14/10/11

Castedo acusa a Barja de “non ver a viga no propio ollo” coa edificación ilegal do campus

El Ideal Gallego

A Coruña

14/10/2011


O candidato a reitor, Luis Castedo, acusou o actual equipo reitoral, liderado por José María Barja, de “ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio” no caso do edificio ilegal construído no campus de Elviña.

Segundo Castedo, “esto ilustra crudamente o modelo de xestión que se aplica na UDC e no cal se asfixia a comunidade universitaria con absurdas normas que entorpecen o seu quefacer diario”. A este respecto, o candidato apunta a que, porén, nas decisións de gran calado que si deberían ser obxecto dun maior control “quedan ao libre albedrío dos membros do equipo de goberno.

Armesto > Ademais, Castedo critica que o tamén candidato a reitor por Nova Luce, e á súa vez vicerreitor de profesorado, Xosé Luis Armesto, actuou nos últimos meses como “rector in péctore”, e afirma que “ningunha decisión importante se toma sen o seu consentimento”. Así, Castedo lamenta que Armesto non se pronunciara sobre o caso da construción do aulario ilegal e di botar en falta a súa opinión ao respecto. “Cales son as razóns do seu elocuente silencio?”, cuestiónase o candidato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario