18/4/11

Hai que sentarse e encerrarse ata chegar a un acordo sobre a residencia

El Ideal Gallego

A Coruña

17/04/2011

Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social


Sen estridencias. Antonio Abril non é un político. Non promete, reflexiona. Realista e dotado dunha capacidade de análise avalada ploa súa traxectoria, autodefínese como unha persoa "de perfil baixo". É evidente que chega á institución para sumar. Manexa datos e números coa precisión de quen leva toda a vida facéndoo, baseñandose en feitos e non en sensacións. Porén, tampouco renuncia no seu discurso ás intencións. Desde un despacho no que predomina a orde frente ao caos, defende ao Consello Social, onde manda, pero tamén á Universidade e, sobre todo, aos universitarios. Enamorado de Bolonia, cre nunha excelencia real. Económica, xestora, pero sobre todo, educativa.




Entrevista de M. Pérez


[...]


Dá a sensación de que os enfrontamentos entre os reitorados polas titulacións teñen que ver máis con posturas de cada unha das cidades máis importantes de Galicia que coa asunción da realidade económica e social do país.


- Fálase, cada vez máis, dun SUG (Sistema Universitario Galego). Todo isto, tendo en conta os localismos que aínda existen en moitas áreas.

- Sempre digo o mesmo: o localismo é algo co que hai que convivir, aínda que non necesariamente aceptalo. Non ten por que ser un problema se os sistemas funcionan de maneira adecuada, refírome aos sistemas de coordinación do interese xeral. Hai varios, unha Consellería de Educación, unha comisión...

- Pero cada un barre para casa.

- É lóxico que cada reitor mire polos seus intereses. Coñézo ben os tres e teñen un claro sentido do interese xeral.

- Por iso non hai unha facultade de Madicina. Interesa?

- Non o expoñería en termos de interese, non é que non interese. Se a min me preguntan se me interesa, evidentemente diría que si. Pero como calquera outra cousa que enriqueza o mapa de titulacións. O que pasa é que, como dixen antes, temos a obriga de ser realistas e ser responsables.

- Ou sexa, que non conven.

- Neste momento hai unha facultade. O que procede é sacar o máximo partido desa situación, dos hospitais universitarios. Medicina non é neste momento unha prioridade realista.

- A semana pasadapresentouse o "Campus T". É tan importante conseguir o Campus de Excelencia?

- É bo. É unha experiencia que vai sacar moito partido da anterior. Preséntase un proxecto máis concreto, máis centrado nas fortalezas da UDC e que obteña o resultado que obteña, vai ser positivo. Hai que recordar tamén que xa estamos no Campus do Mar, en VIgo.

- É condición sine qua non a residencia para lograr ser excelentes.

- Faríanos falta , se non unha parte importante. A residencia é algo imprescindible, pero no só polo Campus de Excelencia, senón porque globalmente, unha residencia pública aporta homoxeneidade a unha universidade pública. É difícil lograr esa mobilidade que se pretende se non temos unha residencia pública. Dificultamos o cumprimento dos preceptos de Bolonia, sobre todo.

- Estase a tempo?

- Perdimos moito tempo e é unha responsabilidade tanto da Xunta como da UDC o que se faga a mellor posible no menos preazo de tempo posible. A prevista antes non se pode facer, pero hai que facer un esforzo e renunciar a algunhas aspiracións lóxicas para poder sacala adiante.

- Que foi o que pasou para que agora esteamos así?

- Acordouse un proceso e despois houbo un cambio de goberno que non aceptou o pacto que habia. Ademais cambiaron as circunstancias da economía. O novo goberno entendeu que o proxecto no era viable e propuxo un novo sistema. Eu o que digo é, na medida en que o óbxectivo é facer a residencia, hai que ver que as circunstancias non son as mesmas e o sistema de concesión que propón a Xunta non é en si nin bo nin malo, simplemente depende das condicións. Pero o importante é falar e sobre todo escoitar.

- Que hai que facer agora entón?

- Neste momento, un dos obxectivos prioritarios é sensibilizar tanto a administración pública como a propia UDC, para que sexa unha realidade no menos prazo de tempo posible.

- Urxe construíla, pero, en que tellado está a pelota?

- Non admito distintos tellados. Hai un so tellado, un so bando e debaixo del están a XUnta e a UDC. Neste caso, o que hai que facer é encerrarse, sentarse e falar e non saír da habitación ata que non estea decidida a residencia pública universitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario