18/10/11

Pedirá información ao Concello sobre os edificios levantados nos campus

La Voz de Galicia

A Coruña

18/10/2011


Ana Lorenzo

A Fiscalía decidiu intervir para conseguir aclarar se realmente a Universidade da Coruña (UDC) estivo construíndo edificios sen licencia nos campus de Elviña e a Zapateira, e se esta actuación foi consentida polo Concello coruñés. Por este motivo, o ministerio público abrirá dilixencias informativas e solicitará todos os informes correspondentes aos técnicos municipais de Urbanismo, e no caso de que se necesiten máis datos tamén se pedirán á UDC.

Entre a documentación que se requerirá estará unha solicitud para coñecer se as parcelas nas que se realizaron as distintas obras estaban clasificadas como solo urbanizable, porque se non é así, e os edificios levan menos de tres anos en pé, teríase que formular unha querela. Segundo se recolle no artigo 319 do Código Penal, «impoñeranse as penas de prisión de 6 meses a 3 anos, multa de 12 a 24 meses e inhabilitación especial para profesión u oficio por tempo de 6 meses a 3 anos, aos promotores, construtores ou técnicos directores que leven a cabo unha construción non autorizada en solos destinados a viales, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecidos o seu valor paisaxístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos fosen considerados de especial protección».

Esta mesma normativa tamén recoñece que se lle impondrán as mesmas penas no caso de que se leve a cabo «unha edificación non autorizable en solo non urbanizable». Ademais, os xuíces e tribunais tamén poderán «ordenar, a cargo do autor do feito, a demolición da obra, sen perxuízo das indemnizacións debidas a terceiros de boa fe».

Parque tecnolóxico

A polémica pola falta de licenza das obras da UDC destapouse hai dúas semanas, a raíz das declaracións realizadas polo exvicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, quen chegou a afirmar que o único proxecto que contaba con permiso era a residencia universitaria, que aínda non se empezou construír. O equipo reitoral decidiu o seu cese por estas declaracións, e anunciou que traballará co Concello para aclarar como está a tramitación administrativa destes inmobles e poñela en orde.

Toda esta actuación podería afectar a máis dunha decena de proxectos, unha gran parte dos mesmos conforman os centros do parque tecnolóxico da UDC. A eles habería que unir o edificio anexo á escola de Camiños e a Facultade de Informática, a construción de despachos nos párkings de Arquitectura e Ciencias, e as obras da primeira fase do Campus Center.

No hay comentarios:

Publicar un comentario