El Ideal Gallego
19/02/10
A Coruña
Marino Pérez> A Coruña
O número de Erasmus que chega cada ano á cidade é moito menor do desexado polos responsábeis da Universidade, debido a que a entidade educativa non dispón dunha residencia pública que poida acollelos. Esa era unha das conclusións que se podía tirar onte das palabras de María José Martínez, a vicerreitora de Estudantes, durante a cerimonia de benvida celebrada no Reitorado en honra dos alumnos estranxeiros. Por ese motivo, vense obrigados a residir en pisos de estudantes ou aloxamentos privados, que, na mairía dos casos están afastados do campus.
Xa hai tempo que o responsábel de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez e máis o reitor, Jose María Barxa, reclaman a construcción deste edificio, do que os traballos están pendentes na actualidade do labor do Instituto de Vivenda. Mais, de momento, os alumnos terán que agardar. Existe xa un orzamento e espérase tamén unha subvención estatal, que está pendente de adxudicación, que está en mans do Executivo galego.
Máis en www.elidealgallego.com
Nom e certo, a universidade tem convenios com residenzas privadas da cidade, com bus ao campus incluido, e nas que se aloxam os alumnos erasmus, a verdadeira limitaçao dase nos Campus de Ferrol que nom tenhem esta posivilidade, o que fai que muitos alunos extrangeiros que cursam nestes campus o seu periodo como Erasmus tenham que viver na Corunha. E isso si que limita a chegada de estudantes estranxeiros ... aos campus de Ferrol nom os da Corunha.
ResponderEliminarNesto como noutras cousas relaçonadas co casso Elvinha esta-se a manipular a opiniom publica de maneira descarada e evidente