La Voz de Galicia
A Coruña
13/10/2011
Ana Lorenzo
O proxecto de construción da área residencial de Elviña é o único da Universidade da Coruña (UDC) que ten licencia de obra do Concello coruñés, concedida o 13 de abril do 2009 a petición do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Este organismo da Xunta era o que ía executar esta actuación, que continúa paralizada desde hai máis de dous anos, a pesar de que se expropiaron cerca de 35.000 metros cadrados de terreo. Así o explicou onte o exvicerreitor de Infraestruturas da UDC Xosé Lois Martínez, quen dixo que a tarefa de solicitar permisos non lle correspondía a el, «porque hai uns servizos técnicos e hai unha serie de organismos que se encargan deses trámites administrativos».

A pesar de reiterar que este proxecto é o único que conta con licencia para edificar, Martínez xa non quixo entrar a valorar se o resto de inmobles construídos nos últimos oito anos pola UDC se acollen á normativa. «Os edificios do parque tecnolóxico teñen os mesmos trámites que o resto de edificios da Universidade. Eu non vou dicir se teñen ou non licenza, só digo que están nas mesmas condicións que o resto», destacou, ao mesmo tempo que recordou que el acaba de ser destituído do seu cargo, e «considero que calquera pregunta sobre o desenrolo do campus de Elviña e das licencias dos edificios promovidos pola Universidade da Coruña deben facerse aos que tiveron e aínda teñen responsabilidades nestes temas».
Trámites
O proxecto da residencia universitaria comezou a xestarse en abril do 2006 da man da conselleira Teresa Táboas, quen convocou un concurso de ideas para elixir o deseño deste aloxamento de estudantes. Ademais dunha complicada expropiación de varias parcelas en Elviña, houbo que realizar unha modificación do PXOM, que retrasou case dous anos o proceso. En abril do 2009 concedeuse a licencia municipal das obras, pero estas nunca chegaron a iniciarse, xa que agora a Xunta propón facer un complexo xestionado de forma privada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario