21/3/10

A UDC protesta polo retraso na residencia universitaria

La Opinión de A Coruña
21/03/10
A Coruña

Lamenta que poida frustrar o seu proxecto para convertirse nun campus de excelencia

Redacción A Coruña

A Universidade criticou aonte de novo os retrasos que acumula a construción da residencia universitaria. O vicerreitor de Infraestruturas do centro académico, Xosé Lois Martínez, recordou onte que as obras nin sequera comenzaron e que isto podería por en perigo as aspiracións do campus de obter o título de Excelencia Internacional.

O vicedecano de Infraestruturas insistiu nos micrófonos de Radio Coruña en "que non pode ser" que un centro con 25.000 alumnos non conte cunha residencia pública na que aloxar a unha parte dos seus estudantes. As instalacións están proxectadas inicialmente con capacidade para 600 residentes e a Universidade aspira a xestionalas de forma directa. Para iso, desde o centro pídese á Xunta que axilicen uns trámites que se paralizaron durante os últimos meses e que, segundo Xosé Lois Martínez, non só perxudican ao centro académico en relación ao seu prestixio internacional, senón tamén á cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario