17/9/10

A Universidade defende que o fin das infravivendas chegará coa futura residencia

La opinión de A Coruña
17/09/10
A Coruña

A. Mosquera / R. García. A Coruña

A Universidade ten claro que a única forma de acabar cos galpóns será coa apertura da residencia para estudiantes en Elviña. A institución académica cre que é imposible encontrar unha solución mentres non se poña en marcha a nova instalación.

O vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, defendeu onte que o obxectivo da Universidade debe ser que se constrúa a residencia para universitarios porque entende que son Concello e Xunta os responsables de vixiar e erradicar os galpóns: "Son quen teñen que saber se existen e os que teñen a responsabilidade de comprobar que se cumpre a legalidade urbanística", destacou. "As infravivendas van seguir funcionando mentres non se abra a residencia", insistiu Martínez.

O vicerreitor de Infraestruturas criticou que a Xunta aínda non empezou a obra da residencia: "Está sen adxudicar pese a que se concedeu a licencia e se licitou hai máis dun ano". A Universidade agarda aínda por unha contestación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre o convenio que impulsará a execución do proxecto. A institución académica tamén traballa co Concello coruñés na creación dun observatorio municipal no que se analizará o problema da vivenda para universitarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario