27/6/11

O novo modelo de residencia universitaria "indigna" aos veciños de Castro de Elviña

El Ideal Gallego

A Coruña

27/06/2011










P.G.L> A Coruña

Non só a Universidade está descontenta coa decisión da Xunta de anular o concurso para a construcción dunha residencia universitaria pública, co fin de convocar un novo para que sexa unha empresa privada a que se encargue da construcción e explotación do inmoble através dunha concesión. Os veciños de Castro de Elviña, afectados polas expropiacións para poder levantar a instalación, aseguran sentir "indignación" tras o cambio de modelo adoptado polo Goberno galego.



"Aquí non están comprando terreos, senón que os están expropiando para facer unha residencia pública", denuncia Carlos Maceiras, o portavoz dos residentes. Pero os veciños deste núcleo non só están indignados polo cambio de titularidade do edificio. Aseguran que hai meses que non volveron a ter noticias do acordo para os realoxos das dúas familias afectadas, dependente da Xunta.

De acordo co que explica Maceiras, foi o ex-delegado do Goberno galego, Diego Calvo, o que se comprometeu a levar persoalmente o tema, co fin de que se cumprisen as demandas dos veciños, que, tal e como indica, pasaban porque se mantivese o convenio adoptado co anterior bipartito da Xunta, na que se establecía que os afectados polas expropiacións serían realoxados no propio núcleo.


Durante unha reunión con Calvo o 18 de agosto do ano pasado, establecéronse as bases das negociacións. A mediados de setembro de 2010, os veciños de Castro de Elviña recibían o bosquexo do convenio de colaboración, que, nun principio, os residente viron con bos ollos, xa que no devandito documento, o Goberno galego se comprometía a que o realoxo definitivo dos expropiados se realizase no propio núcleo. Ademais, estableciase que as familias que xa recibiran unha orde de desaloxo, poidesen permancecer nas súas casas até o inicio das obras.



Encontro>Tras un parón de varios meses, Maceiras asegura que pedirán unha reunión coa nova delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e co alcalde, Carlos Negreira. "Xa fai tempo que solicitáramos outro encontro con Calvo, pero marchou sen decir adiós", conta amolado o portavoz dos afectados de Castro de Elviña, que confía en que o delegado provincial "deixara recado de como estaba a situación aquí".


Maceiras pídelle ás administracións que apliquen "o sentido común" neste asunto. Considera que "a pelota está agora no tellado da Xunta", xa que asegura que os veciños non abandoarán o núcleo "sen ter unha alternativa de realoxo definitiva".

O portavoz dos afectados de Castro de Elviña recorda que os veciños o único que demandan "é que se cumpla a normativa á hora de tomar unha decisión", que, segundo indica, pasa por que o Goberno galego recoloque as familias no propio núcleo. "O proxecto da residencia universitaria ten que ser un tema conxunto, no que se teñan en conta as persoas que viven no entorno", insiste o representante do núcleo, que lembra que a Xunta falara de pagar un alugueiro na zona ás familias afectadas.

Maceiras achaca este nas negociacións ás eleccións do pasado mes de maio. "É lamentable que os veciños teñamos que estar sometidos aos seus intereses partidistas", lamenta este veciño de Castro de Elviña, que asegura que os residentes "seguirán loitando polos seus dereitos até o final do proceso".

No hay comentarios:

Publicar un comentario