30/6/11

O PP galego defende que a residencia universitaria pública era "un despilfarro"



La Opinión de A Coruña

A Coruña

30/06/2011




Redacción/A Coruña "Unha herdanza envelenada e unha mostra máis da forma de gobernar e do despilfarro do diñiero público". Así definiu onte o deputado popular Jaime Castiñeira, no parlmento galego, o proxecto de construcción dunha residencia universitaria pública no campus de Elviña "ao que se comprometeu a Xunta" e na que foi anulado o concurso de adxudicación e execución hai pouco máis de dúas semanas para abrir paso a inversións privadas.


Malia recoñecer o apoio do PP galego á construcción "dunha residencia para a que hai que buscar alternativas viábeis". Neste sentido, o popular defendeu a proposta da Xunta de modificar o proxecto inicial de modo que a institución pública pague unha parte e, o resto da inversión, se realice "por concesión de obra pública para a construcción e explotación da residencia", procedemento que comparou coa execución do AVE en Galicia. "O AVE non vai deixar de ser un servizo público e o billete non vai ser máis caro que no resto de España", subliñou o parlamentario.


Para xustificar o cambio de modelo inversor, Castiñeira argumentou que "os custos da execución e mantemento estaban moi por encima da media para estes uso e quedaría comprometido o 65% do orzamento de investimentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)". "A da concesión é unha posición constructiva e está na liña na que se debe traballar", concluíu o popular.


O deputado socialista José Luis Méndez Romeu acusou onte á Xunta, durante a súa intervención no Parlamento galego, de "enganar a Universidade da Coruña durante dous anos" ao teren "paralizado" o proxecto orixinal da área residencial proxectada para o campus de Elviña. De feito, o portavoz do PSOE no Pleno autonómico reprochou ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo que "agardase até as eleccións municipais" para anunciar que non executaría a iniciativa do bipartito.


"O anuncio do novo proxect en realidade esconde unha perda de tempo e un engano aos veciños xa expropiados aos que prometeu [a Xunta] o realoxo e que aínda non teñen unha solución", comentou o socialista.


Méndez Romeu denunciou tamén que a Xunta "enganar durante dous anos á Universidade da Coruña prometendo un convenio que non se asina e retrasando a decisión até as eleccións municipais, cando o Executivo galego amosou a súa verdadeira intención".


O portavoz do grupo do parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, tamén reaccionou onte cando a orde do día do Pleno autonómico chegou ao punto da residencia universitaria. Na súa quenda de intervención, o nacionalista lembrou que A Coruña é "a única cidade universitaria" que carece dunha residencia pública para os estudantes, "a pesar de existir un proxecto xa orzamentado polo anterior Goberno autónomico".


Aymerich fixo referencia tamén á "aparición de infravivendas" provocada, afirmou, polo "déficit de prazas para estudantes universitarios" e reprochou á Xunta que "meta máis cartos nos petos das constructoras e da banca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario