A Asociación de Veciños Os Rexumeiros quere co presente comunicado facer pública a súa condena enérxica a actitude da Xunta de negar o realoxo no entorno aos veciños expropiados polo campus de Elviña.
Fronte ás promesas dos actuais responsables da Xunta de facer cumprir a normativa que obriga a realoxar os veciños expropiados no propio lugar, o Instituto Galego de Vivenda e Solo acaba de ordenar o desaloxo das dúas primeiras casas e dáselles como única posibilidade ser realoxados en pisos da Coruña.
Os veciños expropiados de casa conseguiran no ano 2009 o acordo para seren realoxados en Castro de Elviña. O cambio político na Xunta propiciou que este acordo non se firmase.
Tras diversas reunións con diferentes cargos da Xunta, que se reafirmaron na busca dunha solución, a asociación obtivera a promesa do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, para negociar o realoxo tras adxudicar as obras da Área Residencial de Elviña.
Entendemos que botar os primeiros veciños para pisos da Coruña sen darlles unha mínima garantía de seren realoxados en Castro de Elviña, tal e como fora prometido, é unha violación dos dereitos dos veciños a un realoxo digno no entorno.
Ante esta situación os veciños adoptarán todas as medidas que estean nas súas mans para evitar este atropelo.
14/7/10
A Universidade recorda que os realoxos competen á Xunta
La Opinión de A Coruña
14/07/10
A Coruña
Aida Mosquera. A Coruña
Mentres os afectados polas expropiacións no núcleo rural do Castro de Elviña consideran que Concello, Xunta e Universidade xogan a pasarse a pelota duns aos outros sen garantirlles o realoxo que demandan e un xustiprezo asequible, fontes da Universidade da Coruña recordan que as expropiacións para construír o complexo residencial son competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xa que, engaden, "é o beneficiario das mesmas". Ante as protestas dos veciños pola suposta pasividade da institución académica, as mesmas fontes entenden que "poden estar confundíndose" coas expropiacións que se levaron a cabo para construír e ampliar o parque tecnolóxico do campus de Elviña. Neste caso, a Universidade recorda que si se implicara nas negociacións co Goberno municipal para que os realoxos tivesen lugar na zona solicitada polos veciños, pero insiste en que, neste caso, non interven "para nada". De feito, as únicas obrigas da Universidade están en dar, o non, o visto bo ao proxecto, no que a aprobación corre a cargo do Consello autonómico, e en encargarse do mantemento do complexo unha vez finalizada a obra.
Etiquetas:
ARU,
cartafol de prensa,
expropiacións,
realoxo
A Xunta alega que as expropiacións en Elviña só esixen derribar dúas casas
La Opinión de A Coruña
14/07/10
A Coruña
Xustifica os realoxos e as indemnizacións polos terreos na necesidade de construír unha residencia universitaria pública na cidade, a única en España que carece deste servicio
Aida Mosquera A Coruña
O Goberno autonómico pide ás familias afectadas polas expropiacións no núcleo rural do Castro de Elviña que estean tranquilas e asegura que serán informadas "en todo momento" dos pasos a seguir para favorecer a construcción da residencia universitaria. Ademais, señala que xa se chegou a un acordo cos propietarios dos terrenos e, especialmente, cos implicados nos casos de realoxo que afectan, segundo fontes da Xunta de Galicia, a dúas familias.
Aida Mosquera A Coruña
O Goberno autonómico pide ás familias afectadas polas expropiacións no núcleo rural do Castro de Elviña que estean tranquilas e asegura que serán informadas "en todo momento" dos pasos a seguir para favorecer a construcción da residencia universitaria. Ademais, señala que xa se chegou a un acordo cos propietarios dos terrenos e, especialmente, cos implicados nos casos de realoxo que afectan, segundo fontes da Xunta de Galicia, a dúas familias.
O complexo residencial universitario representa, para o Instituto Galego de Vivenda e Solo -dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- unha infraestrutura "moi necesaria" para A Coruña, a única cidade española que non conta cun servicio público deste tipo. Por iso, aseguran tales fontes, os representantes da Xunta estiveron en contacto cos afectados polas expropiacións para chegar a un acordo que, aseguran, non será modificado e se tramitará dunha forma legal e axeitada.
Vista aérea de la recreación virtual de la residencia universitaria (en el centro, con césped en el tejado), en el campus de Elviña.
Por este motivo, o Goberno autonómico entende que o problema dos veciños -que anunciaron movilizacións se non lles garantizan un realoxo digno e indemnizacións suficientes- xurdiu coa citación para acudir aos levantamentos de actas que comezaron onte e explica que "simplemente se trata de actos administrativos", necesarios despois de que varios veciños recurrisen os procesos impugnando as actas anteriores. De feito, añaden as fontes, "as expropiaciónes xa están pagadas".
Das máis de 70 expropiacións, a Xunta fai fincapé en que "tan só hai dúas familias afectadas" e indica que "xa se comunicou aos seus propietarios que teñen a posibilidade de comprar unha vivenda de protección autonómica". Porén, os veciños da aldea de Elviña denuncian que as indemnizacións recibidas son pouco máis da metade do que terán que abonar polas súas novas vivendas e ameazan con non abandonar as súas casas ata que se lles garantice un realoxo digno.
O Executivo galego indica que non haberá sorpresas e que os veciños non terán que abandonar os seus fogares ata que comecen as obras, e, para iso, primeiro terá que firmar o convenio coa Universidade e adxudicar a construcción.
Etiquetas:
ARU,
cartafol de prensa,
expropiacións,
realoxo
13/7/10
Expropiados en Elviña ameazan con mobilizarse tras ser citados pola Xunta
La Opinión de A Coruña
13/07/10
A Coruña
13/07/10
A Coruña
Os veciños sorpréndense de que o Goberno autonómico lles transmita o día e a hora do pago das expropiacións para a construcción da residencia universitaria sen garantir previamente os realoxos
Suma e segue coas expropiacións na zona do Castro de Elviña. Primeiro foi a avenida Alfonso Molina, logo os campus universitarios e os polígonos industriais e agora a terceira ronda e o complexo residencial para estudantes e profesores. Os propietarios de máis de 70 fincas deberán acudir ao levantamento de actas de pago e ocupación e abandonar as súas vivendas para que, unha vez aprobado definitivamente o proxecto, a Xunta comece a construcción da primeira residencia universitaria de carácter público da cidade. Porén, os veciños aseguran que non llo poñerán fácil mentres non lles garanticen un realoxo digno
Aida Mosquera A Coruña
Máis de 35 familias, os habitantes de todo un edificio, unha empresa constructora e incluso a Universidade da Coruña foron chamados pola Xunta para levantar as novas actas de pago e ocupación das máis de 70 fincas, ubicadas nas inmediacións do campus e do núcleo rural do Castro de Elviña, que foron expropiadas para a construcción dunha residencia universitaria con máis de 600 prazas para estudantes e profesores.
Os veciños da aldea de Elviña teñen as pancartas listas para saír á rúa e esixir o que consideran seu. "Non estamos dispostos a deixar as nostras casas ata que os reaoxos estean solucionados", asegurou presidente da Asociación de Veciños Elviña-Castro, Carlos Maceiras, preguntado pola citación da Xunta publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia para levantar as novas actas de pago e ocupar os bens afectados polo expediente de expropiación forzosa.
As máis de 70 fincas expropiadas -a Xunta especifica 68 delas sen facer referencia ás propiedades doutros dous grupos de afectados- teñen unha superficie que vai desde os 16 metros cadrados ata os 2.977, e os seus donos -máis de 35 familias que hai que sumar á comunidade de propietarios do edificio Sarria e aos donos non identificados doutros oito terreos- están chamados a abandonalas entre hoxe e este xoeves, tendo cada un unha data e hora para levantar as actas.
A expropiación en si, coa consecuente obriga de abandonar o lugar onde se criaron e viven moitas familias coruñesas, non é o único problema ao que se enfrentan os veciños. Segundo Maceiras, as indemnizacións xiran sobre os 600 euros por metro cadrado, frente aos 1.000 ou 1.200 que os afectados deberán abonar polas súas novas vivendas; son unhas cantidades, denuncia o representante veciñal, "inxustas e insuficientes". De feito, algúns dos propietarios dos terreos chegaron a presentar recursos contra os procesos e solicitaron entrevistarse tanto co Goberno local e o autonómico como coa Universidade da Coruña, pero sen éxito.
"Somos coellos de indias, víctimas da inmoralidade de tres institucións -Universidade, Concello e Xunta- que deberían velar polo ben dos cidadáns e que non fan nada por solucionar problemas creados por elas mesmas", lamenta Maceiras, ao tempo que advirte das negativas dos veciños a abandonar as súas casas "ata que se solucione o tema dos realoxos" e as discrepancias nos xustiprezos. "Parecerá que estamos relaxados pero non es así, estamos esperando a ver que pasa e algo faremos", conclúe.
Luz verde para a residencia
La Opinión de A Coruña
13/07/10
A Coruña
A. M. A Coruña
Un mes despois de anunciar o desbloqueo do proxecto da primeira residencia universitaria pública da cidade, parece que o único avance foi o acordo entre Xunta e Universidade polo que a primeira se encargará da construcción do complexo e a segunda do seu posterior mantemento.
A proposta do Instituto Galego de Vivenda e Solo está sendo estudiada pola asesoría xurídica da Universidade da Coruña e, segundo fontes da mesma, será enviada este mesmo mes ao Consello de Goberno da Xunta para que se encargue da súa aprobación definitiva e poidan así axilizarse os trámites necesarios para adxudicar a execución da obra.
Mentres tanto, os veciños das inmediacións do campus universitario e do núcleo rural do Castro de Elviña, aseguran no ter recibido noticia algunha, ademais da citación para abandonar as súas vivendas e entregar os seus terreos entre hoxe pasado mañana, sobre o que as súas protestas polas indemnizacións e os realoxos se refire.
A residencia universitaria, que se situará na ladeira que une os campus de Elviña e da Zapateira e tenrá máis de 600 prazas de aloxamento para estudantes e profesores, conta xa coa licenza de obra do Concello e cunha partida de 10,7 millóns de euros que o Goberno autonómico incluíu nos orzamentos deste ano para comenzar os traballos. A inversión total, que inclúe a construcción do complexo residencial e o acondicionamento da parcela e dos accesos a ela, ascenderá aos 24,5 millóns de euros.
8/7/10
Doce expropiados de Eirís quedan sen piso de protección tras dez anos de espera
La Voz de Galicia
06/07/10
A Coruña
E. Silveira. A Coruña / La Voz
Despois de dez anos esperando para que o Concello lles entregue un piso protexido, doce das 51 familias que no seu día foron expropiadas para a construcción do parque de Eirís quedan ahora fóra deste grupo. A xunta de goberno local aprobou desestimar todas as alegacións que presentaron estes veciños e denegar a adxudicación de vivenda de protección oficial a estas 12 familias «por non reunir os requisitos para acceder ás vivendas, ou ben non achegar a documentación requirida». Nesa sesión si se deu o visto bo para que outros 12 veciños que foron expropiados accedan aos pisos protexidos de Eirís ao considerar que estes si cumplen os requisitos legalmente establecidos para resultar adxudicatarios deste tipo de vivendas.
As 12 familias que quedan fóra consideran que o proceso foi inxusto e reclaman ao alcalde, Javier Losada, que o Concello cumpra o compromiso que adquiriu no 2002 con eles. Neste sentido, Juan Viqueira, portavoz destes veciños, recordou que o Concello coruñés recoñeceu o dereito de 51 familias a ser realoxadas nunha vivenda a precio protexido tras expropiarlles as súas parcelas para a construcción do parque de Eirís. Asegura que os 12 que quedan fóra do proceso é por unha razón inxusta, xa que se valoraron as súas circunstancias como se fosen solicitantes ao uso dunha vivenda de protección, cando, en realidade, teñen dereito a ese realoxo por un acordo ao que chegaron co goberno local no ano 2002, cando era alcalde Francisco Vázquez e, segundo recorda Viqueira, Javier Losada estaba ao frente de Urbanismo. Añade que esas doce familias levan esperando casi dez anos as súas novas vivendas e que agora «ven frustradas as súas esperanzas».
Asegura que o interese destas familias «non é político» e insistiu en que só reclaman o que o Concello lles prometue no 2002 e confirmou no 2008. Anunciou que para facer visible o seu malestar, concentraranse na praza de María Pita esta mesma semana e solicitarán unha entrevista tamén co delegado provincial da Xunta, Diego Calvo.
Tamén comentou que as familias que foron expropiadas que si accederán ás vivendas de protección terán que pagar máis que os adxudicatarios da lista da Xunta. De feito, o sobrecoste será de case 20.000 euros. A razón, segundo explicaron desde o Concello, é que se trata de segundas transmisións e se aplica o precio máximo. Os veciños afectados preguntan que fará o Concello con 39 das 51 vivendas que o Concello terá en Eirís e que non adxudica aos expropiados. «¿Quítallas a uns para darllas a outros?», pregunta Viqueira.
Etiquetas:
cartafol de prensa,
expropiacións,
realoxo
3/7/10
Visitas guiadas ao castro
La Voz de Galicia
1/07/2010
A Coruña
1/07/2010
A Coruña
Desde hoxe poderase visitar o castro de Elviña, de luns a venres ás 18 horas e as fins de semana ás 11. Unha guía acompañará aos visitantes, que non necesitan inscrición previa, e explicaralles gratuitamente os rasgos do recinto. Pódese acceder desde a Universidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)