30/6/11

O PP galego defende que a residencia universitaria pública era "un despilfarro"



La Opinión de A Coruña

A Coruña

30/06/2011




Redacción/A Coruña "Unha herdanza envelenada e unha mostra máis da forma de gobernar e do despilfarro do diñiero público". Así definiu onte o deputado popular Jaime Castiñeira, no parlmento galego, o proxecto de construcción dunha residencia universitaria pública no campus de Elviña "ao que se comprometeu a Xunta" e na que foi anulado o concurso de adxudicación e execución hai pouco máis de dúas semanas para abrir paso a inversións privadas.


Malia recoñecer o apoio do PP galego á construcción "dunha residencia para a que hai que buscar alternativas viábeis". Neste sentido, o popular defendeu a proposta da Xunta de modificar o proxecto inicial de modo que a institución pública pague unha parte e, o resto da inversión, se realice "por concesión de obra pública para a construcción e explotación da residencia", procedemento que comparou coa execución do AVE en Galicia. "O AVE non vai deixar de ser un servizo público e o billete non vai ser máis caro que no resto de España", subliñou o parlamentario.


Para xustificar o cambio de modelo inversor, Castiñeira argumentou que "os custos da execución e mantemento estaban moi por encima da media para estes uso e quedaría comprometido o 65% do orzamento de investimentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)". "A da concesión é unha posición constructiva e está na liña na que se debe traballar", concluíu o popular.


O deputado socialista José Luis Méndez Romeu acusou onte á Xunta, durante a súa intervención no Parlamento galego, de "enganar a Universidade da Coruña durante dous anos" ao teren "paralizado" o proxecto orixinal da área residencial proxectada para o campus de Elviña. De feito, o portavoz do PSOE no Pleno autonómico reprochou ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo que "agardase até as eleccións municipais" para anunciar que non executaría a iniciativa do bipartito.


"O anuncio do novo proxect en realidade esconde unha perda de tempo e un engano aos veciños xa expropiados aos que prometeu [a Xunta] o realoxo e que aínda non teñen unha solución", comentou o socialista.


Méndez Romeu denunciou tamén que a Xunta "enganar durante dous anos á Universidade da Coruña prometendo un convenio que non se asina e retrasando a decisión até as eleccións municipais, cando o Executivo galego amosou a súa verdadeira intención".


O portavoz do grupo do parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, tamén reaccionou onte cando a orde do día do Pleno autonómico chegou ao punto da residencia universitaria. Na súa quenda de intervención, o nacionalista lembrou que A Coruña é "a única cidade universitaria" que carece dunha residencia pública para os estudantes, "a pesar de existir un proxecto xa orzamentado polo anterior Goberno autónomico".


Aymerich fixo referencia tamén á "aparición de infravivendas" provocada, afirmou, polo "déficit de prazas para estudantes universitarios" e reprochou á Xunta que "meta máis cartos nos petos das constructoras e da banca.

27/6/11

O novo modelo de residencia universitaria "indigna" aos veciños de Castro de Elviña

El Ideal Gallego

A Coruña

27/06/2011










P.G.L> A Coruña

Non só a Universidade está descontenta coa decisión da Xunta de anular o concurso para a construcción dunha residencia universitaria pública, co fin de convocar un novo para que sexa unha empresa privada a que se encargue da construcción e explotación do inmoble através dunha concesión. Os veciños de Castro de Elviña, afectados polas expropiacións para poder levantar a instalación, aseguran sentir "indignación" tras o cambio de modelo adoptado polo Goberno galego.



"Aquí non están comprando terreos, senón que os están expropiando para facer unha residencia pública", denuncia Carlos Maceiras, o portavoz dos residentes. Pero os veciños deste núcleo non só están indignados polo cambio de titularidade do edificio. Aseguran que hai meses que non volveron a ter noticias do acordo para os realoxos das dúas familias afectadas, dependente da Xunta.

De acordo co que explica Maceiras, foi o ex-delegado do Goberno galego, Diego Calvo, o que se comprometeu a levar persoalmente o tema, co fin de que se cumprisen as demandas dos veciños, que, tal e como indica, pasaban porque se mantivese o convenio adoptado co anterior bipartito da Xunta, na que se establecía que os afectados polas expropiacións serían realoxados no propio núcleo.


Durante unha reunión con Calvo o 18 de agosto do ano pasado, establecéronse as bases das negociacións. A mediados de setembro de 2010, os veciños de Castro de Elviña recibían o bosquexo do convenio de colaboración, que, nun principio, os residente viron con bos ollos, xa que no devandito documento, o Goberno galego se comprometía a que o realoxo definitivo dos expropiados se realizase no propio núcleo. Ademais, estableciase que as familias que xa recibiran unha orde de desaloxo, poidesen permancecer nas súas casas até o inicio das obras.



Encontro>Tras un parón de varios meses, Maceiras asegura que pedirán unha reunión coa nova delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e co alcalde, Carlos Negreira. "Xa fai tempo que solicitáramos outro encontro con Calvo, pero marchou sen decir adiós", conta amolado o portavoz dos afectados de Castro de Elviña, que confía en que o delegado provincial "deixara recado de como estaba a situación aquí".


Maceiras pídelle ás administracións que apliquen "o sentido común" neste asunto. Considera que "a pelota está agora no tellado da Xunta", xa que asegura que os veciños non abandoarán o núcleo "sen ter unha alternativa de realoxo definitiva".

O portavoz dos afectados de Castro de Elviña recorda que os veciños o único que demandan "é que se cumpla a normativa á hora de tomar unha decisión", que, segundo indica, pasa por que o Goberno galego recoloque as familias no propio núcleo. "O proxecto da residencia universitaria ten que ser un tema conxunto, no que se teñan en conta as persoas que viven no entorno", insiste o representante do núcleo, que lembra que a Xunta falara de pagar un alugueiro na zona ás familias afectadas.

Maceiras achaca este nas negociacións ás eleccións do pasado mes de maio. "É lamentable que os veciños teñamos que estar sometidos aos seus intereses partidistas", lamenta este veciño de Castro de Elviña, que asegura que os residentes "seguirán loitando polos seus dereitos até o final do proceso".

16/6/11

Anuncio do IGVS da renuncia ao contrato da área residencial

DOG nº112

13/06/2011




Instituto Galego da Vivenda e Solo


Resolución do 11 de maio de 2011 pola que se renuncia á realización do contrato que tiña por obxecto a edificación e urbanización dunha área residencial universitaria no Campus de Elviña (A Coruña) (expediente C-2007/010).


Antecedentes de feito.


Primeiro. Con data do 19 de xuño de 2007 iniciouse o expediente que tiña por obxecto a edificación e urbanización dunha área residencial universitaria no Campus de Elviña. A Coruña. Expediente C-2007/010, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 29.12.2008 (nº 251).


Segundo. Existen razóns de interese público, debidamente xustificadas no expediente, que aconsellan a renuncia a esta contratación.


Fundamentos de dereito.


1º. Coa entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a nova estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o IGVU, como organismo autonomo, queda adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territotio e Infraestrutura, a cal exerce a Presidencia do IGVS. A Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, establece que o presidente terá as competencias como órgano de contratación, competencias que foron delegadas no director xeral do IGVS mediante Resolución do 23.6.2010.



2º. O artigo 139 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, sinla que o órgano de contratación pode, antes da adxudicación provisoria, renunciar á realización dun contrato por razóns de interese público debidamente xustificadas no expediente.



En virtude dos antecedentes de feito e dos fundamentos de dereito expostos



RESOLVO:



Primeiro. Renunciar á realización do contrato que tiña por obxecto a edificación e urbanización dunha área residencial universitaria no Campus de Elviña. A Coruña. Expediente C-2007/010.


Segundo. Notificar a presente resolución aos licitadores participantes, de acordo co sinalado no artigo 139.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.


Terceiro. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.


Notifíquese esta resolución nos termos establecidos no artigo 139.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e nos artigos 58 e seguintes, do 13 de xaneiro, de modicifación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.


Santiago de Compostela, 11 de maio de 2011.


Antonio José Boné Pina


Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo



Noticias relacionadas:


Luns 13 de xuño


http://elprogreso.galiciae.com/nova/95303.html


http://elprogreso.galiciae.com/nova/95306.html


http://www.laopinioncoruna.es/portada/2011/06/13/xunta-garantiza-residencia-universitaria-publica/504980.html


http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=848570


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/13/negreira-defiende-paralizar-residencia-universitaria/504935.html


http://www.xornal.com/mobile/artigo/2011/06/13/sociedad/xunta-anula-residencia-universitaria-da-coruña-dias-despues-toma-posesion-negreira/2011061320190800973.html



Martes 14 de xuño


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/14/alcalde-advierte-proyecto-anulado-inviable-oposicion-reclama-recupere/505185.html


http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=849555


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/residencia/universitaria/corunesa/ejecutara/fondos/privados/elpepiautgal/20110614elpgal_15/Tes


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/14/universidad-exige-xunta-marcha-renuncia-construir-residencia/505017.html?utm_source=rss


http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/21719-b-noticia


http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/empresa-construira-gestionara-residencia-elvina/idEdicion-2011-06-14/idNoticia-678597/


http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/14/0003_201106H14C7991.htm



Mércores 15 de xuño


http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/15/0003_201106H15C6991.htm


http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/21768-b-noticia


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/15/universitarios-reclaman-xunta-residencia-publica/505430.html



Xoves 16 de xuño


http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/negreira-insiste-en-que-la-residenciauniversitaria-tendra-precios-publicos/gmx-niv14-con6572.htm


http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/16/0003_201106H16C6992.htm


http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/21869-b-noticia


http://www.elmundo.es/elmundo/2011/06/16/galicia/1308249799.html


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/16/rector-advierte-xunta-expropio-suelo-residencia-publica/505763.html


http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar13598.html


http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/16/00031308237279527791124.htm


http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=851812


http://www-bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/cidadedeacorunha/contidos/novas/novas/nova_0208.html



Venres 17 de xuño


http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/21909-b-noticia


http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/21910-b-noticia


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/06/17/bofetada-ciudad/506126.html


11/5/11

San Vicente e Castro en Elviña: Á sombra das facultades

La Opinión de A Coruña

09/05/2011

A Coruña


A Creación da Universidade da Coruña a comezos dos anos noventa modificou dun modo radical a vida dos habitantes dos núcleos de San Vicente e Castro de Elviña, dúas zonas rurais que ata entón viviran case á marxe da cidade pese á súa proximidade ao casco urbán.


José Manuel Gutiérrez / A Coruña


A construción das escolas de Aparexadores e de Arquitectura foi, antes da aparición da propia Universidade, un avance de no que acabaría convertíndose esta parte do municipio, hoxe cuberta de centro docentes e de vivendas destinadas a aloxar miles de estudantes, que se distribúen de forma desordenada pola ladeira do monte da Zapateira.


A falta de control sobre esta zona permitiu que ao longo dos últimos anos un bo número de fincas se transformasen en residencias para estudantes de carácter ilegal e que ofrecían aloxamento en galpóns de tamaño reducido e en condicións precarias, en ocasións adosados a vivendas nas que moraban os arrendatarios. Este fenómeno é unha consecuencia da carencia dunha residencia pública universitaria na cidade, na que o proxecto posto en marcha polo anterior Goberno autonómico quedou paralizado.


Núcleo de Castro de Elviña, cos edificios universitarios ao fondo. / Víctor Echave


Esa iniciativa, que fixo necesarias expropiacións en Elviña, xerou unha intensa polémica entre os afectados. A relación entro os dous antigos núcleos rurais e a Universidade é precisamente unha das procupacións de ambas partes, que destacan a necesidade dunha convivencia harmónica que respete os seus respectivos intereses.


Os veciños laméntanse do escaso eco que teñen as súas peticións no Pazo Municipal, ondo ao longo dos últimos anos intentaron sen éxito entrevistarse co alcalde para mostrarlle as súas reclamacións. Entre as que efectúan ao Concello coruñés se encontra a necesidade de efectuar limpezas e trabllos de mantemento periódicos nas gabias e camiños da zona, así como a construción de redes de canalización das augas pluviais para impedir que as estradas se aneguen na época da forte choivas.


Tamén esixen os residentes en San Vicente e O Castro a instalación do alcantarillado nos puntos que carecen deste servicio, ademais da renovación do asfaltado para eliminar os baches nas vías que recorren o barrio.


En relación co tráfico, os veciños advirten da necesidade de que se instalen señais ou bolardos que impidan o estacionamento de vehículos en camiños peatonais que na actualidade se ven invadidos polos numerosos coches e motos que acuden aos centros docentes de Elviña e A Zapateira, as dúas zonas nas que se divide o campus universitario.


Que piden os veciños?



O barrio


As anteriores eleccións


As propostas dos partidos


18/4/11

Hai que sentarse e encerrarse ata chegar a un acordo sobre a residencia

El Ideal Gallego

A Coruña

17/04/2011

Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social


Sen estridencias. Antonio Abril non é un político. Non promete, reflexiona. Realista e dotado dunha capacidade de análise avalada ploa súa traxectoria, autodefínese como unha persoa "de perfil baixo". É evidente que chega á institución para sumar. Manexa datos e números coa precisión de quen leva toda a vida facéndoo, baseñandose en feitos e non en sensacións. Porén, tampouco renuncia no seu discurso ás intencións. Desde un despacho no que predomina a orde frente ao caos, defende ao Consello Social, onde manda, pero tamén á Universidade e, sobre todo, aos universitarios. Enamorado de Bolonia, cre nunha excelencia real. Económica, xestora, pero sobre todo, educativa.




Entrevista de M. Pérez


[...]


Dá a sensación de que os enfrontamentos entre os reitorados polas titulacións teñen que ver máis con posturas de cada unha das cidades máis importantes de Galicia que coa asunción da realidade económica e social do país.


- Fálase, cada vez máis, dun SUG (Sistema Universitario Galego). Todo isto, tendo en conta os localismos que aínda existen en moitas áreas.

- Sempre digo o mesmo: o localismo é algo co que hai que convivir, aínda que non necesariamente aceptalo. Non ten por que ser un problema se os sistemas funcionan de maneira adecuada, refírome aos sistemas de coordinación do interese xeral. Hai varios, unha Consellería de Educación, unha comisión...

- Pero cada un barre para casa.

- É lóxico que cada reitor mire polos seus intereses. Coñézo ben os tres e teñen un claro sentido do interese xeral.

- Por iso non hai unha facultade de Madicina. Interesa?

- Non o expoñería en termos de interese, non é que non interese. Se a min me preguntan se me interesa, evidentemente diría que si. Pero como calquera outra cousa que enriqueza o mapa de titulacións. O que pasa é que, como dixen antes, temos a obriga de ser realistas e ser responsables.

- Ou sexa, que non conven.

- Neste momento hai unha facultade. O que procede é sacar o máximo partido desa situación, dos hospitais universitarios. Medicina non é neste momento unha prioridade realista.

- A semana pasadapresentouse o "Campus T". É tan importante conseguir o Campus de Excelencia?

- É bo. É unha experiencia que vai sacar moito partido da anterior. Preséntase un proxecto máis concreto, máis centrado nas fortalezas da UDC e que obteña o resultado que obteña, vai ser positivo. Hai que recordar tamén que xa estamos no Campus do Mar, en VIgo.

- É condición sine qua non a residencia para lograr ser excelentes.

- Faríanos falta , se non unha parte importante. A residencia é algo imprescindible, pero no só polo Campus de Excelencia, senón porque globalmente, unha residencia pública aporta homoxeneidade a unha universidade pública. É difícil lograr esa mobilidade que se pretende se non temos unha residencia pública. Dificultamos o cumprimento dos preceptos de Bolonia, sobre todo.

- Estase a tempo?

- Perdimos moito tempo e é unha responsabilidade tanto da Xunta como da UDC o que se faga a mellor posible no menos preazo de tempo posible. A prevista antes non se pode facer, pero hai que facer un esforzo e renunciar a algunhas aspiracións lóxicas para poder sacala adiante.

- Que foi o que pasou para que agora esteamos así?

- Acordouse un proceso e despois houbo un cambio de goberno que non aceptou o pacto que habia. Ademais cambiaron as circunstancias da economía. O novo goberno entendeu que o proxecto no era viable e propuxo un novo sistema. Eu o que digo é, na medida en que o óbxectivo é facer a residencia, hai que ver que as circunstancias non son as mesmas e o sistema de concesión que propón a Xunta non é en si nin bo nin malo, simplemente depende das condicións. Pero o importante é falar e sobre todo escoitar.

- Que hai que facer agora entón?

- Neste momento, un dos obxectivos prioritarios é sensibilizar tanto a administración pública como a propia UDC, para que sexa unha realidade no menos prazo de tempo posible.

- Urxe construíla, pero, en que tellado está a pelota?

- Non admito distintos tellados. Hai un so tellado, un so bando e debaixo del están a XUnta e a UDC. Neste caso, o que hai que facer é encerrarse, sentarse e falar e non saír da habitación ata que non estea decidida a residencia pública universitaria.

17/4/11

A Universidade esixe de maneira unánime que se adxudique xa a residencia de Elviña

El Ideal Gallego

A Coruña

15/04/2011

M. Pérez > A Coruña


Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. A Universidade está farta e non son só xa voces puntuais as que esixen á Xunta que constrúa unha residencia en Elviña, senón a institución o pleno e a todos os niveis estamentarios. Onte tocoulle o turno ao Consello de Goberno, que aprobou por unanimidade un documento no que se insta o Executivo autonómico a que desbloquee "xa" o proceso de adxudicación da obra, paralizado desde hai dous anos. O reitor, José María Barja, recoñeceu que a situación económica é distinta á existente cando se firmou o pacto anterior, co bipartito, pero pediu que "aínda que non se poda facer todo o proxecto agora, se faga canto antes, por partes". A idea é ter un aloxamento dentro do campus "con prezos públicos", para que os estudantes "que máis o necesiten" conten coa posibilidade de acceder a él e deixen de "estar discriminados" con respecto aos seus compañeiros doutros centros galegos e españoles.


Definitivamente e segundo o aprobado onte, a pelota está agora no tellado da administración autonómica. Por iso o escrito solicita que se cumpran os compromisos que ambas instituciónscontraeran e que contemplaban a cesión da residencia para que fose a UDC a encargada de xestionala. A pesar de que esta foi a primeira premisa que puxo o IGVS (o Instituto Galego de Vivenda e Solo), na actualidade existe unha controversia sobre se o manexo do inmoble debería deixarse en mans privadas ou corresponder á Universidade.


Ao mesmo tempo, a postura de Barja continúa sendo de rexeitamento cara a construción da residencia universitaria en réxime de concesión de obra pública. O reitor entende que de facerse así, suporía hipotecar a comunidade universitaria durante cerca de 35 anos, sen ter ningunha garantía da existencia duns prezos públicos idóneos.


No texto recórdase así mesmo que esta infraestrutura corresponde a un servizo público, polo que non debe someterse "en ningún momento" a unha lóxica de lucro mercantil.


Xa no pasado Claustro, celebrado hai algo menos dun mes, tanto os opositores a BArja como os seus defensores - sobre todo alumnos - manifestaron a súa preocupación polo futuro da residencia universitaria e, a instancias dos representantes do estudantado, acordouse elevar a Consello este posicionamento conxunto en defensa da residencia.

12/4/11

O reitor da Universidade propón construír a residencia por fases

La Opinión de A Coruña

12/04/2011

A Coruña

José María Barja critica a Xunta por non avanzar nas obras das instalacións a pesar dos compromisos adquiridos

Redacción / A Coruña

O reitor da Universidade, José María Barja, criticou onte a Xunta polo retraso que acumula a residencia universitaria. A pesar dos compromisos adquiridos polo Goberno autonómico, apuntou Barja, non se produciron avances que avalen a construción destas instalacións. O reitor, durante a inauguración das xornadas de emprego que organiza o centro académico coa colaboración doutros organismos públicos, propuxo que as obras se executen por fases para que se puidesen alternar os traballos cos recortes orzamentarios introducidos pola Xunta.

A construción da residencia, como manifestaron desde a Universidad reiteradamente durante os últimos anos, é un requisito imprescindible para que o centro pase a integrar a lista de campus de excelencia en Europa. Mentres esta infraestrutura non se complete, indican desde o centro, a institución académica local compite en desigualdade co resto de entidades. Ademais, recordan desde a Universidade, o da Coruña é o único dos tres centros galegos que non conta con estas instalacións apesar de experimentar un amplo crecemento non número de alumnos durante os últimos anos.

A dirección da Universidade xa mostrara o seu rexeitamento anteriormente a que o modo de xestión da residencia sexa unha concesión privada a cambio da construción.