obtiveron resposta. " A Universidade ten que dar unha serie de pasos que, ao noso entender, non está a dar. Hai un documento que está enriba da mesa que só falta firmalo", argumentou Maceiras, que afirmou que é a UDC a encargada de ceder os terreos para realoxar os expropiados.

O vicerrector de Infraestructuras da UDC, Xosé Lois Martínez, aclarou que é o Concello o que ten que realizar as expropiacións, xa que a Xunta lle deu unha partida orzamentaria para facelo, e que incluía o realoxo dos veciños. "É igual que se fora un hospital, os responsables do mesmo non teñen que realoxar aos afectados pola ampliación, senón que é quen expropia", afirmou.