El Ideal Gallego
07/09/10
A Coruña
Abel Peña > A Coruña
Aínda onet era posible ver con claridade as señais que deixou o lume que se declarou onte nas ruínas do castro de Elviña, non lonxe do campus. Algunhas das pedras milenarias aparecían tiznadas de hollín e as marcas e carteis deixados polos arqueólogos para sinalar os progresos na exploración do xacemento tamén estaban queimados.
O director do Museo Arqueolóxico da Coruña, José María Bello, acudiu pola mañá a evaluar o dano no conxunto histórico ao que dedicou gran parte da súa vida profesional, pero non puido traspasar a cinta instalada pola Policía Local ata última hora da tarde. Cando por fin o fixo, marchou cunha sensación de alivio: “Está intacto, o único que se queimou son detalliños”. Ese foi o único dano que provocou o primeiro lume de subsolo que tivo lugar na Coruña nos últimos dous anos, segundo informou o xefe de bombeiros, Carlos García Touriñán. “Non é algo tan raro noutras partes de España, ou incluso de Galicia –puntualizou Touriñán– pero na Coruña hai polo menos dous anos que non viamos un parecido”. O lume de subsolo, como o seu propio nome indica, é aquel que arde por debaixo da superficie, consumindo raíces e outra materia vexetal e extendéndose lentamente. O do domingo pasado fíxoo a través de 3.000 metros de terreo, que incluía a parcela onde se encontra o que antano foi o poblado celta que dominou a zona.
O feito de que o que abrasou o castro fose un incendio deste tipo é importante á hora de evaluar a posibilidade de que o foco fose provocado, porque, segundo explicaron fontes ben informadas, require algo máis que achergar un chisqueiro á maleza seca.
Dous focos
Iso é precisamente o que viron facer algunhas testemuñas da zona a un home de certa idade pasadas as oito da tarde do domingo. En realidade, os bombeiros contabilizaron dous lumes, con focos que se declararon con menos de dez minutos de diferencia. Do primeiro recibiuse aviso no parque da Grela ás 20.13 horas, na zona conocida como Pouporón, cerca do campus de Elviña, Os servicios de emerxencia sofocaron ese lume sen problemas, pero foi entón cando se declarou o seguinte incendio, o de subsolo, a escasa distancia do primeiro.
“Esta clase de lumes comezan como moito a dez o quince centímetros do solo”, explica o xefe de bombeiros. Como toda lapa, a do subsolo necesita osíxeno para a súa combustión, así que só se pode producir en terra revolta ou polo menos que non estea compactada. Aínda que, como xa se dixo, exténdese máis lentamente que un incendio convencional, tamén o proceso que hai que seguir para sofocalo é máis difícil, porque non se pode humedecer a terra simplemente coa agua da mangueira.
O procedemento que hai que seguir é introducir a boca da mangueira dentro do solo cada poucos metros e deixar que encharque o terreo. Así oo fixeron os bombeiros coruñeses, ao longo de dúas horas de traballo. Cando terminaron, consumiran 8.000 litros de agua.
Terreo seco
Segundo os bombeiros coruñeses, a razón pola que o incendio foi posible é que A Coruña viviu un agosto moi seco, en que as precipitacións foron moi escasas. Conforme as datos de Meteogalicia, en agosto só se contabilizaron dous días de choiva, fronte aos cinco que son habituales para esta época del ano. En canto ás temperaturas, agosto tamén foi máis caloroso do normal: 19,9 graos de media fronte aos 19,4 que manexan os meteorólogos como valor estándar. A temperatura máxima rexistrouse precisamente no último día do pasado mes, cando se chegou aos 30 graos.
De aí que a terra estuvese o suficentemente seca como para acoller as lapas. “O que non é normal: aquí, se cavas un pouco no que parece terra seca, enseguida aparece a humidade, sinalou Touriñán. Quizá foi esa mesma humidade a que preveu que houbese máis danos no xacemento arqueolóxico, que non é invulnerable ao lume a pesar dos seus cimentos de pedra. “Podía pasar algo, de calquer maneira, aínda que o feito é que non foi así”, puntualizou Bello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario