14/10/11

Barja retrasa dúas semanas explicar a falta de permisos para as obras da UDC

La Voz de Galicia

A Coruña

14/10/2011


Ana Lorenzo
O reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja, explicará o próximo mércores todos os pormenores relacionados coa polémica pola falta de licencias de obra para realizar distintas actuacións nos campus de Elviña e a Zapateira. Esta comparecencia producirase coincidindo coa celebración dun Consello de Goberno da UDC, e xusto dúas semanas despois de que este escándalo saltase á opinión pública polas declaracións do exvicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, destituído o pasado luns.


Foi ese mesmo día cando Barja emitiu un comunicado explicando esta decisión, xa que consideraba que a falta de infraestruturas da institución académica «non xustifica obrar á marxe da norma e moito menos a ostentación de tal comportamento». No mesmo comunicado, o reitor tamén explicaba que se ían poñer en contacto co Concello para «reparar a tramitación administrativa, o que, entre outras actuacións, supón a orde de revisión de cantas obras se estean realizando e a paralización inmediata daquelas que non cumpran a normativa».


Goberno local e UDC insistiron toda esta semana en que traballan neste expediente para solucionar o problema o antes posible. Porén, non aclararon se as actuacións realizadas pola Universidade nos últimos oito anos tiveron licenza, algo que cuestionou Xosé Lois Martínez, quen chegou afirmar que o único permiso de obra que obtivo a UDC foi o da residencia, que non se construíu.

13/10/11

A residencia é a única obra da UDC con licencia municipal

La Voz de Galicia

A Coruña

13/10/2011


Ana Lorenzo
O proxecto de construción da área residencial de Elviña é o único da Universidade da Coruña (UDC) que ten licencia de obra do Concello coruñés, concedida o 13 de abril do 2009 a petición do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Este organismo da Xunta era o que ía executar esta actuación, que continúa paralizada desde hai máis de dous anos, a pesar de que se expropiaron cerca de 35.000 metros cadrados de terreo. Así o explicou onte o exvicerreitor de Infraestruturas da UDC Xosé Lois Martínez, quen dixo que a tarefa de solicitar permisos non lle correspondía a el, «porque hai uns servizos técnicos e hai unha serie de organismos que se encargan deses trámites administrativos».


A pesar de reiterar que este proxecto é o único que conta con licencia para edificar, Martínez xa non quixo entrar a valorar se o resto de inmobles construídos nos últimos oito anos pola UDC se acollen á normativa. «Os edificios do parque tecnolóxico teñen os mesmos trámites que o resto de edificios da Universidade. Eu non vou dicir se teñen ou non licenza, só digo que están nas mesmas condicións que o resto», destacou, ao mesmo tempo que recordou que el acaba de ser destituído do seu cargo, e «considero que calquera pregunta sobre o desenrolo do campus de Elviña e das licencias dos edificios promovidos pola Universidade da Coruña deben facerse aos que tiveron e aínda teñen responsabilidades nestes temas».

Trámites


O proxecto da residencia universitaria comezou a xestarse en abril do 2006 da man da conselleira Teresa Táboas, quen convocou un concurso de ideas para elixir o deseño deste aloxamento de estudantes. Ademais dunha complicada expropiación de varias parcelas en Elviña, houbo que realizar unha modificación do PXOM, que retrasou case dous anos o proceso. En abril do 2009 concedeuse a licencia municipal das obras, pero estas nunca chegaron a iniciarse, xa que agora a Xunta propón facer un complexo xestionado de forma privada.

11/10/11

Barja destitúe a Martínez dez meses despois de enterarse do que sucedía

El Ideal Gallego

A Coruña

11/10/2011


N.M. > A CORUÑA
O reitor da Universidad da Coruña, José María Barja, destituíu onte ao vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental, Xosé Lois Martínez, despois de que o pasado mércoles, este último admitise públicamente a ilegalidade dunha edificación no campus de Elviña. As alarmas disparáronse entón no seo da entidade académica, pese a que este aspecto xa era coñecido polo equipo de goberno desde había dez meses. El Ideal Gallego xa publicara esta información o día 3 de xaneiro de 2011, e en dita noticia se recollía que “parte das estruturas situadas en Elviña ocupan áreas onde está prohibido edificar. É o caso, por exemplo, da ampliación do edificio de Informática ou o de Enxeñería de Camiños, que se levantan sobre unha beirarrúa”.

Por tanto, o comunicado que o propio reitor facía público no día de onte prodúcese máis de dez meses despois de que a noticia fose publicada por un medio de comunicación por primeira vez. Agora, en portas dunhas eleccións á Reitoría, Barja asegura que “a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral deben ter a seguridade de que como institución responsable e como servizo público, faremos canto fora preciso para reparar a tramitación administrativa, o que, entre outras actuacións, supón a orde de revisión de cantas obras se estean realizando e a paralización inmediata daquelas que non cumpran a normativa”.


“Cumpre valorar o esforzo realizado para procurar superar as nosas limitacións históricas en materia de infraestructuras desde a vicerreitoría correspondente, máis isto, en ningún caso xustifica obrar á marxe da norma e moito menos a ostentación de tal comportamiento”, indica.
Pola súa parte, o propio Martínez xustificou onte a súa decisión en que o Concello non expropiara os terrenos en Elviña que eran necesarios para construír determinados equipamentos para a Universidade. O ex responsable da área de infraestruturas solicitaba onte que as institucións fosen máis flexibles, dada a escasez de espacios na Universidade, ao tempo que instaba aos poderes públicos a legalizar a edificación, xa que se trataría dun equipamento “dun servicio público”. “Estes deben ter prioridade sobre outra cuestión e cando unha institución como a Universidade necesita solo, deberían darse as condicións de legalidade”, suliña Martínez.

Máis críticas > O alcalde, Carlos Negreira, afirmou onte que “todos somos iguais ante a lei e que o fin non xustifica os medios” e que o Concello “non vai aplicar favoritismos en materia urbanística”, aínda que o fin sexa un servicio “público”, como foi o que motivou a decisión do xa exvicerreitor.


Ante a solicitude de Barja e Martínez de legalizar a edificación polo ben da Universidade, Negreira contestou que a entidad académica terá as portas de María Pita “abertas de par en par” e abogou por buscar “a mellor solución para todos”.


O candidato a reitor nos próximos comicios de decembro, Luis Castedo, tamén criticaba onte a forma de actuar de Martínez e recordaba que ter dado luz verde á edificación é un ataque á legalidade. Castedo aseguraba sentirse sorprendido de que o exvicerreitor ocupara o seu cargo tantos anos e de que este non estivese arrepentido.


Máis información:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/10/11/rector-destituye-responsable-obras-construir-edificios-licencia-elvina/540330.html

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/11/0003_201110H11C2991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/11/0003_201110G11P7992.htm

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/11/0003_201110H11C2992.htm

10/10/11

A UDC destitúe a un vicerreitor por construír un edificio sen licencia

La Opinión de A Coruña

A Coruña

10/10/2011


O reitor José María Barja asegura que se revisarán as obras que se están realizando e se paralizarán aquelas que non cumpran a normativa


EP A CORUÑA A Universidade da Coruña (UDC) destituíu ao seu vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental, Xosé Lois Martínez, despois de que el Concello da Coruña abrise un expediente para aclarar a legalidade da construción dun edificio sen licencia no campus de Elviña.

Nun comunicado, e despois das últimas declaracións do vicerreitor sobre as construcións sen licencia, o reitor da UDC, José María Barja, confirma que, co apoio do Consello de dirección que preside, deuselle este luns traslado do seu cese.

En concreto, suliña o "sometemento" da UDC á legalidade, así como a súa "leal colaboración" co resto de institucións públicas. Tamén engade que "o bo número de obstáculos e dificultades" existentes para o "normal crecemento" do campus coruñés non xustifican "actuar á marxe da norma".

"Hai que valorar o esforzo realizado para procurar superar as nosas limitacións históricas en materia de infraestruturas desde a vicerreitoría correspondiente, pero esto, en ningún caso, xustifica actuar á marxe da norma e, moito menos, a ostentación de tal comportamento", sinala en referencia ás declaracións de Xosé Lois Martínez, recollidas en medios de comunicación.

Ademais, o reitor coruñés traslada á comunidade universitaria e á ciudadanía xeral que a UDC fará "o preciso" para reparar a tramitación administrativa, "o que, entre outras actuacións, supón a orde de revisión de cantas obras se están realizando e a paralización inmediata daquelas que non cumpran a normativa", conclúe.

A Universidade insta a Concello e Deputación a colaborar na financiación da residencia

La Opinión de A Coruña

A Coruña

10/10/2011


A vicerreitoría de Infraestruturas pide á Xunta que inclúa á administración municipal e á provincial no plan inversor do complexo residencial público para así desbloquear a súa construción.


A cesión dos terreos que a Xunta expropiou en Elviña para a construción da residencia universitaria, obra paralizada despois de que o Executivo galego anunciase que "a crise" impediría a súa xestión pública, serviría á Universidade para "non cometer ilegalidades". Segundo o vicerreitor de Infraestruturas, carece de sentido que haxa 32.000 metros cadrados de solo "sen utilizar" e cunha licencia urbanística "caducada". Xosé Lois Martínez, que se mantén “en sus trece” ante a execución de inmobles en parcelas non edificables, pide á Xunta que dea cabida ao Concello e Deputación na financiación da residencia

7/10/11

O Concello expedienta á Universidade por construír un edificio sen licencia en Elviña

La Opinión de A Coruña

A Coruña

07/10/2011


O alcalde advirte á Vicerreitoría de Infraestruturas de que "o fin non xustifica os medios" . Do proceso aberto dependerá que a obra, incluída no plan xeral que aínda non entrou en vigor, se poida legalizar ou non.

A lei da selva é a que supostamente aplicou a Universidade da Coruña ao levantar un edificio, chegando incluso a recepcionalo, sen pedir sequera a licencia urbanística pertinente. Así o ve o alcalde, que acusa á Vicerrectoría de Infraestruturas de "saltarse á torera a lexislación vixente" e recórdalle ao seu responsable que "o fin non xustifica os medios". A institución académica, porén, mantense firme na súa postura ao afirmar que "se quen ten que expropiar terreos para acabar coa masificación das facultades non o fan, ao equipo de goberno da Universidad non lle queda outra opción que seguir as súas propias estratexias"

6/10/11

A Universidade admite que levantou un edificio sen licencia no campus de Elviña

La Opinión de A Coruña

A Coruña

06/10/2011



O vicerreitor de Infraestruturas tramitou unha modificación do plan xeral para permitir o proxecto, pero non entrou en vigor. Alega que a construción sen permiso era a única opción para executar a obra.

"Sabíamos que non nos ían dar a licencia e por iso non a pedimos. O Concello debería sancionarse a si mesmo por non expropiar os terrenos". A Universidade da Coruña recoñece que levantou un edificio no campus de Elviña pese a carecer do permiso urbanístico e explica que, a falta da axuda de Gobierno autonómico e municipal, seguiu a súa propia "estratexia" introducindo un cambio no plan xeral, actualmente en revisión. Esa modificación do plan non entrou en vigor. A Vicerreitoría de Infraestruturas propuso o novo plan e encargou ao arquitecto César Portela o deseño do aulario sobre un aparcamento